Galicia tamén estivo presente nos Campionatos de Parataekwondo de técnica e de combate e con bos resultados para os nosos deportistas.
En combate, a Federación Galega de Taekwondo levou a Alex Vidal (Natural) e Luis Alberto Castro (Hans Horang I) e ambos acadaron a medalla de prata. Alex Vidal, olímpico e tetra campión do mundo e de Europa, está no período de adaptación tras unha importante operación de xeonllo e as sensación foron moi boas. No primeiro combate Alex superou ao representante de Murcia Rachid El Hayani e na final enfrontouse a Joel Martin Villalobos (Catalunya). Houbo un problema coa potencia dos petos (o de Alex estaba a 0 e tiña que estar a 16) e iso afectoulle na puntuación dos primeiros minutos do combate, pero o importante foron as sensacións co xeonllo e todo vai por moi bo camiño.

Ademais, Luis Alberto Castro (+80 quilogramos) foi prata tras perder na final contra Gabriel Amado, outro dos pioneiros do parataekwondo en España.

Na modalidade de técnica, Galicia viaxou con catro deportistas e todos eles regresan cun metal no peto. Paula Treus (Costado Suh Sport) acadou a medalla de ouro, igual que Javier Fernández Allo (Costado Suh Sport). Ademais, Luis Alberto Castro (Hans Horang I) foi prata e Francisco Rodríguez Noya (Costado Suh Sport) logrou un bronce.

Print Friendly, PDF & Email