CIRCULAR Nº 04/2025
DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS.
ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO XUNIOR MASCULINO E FEMININO.
“XUNTA DE GALICIA”- ANO 2025
AVISOS IMPORTANTES:
VER ACTA PESAXE
1. A COMPETICIÓN
1. LUGAR: Pavillón Municipal de Oza-Cesuras (cambio de sede por causas alleas á organización) – UBICACIÓN
2. DATA: Sábado, 25/01/2025.
3. HORÁRIO: A partires das 09.00 hr. (o horario podería modificarse en función do número de inscritos). Se informará polo canal de comunicacións oficiáis da FGT a distribución de categorías
2. NORMAS TÉCNICAS
1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2025, poderán presentar un equipo masculino e un femenino.
As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, antes das 13.00 horas do venres 17/01/2025. Cambios de peso tras o peche de inscrición: 10 euros.
Será obrigatorio indicar a sede de pesaxe correspondente a cada deportista no momento de realizar a inscrición.
2.1. GRAO MÍNIMO:
Cinto AZUL.
2.2. DOCUMENTACIÓN:
2.2.1. A autorización paterna quedará custodiada polo clube (así o certifica na inscrición en liña). Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.
2.2.2. Todos os deportistas deberán acudir con acreditación.
2.3. IDADES: So poderán participar os desportistas nados nos anos 2008, 2009 e 2010.
2.4. PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto e casco.
2.5. OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WT, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
2.6. ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor da WT e as directrices da FGT.
2.7. UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
2.8. PESOS :
CATEGORIAS    MASCULINA FEMININA
P1      – 45 Kg. – 42 Kg.
P2      45 – 48 Kg. 42 – 44 Kg.
P3      48 – 51 Kg. 44 – 46 Kg.
P4      51 – 55 Kg. 46 – 49 Kg.
P5      55 – 59 Kg. 49 – 52 Kg.
P6      59 – 63 Kg. 52 – 55 Kg.
P7      63 – 68 Kg. 55 – 59 Kg.
P8      68 – 73 Kg. 59 – 63 Kg.
P9      73 – 78 Kg. 63 – 68 Kg.
P10    + 78 Kg. + 68 Kg.
2.9. TROFEOS:
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:
Ouro: 7 puntos.
Prata: 3 puntos.
Bronce: 1 punto.
CRITERIOS DE DESEMPATE:
1º: Maior número de medallas de ouro.
2º: Maior número de medallas de prata.
3º: Maior número de medallas de bronce.
4º: Maior número de combates gañados.
5º: Menor número de competidores.
6º: Decisión do criterio a empregar por o Delegado Técnico do campionato.
3. ORGANIZACIÓN
3.1. ORGANIZA o Clube KWON por delegación da FGT. PESAXE: Venres día 24, provincia de:
· Marín: Gimnasio Mat´s de 15:30 a 17:30 horas.
· A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 16:00 a 18:00 horas.
· Riveira: Gimnasio Natural Sport de 16:15 a 18:15 horas.
· Ourense: Centro deportivo Couto de 13:00 a 15:00 horas.
· Vigo: Seungsport de 16:00 a 18:00 horas.
· Lugo: Gimnasio Valerics de 16:00 a 18:00 horas.
· Vilalba: Gimnasio Jansu de 16:00 a 18:00 horas.
· CGTD: CGTD de 11:45 a 13:45 horas (exclusivo para deportistas del centro).
Rexerá-se polo: REGULAMENTO FGT DE PESAXE E SORTEO DE CATEGORÍAS
3.3. SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o dia anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a arbitraxe@taekwondogalego.com
3.4. XUNTANZA DE DELEGADOS: Celebrarase MEDIA hora antes do inicio da competición no pavillón
3.5. COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09:00 horas.
4. CONDICIÓNS ECONÓMICAS
1. PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2025, e ter a licenza federativa actual.
2. TÉCNICOS: Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.
5. RECLAMACIÓNS
1. COMISIÓN DE CAMPIONATO: Rexerá-se polo REGULAMENTO FGT COMISIÓN DE CAMPIONATO
5.1. RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento FGT Comisión de Campionato. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.
5.2. Ó entregar a reclamación, pagarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa aceptada, devolverase o importe.
5.3. Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao clube en todo-los actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso deporte, deberán de vestir correctamente, a ser posible con chándal, e en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.
NOTAS MOI IMPORTANTES:
ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA.
Desportistas e adestradores para recoller as medallas:
a. Recollerá-se a medalla  en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
b. En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.
AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.
NON SE ADMITIRÁN RECLAMACIÓNS DE NINGÚN TIPO O DÍA DA COMPETICIÓN SE NON SE REALIZAN SEGUNDO O PROTOCOLO ENRIBA ESTABLECIDO.
Coruña, 01/01/2025.
           O SECRETARIO XERAL
Print Friendly, PDF & Email