Circular 10/2019 

DEPORTE ESCOLAR

FASE PROVINCIAL – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE 

HORA: A partires das 09.30 horas os días 4 e 5 de maio de 2019.

LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes:

A Coruña: SABADO 04/05/2019 – PAVILLON MUNICIPAL DE SADA. Organiza clube Natural.

Pontevedra: DOMINGO 05/05/2019 – PAVILLON MUNICIPAL DE PONTEAREAS. Organiza Clube Leam.

Lugo: DOMINGO 05/05/2019 – PAVILLON MUNICIPAL DE BAAMONDE (Begonte). Organiza Jansu.

Ourense: DOMINGO 05/05/2019 – PAVILLON DOS REMEDIOS. Organiza Couto.

*poderían darse cambios en función das inscricións.

Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfnos. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.com ).

INSCRCICIÓN: As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ata as 13.00 hr. do 26/04/2019 – (a partires deste instante non se admitirán cambios). 

OS DEPORTISTAS TEÑEN QUE TER A LICENCIA E GRAO TRAMITADOS NA FGT CON ANTERIORIDADE.

Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. OS DEPORTISTAS NON REXISTRADOS EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRADOS NA APLICACIÓN.

O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

  • CADETE: nados nos anos 2005 – 2006. – grao mínimo VERDE.
  • INFANTIL: nados nos anos 2007 -2008.- grao mínimo AMARELO.
  • ALEVÍN: nados nos anos 2009 – 2010.- grao mínimo AMARELO.

REGULAMENTO ADAPTADO PARA MODALIDADE DE COMBATE:

Poderase inscribir un equipo masculino e outro femenino con un máximo de catro competidores por peso en cada categoría tanto masculina como femenina. En caso de que se inscriban deportistas cun peso corporal que non estea recollido nas categorías preexistentes e sempre que se xunten catro ou máis competidores nese ratio de peso poderase abrir unha nova categoría. En caso contrario integraranse

na categoría inmediatamente superior.

Grao mínimo:

Para as categorias alevín e infantil o grao mínimo e o amarelo,  tanto para a categoría masculina como feminina.

Para a categoría cadete o grao mínimo é o verde.

 

PESOS – por favor, tede en conta os kg desta táboa para seleccionar o peso na inscrición web:

 

ALEVÍN  E INFANTIL CADETE
Masculino e feminino Masculino Feminino
Minimosca -27 kgs -33 kgs -29 kgs
Mosca -30 kgs -37 kgs -33 kgs
Galo -33 kgs -41 kgs -37 kgs
Pluma -36 kgs -45 kgs -41 kgs
Lixeiro -40 kgs -49 kgs -44 kgs
Superlixeiro -44 kgs -53 kgs -47 kgs
Semimedio -48 kgs -57 kgs -51 kgs
Medio -52 kgs -61 kgs -55 kgs
Semipesado -57 kgs -65 kgs -59 kgs
Pesado +57 kgs +65 kgs +59 kgs

Pesaxe:

Na categoría infantil realizarase a pesaxe o día antes da competición nas sedes oficiais da FGT.

Os deportistas deberán de pesarse co uniforme oficial (dobok e cinturón).

O día anterior á competición segundo a provincia:

  • Riveira: Club Natural Sport, ÁS 17.00 horas.
  • A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 17:00 a 18:00 horas.
  • Marín: Ximnasio Mat´s de 16:00 a 17:00 horas.
  • Vigo: Ximnasio Seungsport. Rúa Travesía de Vigo, 36 interior.

De 16.30 a 18.00 horas.

  • Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas – Vilalba. De 17:00 a 18:00 horas.
  • Ourense: Ximnasio Couto. De 14:00 a 15:00 horas.

Resumo regulamento. En liñas xerais aplicarase o regulamento en vigor publicado pola WTF, e en consecuencia pola RFET e FGT, pero segundo as categorías, aplicaranse unas normas “especiais” que garantan a seguridade dos deportistas e o seu desenrolo na especialidade.

 

TAEKWONDO ALEVÍN E INFANTIL CADETE
 

MODALIDADE DE COMBATE

 

 

2007 – 2008

2009 – 2010

 

2005 – 2006

Nº e duración asaltos 2 x 1´30” 3×1´30”
Tempo descanso 45” 45”
Área de competición 6x6mts 8x8mts
Golpeos permitidos Todos Todos
 

Penalizacións

Penalizase o exceso de forza no golpeo ao casco Regulamento

WT

 

 

Valor das accións

 

Regulamento

WT

 

Regulamento

WT

Proteccións Todas incluindo o casco con máscara facial Todas incluindo o casco con máscara facial.
 

Exclusións

 

Ver regulamento

 

Ver regulamento

 

Arbitraxe:

Aplicaráse o regulamento WT vixente coas adaptacións pertinentes en cada categoría.

O uniforme dos árbitros será o oficial da FGT (camisa branca, garabata azul, americana azul marino, pantalón gris e zapatillas de deporte brancas).

REGULAMENTO

 

  • Idades regulamentarias de deporte escolar (alevín, infantil e cadete) e pesos oficiais.
  • Grao mínimo, cinturón amarelo para alevín e infantil e cinturón verde para cadete.
  • Excluir a tod@s @s medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais tipo Open de España ou similares, Campionatos de España, sexan de seleccións ou de clubes en calqueira categoría).
  • Excluir a tod@s @s membros das distintas seleccións galegas en campionatos oficiais excepto Open de España (Openes internacionais fora das nosas fronteiras ou Campionato de España).
  • Excluir a tod@s @s deportistas que ocupen as duas primeiras posicións do ranking, en calqueira categoría, na data do peche da inscripción.
  • Admitir, e polo tanto permitir a participación de medallistas nacionais ou internacionais en categorías infantil ou alevín, cando por idade sexan cadetes, pero non poderán participar en categoría alevín ou infantil.

 

EN CANTO AO RESTO DOS MEDALLISTAS E OUTROS COMPETIDORES CON UN NIVEL DE COMPETICIÓN RELEVANTE, PREGAMOS ABSOLUTA PRUDENCIA E RIGOR POR PARTE DOS ADESTRADORES Á HORA DE FACELA INSCRICIÓN E NO MESMO CAMPIONATO.

NON ESQUEZADES QUE SE TRATA DE DARLLE ABSOLUTA PROTECCIÓN E SEGURIDADE A TODO-LOS NENOS PARTICIPANTES.

Lembramos a obriga de comunicar proposta de árbitros a arbitraxe@taekwondogalego.com

 

CLASIFICACIÓN:

O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares, ou ouro, prata e bronces sempre.

Calquera dúbida sobre a inscrición, unha vez lida a circular, pregamos se remita á dirección deportiva da FGT

direcciondeportiva@taekwondogalego.gal  

 

 

 

 

FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE.

DATA: Sábado, 25 de MAIO de 2019.

LUGAR: BETANZOS (A Coruña). Organiza o clube de taekwondo KWON e colabora o Excmo. Concello de Betanzos e o Servicio Provincial de Deportes da Coruña.

Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.

 CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares.

A Coruña, 27/02/2019.

 

O SECRETARIO XERAL

 

 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email