CIRCULAR Nº 09/2022

 

DESTINATARIO: Todo-los Clubes e Ximnasios.

 

ASUNTO: CURSO DE ARBITRAXE DE COMBATE ATA NACIONAL.

 

DATA: DOMINGO, 27/03/2022.

 

LUGAR: CASA DA CULTURA DE ORDES (A CORUÑA) + PAVILLÓN CAMPOMAIOR DE ORDES. 

 

HORARIOS: De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

 

INSCRICIÓNS: APLICACIÓN WEB REMITINDO VIA MAIL DOCUMENTO ASINADO COA COPIA DO DNI – PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA AS 13.00 HORAS DO 18/03/2022.

 

*NON se admitirán inscricións sen licencia nacional solicitada no momento da tramitación inicial.

*O CLUBE CUSTODIARÁ A DECLARACION RESPONSABLE COVID19 DOS CURSILLISTAS.

 

CUOTAS DO CURSO:

 

– Xuiz Cronometrador.…………………….. 65,00 Euros

– Árbitro Rexional …………………….…… 100,00 Euros

– Árbitro Nacional ……………………….… 165,00 Euros

Reciclaxe:

Árbitros COLEXIADOS ——— GRATIS

Monitores e Adestradores ——— GRATIS

Árbitros NON COLEXIADOS —— 20 Euros

 

TEMPOS DE PERMANENCIA E GRAOS:

 

Para Xuiz Cronometrador: Grao mínimo Cinto AZUL. – Idade 14 anos cumpridos.

 

Para Árbitro Rexional: Grao mínimo Cinto Negro 1º DAN.- Colexiación actual como xuiz cronometrador.

 

Para Árbitro Nacional: Grao mínimo Cinto Negro 2º DAN.- Colexiación actual como árbitro rexional.

LEMBRÁMOSVOS QUE TODOS AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN PRESENTARSE A ACTIVIDADES NACIONAIS (CURSO ÁRBITROS, XUICES, EXAME DE CINTOS NEGROS) QUE NON TEÑAN A IDADE MÍNIMA REQUERIDA O DÍA DA ACTIVIDADE, SEMPRE E CANDO CUMPRAN NO ANO EN CURSO, PODERÁN INSCRIBIRSE NA FORMACIÓN.

 

DOCUMENTACIÓN: A documentación a presentar é a seguinte:

 

Para Xuiz Cronometrador

– Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada – APLICACIÓN WEB.

– Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou Libro de Familia.

– Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

– Ter licencia federativa do presente ano 2022.

-Cinto AZUL.

 

 

 

 

Para Árbitro Rexional

– Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada. – APLICACIÓN WEB.

– Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.

– 1º DAN.

– Título de xuiz cronometrador

– Colexiación en vigor de xuiz cronometrador.

– Ter licencia federativa do ano 2022

– Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 

 

Para Árbitro Nacional

– Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada. – APLICACIÓN WEB.

– Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.

– 2º DAN.

– Título de árbitro rexional

– Colexiación en vigor de árbitro rexional.

– Ter licencia federativa do ano 2022.

– Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 

AVISOS IMPORTANTES:

 

-É imprescindible para se presentar ao curso pertencer a clube afiliado a esta FGT no ano 2022 e contar con licencia nacional tramitada (non se admite o trámite xunto coa inscrición).

 

Elimínase o tempo mínimo de permanencia de 1 ano entre categorías, anteriormente imposto pola RFET. Calquera colexiado poderá promocionar no curso seguinte á categoría superior correspondente, sen tempo de espera. Sempre que cumpra as condicións anteriormente indicadas.

 

– Os cursillistas deberán asistir en DOBOK na sesión de tarde; de 16.00 a 20.00.

 

  • O examen teórico (de 10.00 a 14.00) farase no móbil de cada cursillista, polo que será necesario asistir ao curso con él. PARA PODER OPTAR A REALIZAR O EXAME todos os cursillistas deberán (CON ANTERIORIDADE Á REALIZACIÓN DO CURSO) terse dado de alta, se non o fixeron antes, na aula virtual: https://fgt.org.es/aula/aulafgt/login/index.php

 

Para calquera dúbida pregamos contacten directamente en arbitraxe@taekwondogalego.com

 

 

 

 

A Coruña, a 09/03/2022.

 

O SECRETARIO XERAL

 

 

Juan Carlos Caínzos Gómez

Print Friendly, PDF & Email