O Gatañal, un ano máis, acollerá o Campionato Galego Promesas e Máster de combate, que se celebra o sábado 7 de marzo, con preto de 800 inscricións, entre deportistas, membros do colectivo arbitral e corpos técnicos, e se esperan en total unhas 2.000 persoas no pavillón. Esta será a 16ª edición do Galego de Promesas que se celebra en Cangas de forma ininterrompida, converténdose nunha cita obrigada para o taekwondo galego.

 

O campionato, que terá lugar o sábado no Pavillón Municipal de O Gatañal en oito pistas, transcorrerá en horario de mañá (a partir das 09:00 horas) e tarde (dende ás 16:00). Pola mañá celebrarase a competición das categorías cadete e máster, mentres que pola tarde será a quenda das categorías absoluta e júnior. A principal característica deste torneo é que reúne aos deportistas emerxentes, a aqueles con menos experiencia competitiva, deixando fóra ás primeiros espadas, xa que por regulamento os primeiros postos do ranking galego e os membros da selección galega ou medallistas nacionais ou internacionais non poden participar. O obxectivo é fomentar a participación dos máis novatos en todas as idades.

 

A competición está organizada polo Club Sares TKD de Cangas, supervisada pola Federación Galega de Taekwondo e coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Cangas. Entrada e inscrición de balde.

 

Print Friendly, PDF & Email