Primeira xornada do Campionato de Europa de Técnica e Freestyle, que se está a disputar en Innsbruck (Austria), e catro medallas para Galicia (un ouro e tres bronces)!
O maior éxito foi en técnica, onde a parella júnior formada por Laura Álvarez e Marco García (Neka), lograron proclamarse campións de Europa, mostrando unha gran superioridade. Foron segundos Alemaña e terceiros Inglaterra e Suecia. Ademais, Carlos Rey, tamén do Neka, acadou a medalla de bronce na proba individual sénior, que tivo un altísimo nivel.
E os éxitos continuaron en freestyle, unha modalidade que crece día a día dunha forma incrible, e onde Galicia sumou dous bronces máis. Bárbara di Martino e Manuel Paz (Hebe), cunha fantástica actuación, conseguiron a medalla de bronce en parella + 18 anos, por detrás de Italia, Turquía e Ucraína. Pola súa banda, Antón Sabín (Hebe) sumou unha medalla de bronce en individual -18 anos, por detrás de Turquía, Alemaña e Ucraína.