Cinco deportistas galegos representarán a España no vindeiro Mundial Sénior de Taekwondo, que se celebrará no mes de outubro en Wuxi (China).
Os taekwondistas seleccionados son Alma Pérez (-53, Costado), Arlet Ortiz (-62, Mat´s), Tania Castiñeira (+73, Hebe), Sergio Troitiño (-87, Mat´s) e Iván García (+87, Mat´s), os cales acadaron a súa clasificación segundo o ranking establecido pola Federación Española de Taekwondo. Este sistema ten en conta os resultados obtidos ao longo da tempada, tanto nos campionatos de España como en torneos internacionais de relevancia.
Cómpre destacar que a Federación Galega de Taekwondo, con cinco representantes, comparte con Madrid o maior número de deportistas convocados para este Mundial, o que reflicte o excelente nivel do taekwondo galego.
Desde a Federación Galega de Taekwondo queremos trasladar a nosa noraboa a todos os clasificados, recoñecendo o esforzo, a dedicación e o traballo realizados durante toda a tempada.








