Circular 10/2020
DEPORTE ESCOLAR
FASE PROVINCIAL – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE
HORA: A partires das 09.00 horas os días 16 e 17 de maio de 2020.
LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes:
A Coruña: DOMINGO 17/05/2020 – PAVILLON MUNICIPAL DE BETANZOS – ORGANIZA CLUBE KWON.
Pontevedra: SABADO 16/05/2020 – PAVILLON MUNICIPAL DE BUEU – ORGANIZA CLUBE SSIU.
Lugo: DOMINGO 17/05/2020 –
Ourense: SABADO 16/05/2020 – CONFIRMARASE PAVILLÓN – ORGANIZA CLUBE COUTO.
*poderían darse cambios en función das inscricións.
Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfnos. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.com ).
INSCRCICIÓN: As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ata as 13.00 hr. do 06/05/2020 – (a partires deste instante non se admitirán cambios).
OS DEPORTISTAS TEÑEN QUE TER A LICENCIA E GRAO TRAMITADOS NA FGT CON ANTERIORIDADE.
Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. OS DEPORTISTAS NON REXISTRADOS EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRADOS NA APLICACIÓN.
O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.
- CADETE: nados nos anos 2006 – 2007. – grao mínimo VERDE.
- PRECADETE: nados nos anos 2008 -2009.- grao mínimo AMARELO.
- INFANTIL: nados nos anos 2010 – 2011.- grao mínimo AMARELO.
REGULAMENTO ADAPTADO PARA MODALIDADE DE COMBATE:
Participación sen limitación – acordo asamblea xeral 2020. En caso de que se inscriban deportistas cun peso corporal que non estea recollido nas categorías preexistentes e sempre que se xunten catro ou máis competidores nese ratio de peso poderase abrir unha nova categoría. En caso contrario integraranse
na categoría inmediatamente superior.
Grao mínimo:
Para as categorias alevín e infantil o grao mínimo e o amarelo, tanto para a categoría masculina como feminina.
Para a categoría cadete o grao mínimo é o verde.
PESOS – por favor, tede en conta os kg desta táboa para seleccionar o peso na inscrición web:
INFANTIL E PRECADETE | CADETE | ||
Masculino e feminino | Masculino | Feminino | |
Minimosca | -27 kgs | -33 kgs | -29 kgs |
Mosca | -30 kgs | -37 kgs | -33 kgs |
Galo | -33 kgs | -41 kgs | -37 kgs |
Pluma | -36 kgs | -45 kgs | -41 kgs |
Lixeiro | -40 kgs | -49 kgs | -44 kgs |
Superlixeiro | -44 kgs | -53 kgs | -47 kgs |
Semimedio | -48 kgs | -57 kgs | -51 kgs |
Medio | -52 kgs | -61 kgs | -55 kgs |
Semipesado | -57 kgs | -65 kgs | -59 kgs |
Pesado | +57 kgs | +65 kgs | +59 kgs |
Pesaxe:
Na categoría infantil realizarase a pesaxe o día antes da competición nas sedes oficiais da FGT.
Os deportistas deberán de pesarse co uniforme oficial (dobok e cinturón).
O día anterior á competición segundo a provincia:
Riveira: Club Natural Sport, ÁS 17.00 horas.
A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 17:00 a 18:00 horas.
Marín: Ximnasio Mat´s de 16:00 a 17:00 horas.
Vigo: Ximnasio Seungsport. Rúa Travesía de Vigo, 36 interior.
De 16.30 a 18.00 horas.
Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas – Vilalba. De 17:00 a 18:00 horas.
Ourense: Ximnasio Couto. De 14:00 a 15:00 horas.
Resumo regulamento. En liñas xerais aplicarase o regulamento en vigor publicado pola WTF, e en consecuencia pola RFET e FGT, pero segundo as categorías, aplicaranse unas normas “especiais” que garantan a seguridade dos deportistas e o seu desenrolo na especialidade.
TAEKWONDO | ALEVÍN E INFANTIL | CADETE |
MODALIDADE DE COMBATE
|
|
|
Nº e duración asaltos | 2 x 1´30” | 3×1´30” |
Tempo descanso | 45” | 45” |
Área de competición | 6x6mts | 8x8mts |
Golpeos permitidos | Todos | Todos |
Penalizacións |
Penalizase o exceso de forza no golpeo ao casco | Regulamento
WT |
Valor das accións |
Regulamento WT |
Regulamento WT |
Proteccións | Todas incluindo o casco con máscara facial | Todas incluindo o casco con máscara facial. |
Exclusións |
Ver regulamento |
Ver regulamento |
Arbitraxe:
Aplicaráse o regulamento WT vixente coas adaptacións pertinentes en cada categoría.
O uniforme dos árbitros será o oficial da FGT (camisa branca, garabata azul, americana azul marino, pantalón gris e zapatillas de deporte brancas).
REGULAMENTO
- Idades regulamentarias de deporte escolar (alevín, infantil e cadete) e pesos oficiais.
- Grao mínimo, cinturón amarelo para alevín e infantil e cinturón verde para cadete.
- Excluir a tod@s @s medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais tipo Open de España ou similares, Campionatos de España, sexan de seleccións ou de clubes en calqueira categoría).
- Excluir a tod@s @s membros das distintas seleccións galegas en campionatos oficiais excepto Open de España (Openes internacionais fora das nosas fronteiras ou Campionato de España).
- Excluir a tod@s @s deportistas que ocupen as duas primeiras posicións do ranking, en calqueira categoría, na data do peche da inscripción.
- Admitir, e polo tanto permitir a participación de medallistas nacionais ou internacionais en categorías infantil ou alevín, cando por idade sexan cadetes, pero non poderán participar en categoría alevín ou infantil.
EN CANTO AO RESTO DOS MEDALLISTAS E OUTROS COMPETIDORES CON UN NIVEL DE COMPETICIÓN RELEVANTE, PREGAMOS ABSOLUTA PRUDENCIA E RIGOR POR PARTE DOS ADESTRADORES Á HORA DE FACELA INSCRICIÓN E NO MESMO CAMPIONATO.
NON ESQUEZADES QUE SE TRATA DE DARLLE ABSOLUTA PROTECCIÓN E SEGURIDADE A TODO-LOS NENOS PARTICIPANTES.
Lembramos a obriga de comunicar proposta de árbitros a arbitraxe@taekwondogalego.com
CLASIFICACIÓN:
O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares, ou ouro, prata e bronces sempre.
Calquera dúbida sobre a inscrición, unha vez lida a circular, pregamos se remita á dirección deportiva da FGT
direcciondeportiva@taekwondogalego.gal
FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE.
DATA: Sábado, 30 de MAIO de 2020.
LUGAR: PONTEVEDRA. ORGANIZA O CLUBE MACE SPORT.
Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.
CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares.
A Coruña, 05/03/2020.
O SECRETARIO XERAL
Juan Carlos Caínzos Gómez