CIRCULAR Nº 03/2025
DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS
ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO CADETE MASCULINO E FEMININO
“XUNTA DE GALICIA” ANO 2025
AVISOS IMPORTANTES:
VER ACTA PESAXE
1. A COMPETICIÓN
1.1. LUGAR: Pavillón Municipal de Oza-Cesuras (cambio de sede por causas alleas á organización) – UBICACIÓN
1.2. DATA: Sábado, 25/01/2025.
1.3. HORÁRIO: A partires das 09.00 hr. (o horario podería modificarse en función do número de inscritos). Se informará polo canal de comunicacións oficiáis da FGT a distribución de categorías
2. NORMAS TÉCNICAS
2.1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2025, poderán presentar un equipo masculino e un feminino.
As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, antes das 13.00 horas do 17/01/25. Cambios de peso tras o peche de inscrición: 10 euros.
Será obrigatorio indicar a sede de pesaxe correspondente a cada deportista no momento de realizar a inscrición.
2.2. GRAO MÍNIMO:
Masculino: Cinto VERDE.
2.3. DOCUMENTACIÓN:
2.3.1. Todo-los desportistas deberán estar en posesión da licenza federativa e grao do presente ano 2025, obtidos coa suficiente antelación para que suministre efectos o seguro de accidentes o día do campionato, e os graos poidan estar actualizados na aplicación.
2.3.2. Todos os deportistas deberán acudir con acreditación que poderá descargarse da aplicación web.
2.4. Os clubes faranse cargo das autorizacións paternas e declaración responsables orixinais, poñéndoas a disposición da FGT de xeito inmediato se fosen requeridas.
2.5. IDADES: Soamente poderán participar os desportistas nados nos anos  2011, 2012 e 2013.
2.6. PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto e casco.
2.7. OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WT, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
2.8. ARBITRAXE: Rexerá-se polo Regulamento actualmente en vigor, da WT baixo diretrices da FGT.
2.9. UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (NON VAQUEIRO), camisa branca, gravata azul, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
1. PESOS:
Masculino Categoria Feminino
– 33 kg P1 – 29 kg
33 kg – 37 kg P2 29 kg – 33 kg
37 kg – 41 kg P3 33 kg – 37 kg
41 kg – 45 kg P4 37 kg – 41 kg
45 kg – 49 kg P5 41 kg – 44 kg
49 kg – 53 kg P6 44 kg – 47 kg
53 kg – 57 kg P7 47 kg – 51 kg
57 kg – 61 kg P8 51 kg – 55 kg
61 kg – 65 kg P9 55 kg – 59 kg
+ 65 kg P10 + 59 kg
1. TROFEOS:
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipos: Trofeo ós equipos campións, masculino e feminino.
Oro: 7 puntos.
Prata: 3 puntos.
Bronce: 1 punto.
CRITERIOS DE DESEMPATE:
1º: Maior número de medallas de ouro.
2º: Maior número de medallas de prata.
3º: Maior número de medallas de bronce.
4º: Maior número de combates gañados.
5º: Menor número de competidores.
6º: Decisión do criterio a empregar por o Delegado Técnico do campionato.
2. ORGANIZACIÓN
2.1. ORGANIZA o Clube KWON por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
2.2. PESAXE: Venres 24:
· Marín: Gimnasio Mat´s de 15:30 a 17:30 horas.
· A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 16:00 a 18:00 horas.
· Riveira: Gimnasio Natural Sport de 16:15 a 18:15 horas.
· Ourense: Centro deportivo Couto de 13:00 a 15:00 horas.
· Vigo: Seungsport de 16:00 a 18:00 horas.
· Lugo: Gimnasio Valerics de 16:00 a 18:00 horas.
· Vilalba: Gimnasio Jansu de 16:00 a 18:00 horas.
· CGTD: CGTD de 11:45 a 13:45 horas (exclusivo para deportistas del centro).
Rexerá-se polo: REGULAMENTO FGT DE PESAXE E SORTEO DE CATEGORÍAS
2.3. SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a dito director no email arbitraxe@taekwondogalego.com
2.4. XUNTANZA DE DELEGADOS: Celebrarase MEDIA hora antes do inicio da competición no pavillón
2.5. COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09.00 horas.
3. CONDICIÓNS ECONÓMICAS
3.1. PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2025, e ter a licenza federativa actual.
3.2. TÉCNICOS: Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.
4. RECLAMACIÓNS
4.1. COMISIÓN DE CAMPIONATO: Rexerá-se polo REGULAMENTO FGT COMISIÓN DE CAMPIONATO
2.10. RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento FGT Comisión de Campionato. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.
2.11. Ó entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30 €), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa aceptada, devolverase o seu importe.
4.2. Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos os actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir con chándal e con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.
NOTAS MOI IMPORTANTES:
ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA.
Desportistas e adestradores para recoller as medallas:
a. Recollerá-se a medalla  en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
b. En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.
AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.
NON SE ADMITIRÁN RECLAMACIÓNS DE NINGÚN TIPO O DÍA DA COMPETICIÓN SE NON SE REALIZAN SEGUNDO O PROTOCOLO ENRIBA ESTABLECIDO.
A Coruña, 01/01/2025.
               O Secretario Xeral
Print Friendly, PDF & Email