Circular 09/2021
Avisos Importantes:
DEBIDO A BOA ACOLLIDA POR PARTE DOS CLUBS DO CAMPIONATO INFANTIL DE TÉCNICA, VOS INFORMAMOS QUE, DADA A ALTA PARTICIPACIÓN, O CAMPIONATO DE POOMSAE CELEBRASE O SABADO TODO O DIA E O DOMINGO POLA MAÑAN (Posiblemente benxamín, alevín e infantil o sábado; e cadete e xuvenil o domingo pola mañán). O freestyle e as exhibicións se celebrarán o domingo á tarde. Facilitaremos os horarios mais concretos en canto sexa posible. Moitas gracias.
ONDE ALOXARSE E ONDE COMER EN SADA – VER
HORARIOS TEST ANTIXENOS COVID19
CAMPIONATO GALEGO DE TÉCNICA, EXHIBICIÓN E FREESTYLE INFANTIL
O CAMPIONATO CELEBRASE SEN PUBLICO
DATA: 29 de Maio (Técnica) e 30 de Maio (Freestyle e Exhibición).
LUGAR: Pavillón Municipal de Sada (Carretera de Samoedo S/N, 15160, Sada).
Organiza o clube Taekwondo Sada en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo.
ACCESO: para acceder ó pavillón será imprescindible presentar na entrada á ACREDITACIÓN na que deben constar: nome, apelidos, teléfono de contacto e foto, así coma a DECLARACIÓN RESPONSABLE Estos datos deberán facilitarse a través do perfil do deportista no enlace que se anexa (https://panel.taekwondogalego.es/acceso/).
MOI IMPORTANTE: CADA CLUBE DEBERÁ LEVAR, ADEMAIS DOS ADESTRADORES, ASISTENTES (ATA UN MÁXIMO DE 3) PARA RECOLLER E DEVOLVER AOS SEUS RAPACES NA PORTA DO PAVILLÓN. Estes asistentes tamén deberán estar debidamente ACREDITADOS e levar a súa correspondente folla de DECLARACIÓN RESPONSABLE.
CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN:
- Modalidade de TÉCNICA:
INDIVIDUAL: Este Cto. Galego de Técnica Infantil é rankeable na modalidade Individual (Acordo da Asamblea da FGT 24/04/2021)
BENXAMÍN INDIVIDUAL: 2013-2014 – GRAO MÍNIMO – BLANCO/AMARELO.
ALEVÍN INDIVIDUAL: 2011 – 2012 – GRAO MÍNIMO – AMARELO.
INFANTIL INDIVIDUAL: 2009-2010 – GRAO MÍNIMO – AMARELO/LARANXA.
CADETE INDIVIDUAL: 2007-2008 – GRAO MÍNIMO – LARANXA.
XUVENIL INDIVIDUAL: 2005-2006- GRAO MINIMO – LARANXA/VERDE. Esta categoría non opta ao nacional, xa que a RFET non a contempla.
O grado mínimo estipulado anteriormente é para participar no campionato galego, para poder optar ó equipo que participará nos campionatos de España o grado será:
BENXAMÍN: AMARELO ALEVÍN:LARANXA INFANTIL: VERDE CADETE: AZUL
No caso de que algún deportista sen esta graduación mínima acade postos de medalla subirá ó podio con normalidade pero para formar o equipo da selección galega se escollerá ó seguinte que cumpra requisito (en cumprimento do acordo da Asamblea Ordinaria desta FGT de 24/04/2021).
PARELLAS E TRÍOS:
PARELLAS E TRÍOS BENXAMÍN: 2013-2014 – GRAO MÍNIMO – BLANCO/AMARELO
PARELLAS E TRÍOS ALEVÍN: 2011-2012- GRAO MÍNIMO – AMARELO.
PARELLAS E TRÍOS INFANTIL: 2009-2010 – GRAO MÍNIMO – AMARELO/LARANXA.
PARELLAS E TRÍOS CADETE: 2007-2008 – GRAO MÍNIMO – LARANXA
PARELLAS E TRÍOS XUVENIL: 2005-2006 – GRAO MÍNIMO – LARANXA-VERDE
Estas categorías non optan ao nacional, xa que a RFET non as contempla.
As parellas estarán formadas por unha persoa de cada sexo e os tríos por tres persoas do mesmo sexo.
CATEGORÍA | PUMSE OBLIGATORIO 1ERA RONDA |
BENXAMÍN | 2 ou 3 |
ALEVÍN | 3 ou 4 |
INFANTIL | 4 ou 5 |
CADETE | 5 ou 6 |
XUVENIL | 6 ou 7 |
Para as roldas posteriores rexerán as normas do regulamento da RFET:
GRAO | PUMSES PERMITIDOS |
AMARELO | 1 a 5 |
LARANXA | 1 a 6 |
VERDE | 2 a 7 |
AZUL | 3 a 8 |
VERMELLO | 4 a Koryo |
1 PUM / 1 DAN | 5 a Keumgang |
2 PUM / 2 DAN | 6 a Taebak |
3 PUM / 3 DAN | 7 a Pyongwon |
*Na primeira ronda farán un dos dous pumses obrigatorios.
*Na segunda ronda farán un pumse de libre escolla, poderán facer o outro pumse que se reflexa coma obrigatorio sempre e cando non repitan pumse e o grado llo permita.
*Na ronda final, cada deportista ou equipo, realizará dous pumses e as notas comezarán de CERO (poderán repetir os de rondas anteriores incluído o obrigatorio se o cinto o permite).
Os medios cintos tomarán coma referencia os pumses do nivel inferior (por exemplo, un laranxa/verde tomará os de laranxa). No caso das parellas e tríos, tomarase como referencia por abaixo o grao inferior e por enriba o grao máis alto (por exemplo, nun trío composto por un cinto amarelo, un cinto laranxa e un cinto verde, poderán elixir todos os pumses comprendidos entre o 1 e o 7).
Os clubs poderán inscribir 3 competidores por categoría e sexo. Só se permite a participación en representación de clubs afiliados á FGT. O sorteo das categorías realizarase seguindo os criterios de ranking e, nas categorías que non están comprendidas nel, sortearase da seguinte forma: o equipo/deportista inscrito en primeiro lugar polo clube será o que saia más tarde.
- Modalidade de FREESTYLE:
FREESTYLE INFANTIL: Poderán participar un máximo de TRES deportistas federados por categoría e clube sen gradación mínima e DENTRO DA IDADE ESCOLAR (2005 – 2012)
Categorías:
INDIVIDUAL INFANTIL: (2009 – 2012) INDIVIDUAL CADETE: (2005 – 2012)
- Masculino 3. Masculino
- Feminino 4. Feminino
O Freestyle poderá ter unha duración de entre 50 e 100 segundos
Aplicarase o regulamento vixente da Federación Española de Taekwondo para esta especialidade coas implantacións aprobadas pola territorial galega publicadas na páxina web da nosa Federación para este ano 2021.
- Modalidade de EXHIBICIÓN:
EXHIBICIÓN INFANTIL: cada clube poderá participar cun máximo de TRES equipos, formados por deportistas federados con grado mínimo amarelo/laranxa e nados entre os anos 2012 e 2009 (e máximo 3 deportistas nados en 2013 por clube, non por equipo).
EXHIBICIÓN CADETE: cada clube poderá participar cun máximo de TRES equipos, formados por deportistas federados con grado mínimo amarelo/laranxa, nados entre os anos 2012 e 2005 (e máximo 3 deportistas nados en 2013 por clube, non por equipo).
Aplicarase o regulamento vixente da Federación Española de Taekwondo para esta especialidade coas implantacións aprobadas pola territorial galega publicadas na páxina web da nosa Federación para este ano 2021.
As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ATA AS 13.00 HORAS DO 12/05/2021. Nesa data a inscrición pecharase e será definitiva sen posibilidade de cambios.
O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.
TROFEOS E MEDALLAS:
En todas as modalidades e categorías entregarase a medalla de ouro, a de prata e duas de bronce. Por equipos entregaránse doce trofeos (primeiro, segundo e terceiro clasificado en técnica, exhibición e freestyle por separado e, a maiores, ós tres primeiros equipos clasificados sumando as tres modalidades). Para as clasificacións por equipos valerán: medalla de ouro (7 puntos), medalla de prata (3 puntos), medalla de bronce (1 punto).
LEMBRAMOS A OBRIGA DE TER ÓS/ÁS NENOS/AS MUTUALIZADOS/AS EN XOGADE.
Os adestradores deberán acudir con partes de accidente.
A Coruña, 30/04/2021.