O Campionato Galego Promesas das categorías infantil, pre-cadete, cadete, júnior, absoluta e veteranos de combate reunirá o domingo 19 de marzo no pavillón do Gatañal (Cangas) a 600  deportistas, 60 técnicos e 40 árbitros pertencentes a clubs de toda Galicia. Así, un ano máis, O Gatañal volve a recibir este evento e xa van 13 edicións.

 

No acto de presentación do campionato participaron a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas; a vicepresidenta da FGT, Noelia Pérez e o director deportivo do club Sares-TKD Cangas, Pablo Casares.

 

O evento, que terá lugar domingo no Pavillón Municipal de O Gatañal, transcorrerá en horario de mañá (09:00 a 14:30 horas) e tarde (de 16:00 a 20:30 horas). Neste campionato foméntase a participación dos deportistas promesas, aqueles con menos experiencia competitiva e por iso non se permite a participación dos primeiros clasificados do ranking galego, membros das seleccións galegas ou medallistas nacionais ou internacionais.

 

A competición está organizada polo Club Sares TKD de Cangas, supervisada pola Federación Galega de Taekwondo e coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Cangas. Ademais contará cos patrocinios privados de Vitaldent Cangas, Disgobe e Frutas Pastoriza. Tanto a entrada como a participación no torneo é gratuíta, xa que o obxectivo fundamental e a promoción do deporte.

Print Friendly, PDF & Email