Chegan fantásticas novas dende Rhein-Ruhr (Alemaña), onde se están a celebrar os Xogos Mundiais Universitarios! Hoxe comezou a competición na modalidade de técnica, coa participación dos galegos Laura Álvarez (Neka) e Tomás Fernández Herrerín (Tao), que tiveron  unhfantástica actuación, coroada con Tomás no podio.

 

Tomás Fernández Herrerín logrou a medalla de bronce na categoría individual masculina, por detrás de Korea (ouro) e Turquía (prata). Foi a primeira medalla da delegación española nos Xogos Mundiais Universitarios!

 

Non foi unha competición sinxela. Tomás arrincou ante Mongolia en 32avos de final e nos 16avos enfrontouse a China Taipei, superando ambas eliminatorias cunha gran actuación. Así logrou o pase á final na que, a pesar de que el pensa que non fixo un exercicio perfecto, o certo é que o levou á terceira posición. Explicounos que “gañar unha medalla nesta competición para min era como un soño, así que este bronce é un soño cumprido”.

 

Laura Álvarez  acadou a 8ª posición na categoría individual feminina

Xuntos, como parella, conseguiron un meritorio 5º posto

Noraboa a ambos!

Agora, toca animar aos nosos competidores en combate, que competirán do 19 ao 23 de xullo:

  • Alma Pérez
  • Desirée Rivadulla
  • Lois Tomás
Print Friendly, PDF & Email