A pasada fin de semana celebrouse en Zagreb (Croacia) o Campionato de Europa de clubs coa participación dun importante grupo de deportistas e técnicos galegos e tamén da xuíza internacional galega María Bautista. E os nosos taekwondistas regresaron cun botín de catro medallas: Na categoría sub 21, Laura Penas (-67, Kwon Betanzos) acadou a medalla de bronce, pero ademais conseguiu a prata en júnior (-68). Así que dúas medallas para Laura!
Tamén houbo premio para a súa compañeira de club, Lucía García, en júnior -49 quilogramos, onde acadou a terceira posición. E por último destacar o bronce logrado por Sergio Troitiño (Mat´s) en -78, categoría júnior.
O mellor, a sensación de volver competir tantos meses despois!!!
Noraboa a todos e todas polo regreso e a seguir traballando duro!!!
#TaekwondoGalego #TaekwondoSeguro