O cadete Víctor Videla (-37, Natural Sport) acadou a medalla de bronce nos Multieuropean Games, que se están a celebrar en Sofía (Bulgaria), xa co novo regulamento (gaña o deportista que se impoña en dous asaltos, sen importar a puntuación).

O galego superou nos cuartos de final a Nikolaos Papacharalampous (Grecia) en dous asaltos e logrou así a clasificación para as semifinais, onde esperaba outro grego Konstantinos Tsagkournos. Nesta eliminatoria non houbo sorte para o noso representante. Víctor perdeu o primero asalto, pero no segundo estivo moi metido e por diante no marcador, pero nos últimos segundos o grego remontou e logrou a vitoria.

Hoxe tamén tivo lugar a pesada de Nadia Bouzas (-41, Kae Sport), que compite mañá, e á que desexamos a mellor das sortes! Os nosos cadetes están acompañados polo técnico da Galega, Dani Torrado.

CATEGORÍA JÚNIOR

 Nos MultiEuropean Games tamén teremos representación na categoría júnior. Formando parte da selección galega van Carme Santamaría (-59, Natural Sport), Ekaterina Rebón (-59, Número Phi), Helena García (+68, Dobok) e Iago Mallo (-78, Tao), xunto co becado Mateo Boudjenane (-63, Boudsport) e o técnico Raúl Bouzas.

Ademáis, convocados pola Real Federación Española de Taekwondo viaxan nestes intres en dirección a Sofía (Bulgaria) os deportistas Sergio Troitiño (-87, Mat´s), Adrián Salanova (-68, Maniotas), Noa Romero (-46, Natural Sport) e Javi Otero (-48, Kae Sport), acompañados pola técnica Lúa Piñeiro.

Print Friendly, PDF & Email