As Copas Deputación de Pontevedra, Ourense, Lugo e A Coruña de técnica adulto e infantil reunirán a case 1.450 deportistas. Esta fin de semana celebraranse as fases provinciais de Lugo e A Coruña, mentres que a vindeira semana terán lugar as de Pontevedra e Ourense.
A proba da provincia de A Coruña disputarase mañá sábado 15 de novembro no Pavillón Municipal de Bertamiráns (Ames) e contará cunha participación de 303 taekwondistas. Ese mesmo día, tamén se celebrará a proba de Lugo en Sarria (Pavillón Novo da rúa Castelao) con 246 inscricións.

A vindeira fin de semana continuará a Copa Deputación de Técnica. O sábado 22 de novembro celebrarase a proba de Ourense, no anexo do Pavillón dos Remedios, con 121 taekwondistas na inscrición. E remataremos o domingo 23 de novembro coa fase provincial de Pontevedra, que terá lugar no Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas, e que contará cunha inscrición de 774 deportistas.
Hai que recordar que 1/3 dos participantes das Copas Deputación da categoría amateur acadará a participación para a Copa Xunta, que se disputará no mes de novembro. Dende hai varios anos a Copa Deputación, ademais da categoría amateur, inclúe a competitiva, na que a metade dos participantes clasifícanse para a Copa Xunta, na que estarán en xogo puntos para o ránking galego de técnica. Ademais este ano incorporouse unha categoría de paratekwondo.
O obxectivo prioritario desta competición é a participación e a promoción deste deporte. A Federación Galega de Taekwondo repartirá un agasallo entre todas e todos os participantes.








