O Campionato Galego Promesas das categorías infantil, pre-cadete, cadete, júnior, absoluta e veteranos de combate reunirá o sábado 26 de febreiro no pavillón do Gatañal (Cangas) a case 600 deportistas e máis de 30 árbitros pertencentes a clubs de toda Galicia. O pasado ano, pola pandemia, nun puido celebrarse este torneo, que volve a O Gatañal, por duodécima vez.
O evento, que terá lugar este sábado no Pavillón Municipal de O Gatañal, transcorrerá en horario de mañá e tarde. A partir das 09:00 horas comezará a competición para as categorías absoluta, cadete e máster, mentres que pola tarde (a partir das 16:00 horas) será a quenda das categorías júnior, infantil e precadete. Evidentemente este ano a torneo está marcado pola pandemia, polo que todas e todos os competidores, técnicos/as e público terán que cumprir o protocolo COVID (pauta completa de vacinación ou, se non é así, test de antíxenos negativo realizado nas 24 horas anteriores). A competición realizarase en 7 tapices e todas as pistas contarán con video-replay.
O torneo divídese en dúas categorías, para dar cabida a moita xente e, ao mesmo tempo, protexer a aqueles deportistas que o necesitan e que precisan dun espazo para practicar a súa disciplina dunha forma máis amateur. Así a categoría A sería a de iniciación, mentres que a B, é para aqueles deportistas que xa acadaron algún resultado en categorías infantil ou alevín, pero que no momento da participación no Galego Promesas sexan cadetes ou superior.
A competición, que ten case como sede fixa O Gatañal, está organizada polo Club Sares TKD de Cangas, supervisada pola Federación Galega de Taekwondo e co patrocinio da Xunta de Galicia e do Concello de Cangas.
Máis información, nesta ligazón:
https://www.taekwondogalego.es/circular-05-22-cpto-galego-promesas/