Se onte falabamos das medallas galegas na categoría sénior no Drácula Open, disputado a pasada fin de semana en Bucarest, hoxe imos coas preseas na categoría júnior.
Carla Álvarez (-68, Kae Sport) e Pablo Antelo (-73, Kae Sport) lograron o bronce nos seus respectivos pesos. Carla superou en cuartos de final á italiana Amanda Melacca en dous asaltos e perdeu na semifinal ante Anna Gertru Gruber (Italia). Pola súa banda, Pablo Antelo logrou o bronce tras superar en cuartos a Amir Itzari (Paises baixos) en dous asaltos. Na semifinal non puido superar a Dumitru Bucico (MDA), que foi finalmente o que acadou a medalla de ouro.
A expedición do Kae Sport, dirixida polo seu director Carlos Manzano estaba formada por 8 deportistas, 7 do Kae e 1 do Garrapucho. Ademais das medallas houbo varios quintos postos (Daniel Durán, Mario Faro e Diego Vidal en júnior e Raquel Morell e Adrián Davila, en sénior). A representante de Garrapucho, Elisa Fernández, caeu en primeira rolda ante Francia.
Tamén temos que destacar a presenza de deportistas do Número Phi, que nesta ocasión non acadaron medallas (Roi Fraga foi quinto), así coma do xuíz internacional Adrián Maceiras, en representación da arbitraxe galega.
Noraboa a todas e todos! Unha fin de semana de moito aprendizaxe!








