Esta fin de semana (22 e 23 de outubro) celebraranse as Copas Deputación de Pontevedra, Ourense, Lugo e A Coruña de técnica adulto e infantil, nas que participarán preto de 1.400 deportistas e máis de 70 árbitr@s.

 

O sábado  disputaranse as fases provinciais de Pontevedra e Ourense, mentres que o domingo será cando se celebren as de A Coruña e Lugo.

 

Na fase provincial de Pontevedra, que terá lugar no Pavillón Municipal de Beluso (Bueu), participarán 686 deportistas a partir das 9:00 horas. Pola súa banda a fase de Lugo celebrarase no Pavillón Municipal de Taboada con 234 inscritos.

 

A proba da provincia da Coruña disputarase o domingo 23 de outubro no Pavillón Municipal de Calo (Teo), contará con 342 taekwondistas. E proba de Ourense, que se celebrará no anexo do Pavillón dos Remedios, con 115 taekwondistas na inscrición.

 

Hai que recordar que 1/3 dos participantes das Copas Deputación da categoría amateur acadará a participación para a Copa Xunta, que se disputará no mes de novembro. Dende hai varios anos a Copa Deputación, ademais da categoría amateur, inclúe a competitiva, na que a metade dos participantes clasifícanse para a Copa Xunta, na que estarán en xogo puntos para o ránking galego de técnica.

 

O obxectivo prioritario desta competición é a participación e a promoción deste deporte. A Federación Galega de Taekwondo repartirá un agasallo entre todas e todos os participantes.

Print Friendly, PDF & Email