E seguimos de stage. Agora é a quenda para os deportistas de técnica, que durante esta semana (do 26 de agosto ao 1 de setembro) están a participar no Stage de Verán de Técnica da Real Federación Española de Taekwondo en Murcia.
En total son 14 os galegos participantes. Foron becados pola Española para asistir a esta concentración doce de eles: Alejandro Losada (Neka), Manuel Paz (Hebe), Celia García (Hebe), Alejandro Losada (Tao), Raquel Guillén (Tao), Alejandro Fernández (Escola Lucense), Daniel Areán (Neka), Ruben Galdo (Natural Sada), Laura Álvarez (Neka), Manuel Paz (Natural Ribeira), Francisco Ramos (Natural Ribeira) e Tom Fernández (Kiap). Ademais, tamén acudiron ao stage dúas deportistas máis, co mesmo obxectivo de seguir mellorando e aprendendo. Elas son Lucía Santomé (Patiño) e Sara Pena (Patiño). O obxectivo fundamental desta semana de concentración é a preparación do Campionato do Mundo de Dinamarca, que se celebrará no mes de maio.
A traballar duro!!!