Circular 09/2019 

DEPORTE ESCOLAR

FASE PROVINCIAL E AUTONÓMICA  – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN

 

HORA: A partires das 09.30 horas os días 4 e 5 de maio de 2019.

LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes:

 

A Coruña: SABADO 04/05/2019 – PAVILLON MUNICIPAL DE SADA. Organiza clube Natural.

Pontevedra: DOMINGO 05/05/2019 – PAVILLON MUNICIPAL DE PONTEAREAS. Organiza Clube Leam.

Lugo: DOMINGO 05/05/2019 – PAVILLON MUNICIPAL DE BAAMONDE (Begonte). Organiza Jansu.

Ourense: DOMINGO 05/05/2019 – PAVILLON DOS REMEDIOS. Organiza Couto.

Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfs. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.com ).

As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ATA AS 13.00 HORAS DO 26/04/2019. Nesa data a inscrición pecharase e será definitiva sen posibilidade de cambios.

Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. OS DEPORTISTAS NON REXISTRADOS EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRADOS NA APLICACIÓN – OS CLUBES CONTAN CUN LISTADO ACTUALIZADO DE DEPORTISTAS MUTUALIZADOS.

O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 

CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN – EXHIBICIÓN INFANTIL E CADETE

 

A inscrición farase por equipo (3 equipos como máximo por categoría e club). En caso de que un club teña varios equipos deberá inscribilos como equipo A, B e C. Os equipos estarán formados por 6 deportistas como mínimo e 9 como máximo e poderán inscribir 3 suplentes.

Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos indistintamente, pero que competirán xuntos.

– Os competidores de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.

– Los competidores participarán co mesmo grao que figuran en la inscrición.

 

CATEGORÍA INFANTIL (Categoría A): Nados en 2007 ata o 2010, coa posibilidade de poder inscribir un máximo de tres deportistas do ano 2011 por club, non por equipo.

*OS DEPORTISTAS QUE PARTICIPARAN NA CATEGORÍA CADETE NON PODERÁN PARTICIPAR NESTA CATEGORIA.

CATEGORÍA CADETE (Categoría B): Nados nos anos  2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009 e 2010.

* Estas idades serán as que se terán en conta para o vindeiro campionato galego. Non se require grao mínimo para participar, pero sí se o equipo pretende clasificar para o cpto. de España. Amarelo /Laranxa.

 

CLASIFICACIÓN:

O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado, ou ouro, prata e bronces.

 

FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN

DATA: Sábado, 25 de MAIO de 2019.

LUGAR: BETANZOS (A Coruña). Organiza o clube de taekwondo KWON e colabora o Excmo. Concello de Betanzos e o Servicio Provincial de Deportes da Coruña.

 

Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.

CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado.

 

– Os competidores de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.

Os competidores participarán co mesmo grao que figuran na inscrición.

A Coruña,     31/01/2019                                                  Secretario Xeral

Print Friendly, PDF & Email