Tania Castiñeira (+73, Hebe) acadou o martes a medalla de bronce nos Multi European Games de Sofía. A nosa taekwondista sube ao podio por cuarta vez este ano nun Open internacional (G1), demostrando un gran estado de forma e unha enorme regularidade.

 

Tania enfrontouse nos oitavos de final á alemá Sarah Di Sinno e a galega non tivo problema algún para avanzar cun claro 1-6 ao seu favor. En cuartos esperaba a francesa Solene Avoulette, unha vella e dura coñecida, coa que perdeu en dúas ocasións no Europeo sub 21 (en 2018 na final e en 2019, nas semifinais). Pero nesta ocasión Castiñeira non deu opcións e venceu cun rotundo 1-8, para dar un paso máis adiante.

 

En semifinais, outra francesa, Althea Laurin, que ven de clasificarse para os Xogos Olímpicos de Tokyo e amosando un gran estado de forma. Foi un combate moi interesante e axustado, no que Tania estivo, unha vez máis, a un gran nivel. O resultado 5-6 reflicte como foi a loita e nos últimos segundo tivo un par de accións coas que case lle da a volta ao marcador. Pero non puido ser e Tania volve cun bronce moi merecido e desfrutado e volve a demostrar a súa enorme regularidade, sen baixar do podio nesta tempada.

 

 

Print Friendly, PDF & Email