O sábado 1 de febreiro celebrarase en Torrelavega os campionatos de España de técnica e combate absoluto, coa participación das seleccións galegas destas modalidades.

No campionato de España de combate, que se disputará no Pavillón Vicente Trueba, participan un total de 280 competidores, dos cales 24 (12 homes e 12 mulleres) son galegos. A competición disputarase en catro tapices e cos marcadores e a tecnoloxía que se utilizarán nos Xogos de Tokio.

Ese mesmo día e de forma simultánea terá lugar o Campionato de España de técnica (cadete, júnior e sénior), cun total de 150 competidores (11 galegos). Este torneo será clasificatorio para o Mundial que se disputará en Dinamarca en maio.

Nos seguintes enlaces tedes as respectivas convocatorias:

Técnica

Combate

Moita sorte a os nosos representantes!

 

Print Friendly, PDF & Email