Circular 08/2020

AVISOS 23/05/20:

1.- Dende o departamento de arbitraxe de técnica, pedímosvos que revisades que os enlaces que creades para os vídeos funcionan correctamente, porque nos estamos atopando competidor@s que non “está disponible” o vídeo do enlace que enviáchedes. Moitas gracias.

2.- Bos días a tod@s, Dende o departamento de arbitraxe de técnica comunicámosvos que esta mañán comenzamos a puntuar o cto. galego escolar online, e nos estamos atopando que hai nen@s que non fan ningún dos DOUS pumses que teñen OBRIGATORIOS na eliminatoria. Non pasa nada, excepto na categoría alevín masculino, porque o resto serían semifinais directas, pero por favor, para a semifinal, comprobade que os rapaces fan un pumse que entre dentro do rango do seu grao, xa que senon, non terán opcións de meterse na final. Moitas gracias pola vosa colaboración.

3.- Dende o departamento de arbitraxe de técnica pedimosvos que lembredes aos/ás competidor@s que deben participar sen reloxos, pulseiras, pendentes…. Estamos atopando rapces/as con algún de estes complementos, o que conleva unha penalización. Sentimos a cantidade de avisos, pero ímos contando o que nos imos atopando. Moitas gracias.

4.- SOBRE VIDEOS ESCOLAR ONLINE: Se vos é posible, pedide aos vosos/as competidores/as que graben os vídeos co móbil en horizontal, xa que se ve mellor. Non é obrigatorio, pero facilita a labor dos xuíces. Moitas gracias e perdoade as molestias.

5.-

Dende a Dirección de Arbitraxe de Técnica informámosvos que rematamos a puntuación da fase eliminatoria do Cto. Galego  Escolar de Técnica Online. TODOS os participantes pasan a semifinal, pero soamente na categoría alevín masculino se sumará a nota da eliminatoria para clasificarse para a final. Podedes consultar as puntuacións no enlace:
Lembrade que tendes que colgar o vídeo do pumse da semifinal antes do día 24 ás 13:00 (DIFERENTE AO DA ELIMINATORIA) no enlace:

https://docs.google.com/spreadsheets/d/1HMHH1U6jWuptwCdshZgq3KjsWdsqRK02v8ciUnBOHDU/edit?usp=sharing

6.-

AVISO IMPORTANTE: Para poder acceder a ver as puntuacións do campionato escolar de técnica tendes que pinchar neste enlace i entrar COMO INVITADO
Moitas gracias.

 

DEPORTE ESCOLAR  – FASE UNICA AUTONÓMICA

 I CAMPIONATO ESCOLAR DE TÉCNICA ON LINE

NON RANKEABLE

HORARIO: Realizarase en tres fases, cun día intermedio en cada unha de elas, para que nos dé tempo a subir todos os vídeos de cada ronda á plataforma co programa creado para estes eventos en liña e puntualos. Informarvos que cada ronda será puntuada por un grupo diferente de xuíces.

 

LUGAR:

ON LINE: TOD@S @S COMPETIDOR@S DEBERÁN PARTICIPAR CON DOBOK DE TAEKWONDO E CINTURON OU PANTALÓN DE CHANDAL/MALLA LARGA E CAMISETA DE MANGA CORTA E TER GRABADO UN VIDEO CO PUMSE DA ELIMINATORIA QUE ESCOLLA ENTRE OS DOUS OBRIGATORIOS PARA ENVIALO NO MOMENTO DA INSCRICIÓN. O VIDEO NON PODERÁ TER CORTES NIN ESTAR RETOCADOS OU CON EFECTOS ESPECIAIS. PERMITIRASE VARIAR A TRAXECTORIA DO EXERCICIO POR PROBLEMAS DE ESPAZO.

DATA COMEZO: SÁBADO 23/05/2020 ÁS 10.00 HORAS.

Para máis información sobre o formato de celebración e horarios, contactar  coa Federación, a Dirección Técnica ou Dirección de Arbitraxe de técnica.

CATEGORÍAS OFICIAIS DE IDADE ESCOLAR (indícase grao mínimo e poomsae obrigatorio para a 1ª rolda) – POR FAVOR, IDE PREPARANDO OS VOSOS VIDEOS QUE SERÁN SOLICITADOS NO MOMENTO DA INSCRICIÓN:

BENXAMÍN: 2012-2013 – GRAO MÍNIMO – AMARELO – POOMSAE TAEGEUK 2 OU 3 JANG

ALEVÍN: 2010 – 2011 – GRAO MÍNIMO – LARANXA –  POOMSAE TAEGEUK 3 OU 4 JANG

INFANTIL: 2008-2009 – GRAO MÍNIMO – VERDE –  POOMSAE TAEGEUK 4 OU 5 JANG

CADETE: 2006-2007 – GRAO MÍNIMO – AZUL –  POOMSAE TAEGEUK 5 OU 6 JANG

XUVENIL: 2004-2005- GRAO MINIMO – AZUL/ROJO –  POOMSAE TAEGEUK 6 OU 7 JANG

Sen límite de participación por categorías (acordo de asamblea ano 2020).

A competición réxese polo regulamento oficial.-  Lembrade que no regulamento actual os nenos fan eliminatoria e semifinal TODOS, sempre e cando haxa 20 competidores como mínimo, PERO PARA ESTE CAMPIONATO, PASARAN DA ELIMINATORIA A SEMIFINAL A METADE D@S DEPORTISTAS, E FARANSE DOUS PUMSES NA FINAL, partindo de cero, e PODEN REPETIR PUMSE dunha ronda anterior.

As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ATA AS 13.00 HORAS DO 18/05/2020 . Nesa data a inscrición pecharase e será definitiva sen posibilidade de cambios.

O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

Aplicarase o regulamento vixente da Federación Española de Taekwondo para esta especialidade coas implantacións aprobadas pola territorial galega publicadas na páxina web da nosa Federación para este ano 2020.

De acordo co regulamento de 2018 de Federación Española lembramos que as fases eliminatorias faranse a partir de 20 competidores na categoría.

SORTEO: Farase por este orde: o último en ser apuntado será o primeiro en saír. Calquera dúbida, poñédevos en contacto con Esperanza Meilán en lualpanto@gmail.com

Ante a imposibilidade de dar medallas físicas, enviarase por mail aos clubes dos deportistas gañadores un diploma que lle poderán reenviar aos competidores para que o impriman na casa se queren. Ademais, enviarase tamén un diploma participativo a todos os deportistas que participen no evento.

Máis información en: http://www.deporteescolargalego.com/ 

EN BREVE EXPLICARÉMOSVOS COMO REMITIR OS ENLACES DOS VIDEOS.

LEMBRAMOS A OBRIGA DE TER ÓS NENOS MUTUALIZADOS EN XOGADE.

A Coruña, 29/04/2020.

Print Friendly, PDF & Email