CIRCULAR Nº 11/2020
ASUNTO: CURSO DE XUÍZ CALIFICADOR DE TÉCNICA ONLINE.
DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS.
DATA: SÁBADO 09/05/20.
LUGAR: ON LINE. PLATAFORMA ZOOM (INTRODUCIR Nº DE MÓBIL NO APARTADO AFILIADOS DA APLICACIÓN WEB).
HORARIO: De 10.00 a 14.00 HORAS.
MATERIAL: Útiles de escritorio e regulamento actualizado – Descargar da web.
TEMAS: Regulamento infantil e adultos (DESCARGAR REGULAMENTO DA WEB E LEVAR O CURSO. O CURSILLISTA DEBERÁ TER ESTUDIADO DITO REGULAMENTO ANTES DA ASISTENCIA Ó CURSO).
No aparatado DESCARGAS DA WEB aloxarase o modelo de exame a realizar para superar o curso.
- Regulamentos propios da FGT – RFET.
- Actualización técnica e novas modificacións dos regulamentos.
- Código de puntuacións e penalizacións.
- Unificación de criterios técnicos.
- Mesa de control, suma de calificacións e medias.
CUOTAS:
- Xuiz de Mesa ………………….. 65,00 euros
- Xuiz Autonómico …………………… 100,00 euros
- Xuiz Nacional ……………………….. 165,00 euros
- Reciclaxe ……………………………… Gratuito (para colexiados)
20,00 euros (non colexiados)
INSCRIPCIÓNS: Na Federación Galega de Taekwondo, antes das 13:00 horas do 06/05/2020–IMPRESCINDIBLE INSCRIBIRSE A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. IMPRESCINDIBLE SUBIR DNI -AMBAS CARAS NUN ÚNICO PDF- Ó PERFIL DO AFILIADO. NON É PRECISO REMITIR NADA POR MAIL NIN CORREO ELECTRÓNICO, SIMPLEMENTE LIQUIDACIÓN E XUSTIFICANTE DE PAGO.
Os xuices que acudan á ACTUALIZACIÓN tamén deben inscribirse na correspondente aplicación web indicando “reciclaxe” na súa categoría.
*NON se admitirán inscricións sen licencia nacional solicitada no momento da tramitación inicial.
DOCUMENTACIÓN:
- Impreso de Actividades Nacionales cubierto na súa totalidade
CUBRIR A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB E ENVIAR ASINADO.
- Fotocopia del DNI por ambas caras.
- Autorización paterna para os menores de idade.
Para Xuíz de Mesa:
- Cinturón vermello e ter 14 anos cumplidos.
Para Xuíz Autonómico:
- Cinturón negro 1º dan como mínimo
- Levar un ano como Xuiz de Mesa
- Xuiz de Mesa COLEXIADO actualmente
Para Xuíz Nacional:
- Xuíz Autonómico COLEXIADO actualmente.
- Cinturón negro 2º dan como mínimo
- Levar un ano como Xuíz Autonómico.
ESTA TITULACIÓN TEN A MESMA VALIDEZ QUE A DE ÁRBITROS DE COMBATE PARA O ACCESO Ó EXAME DE CINTOS NEGROS.
AVISO IMPORTANTE:
O examen será tipo test, polo que necesitaríamos as vosas direccións de correo electrónico, para podervos enviar o mesmo ou, se o preferides, o voso número de teléfono para enviárvolo por whatsApp. As respostas poderíadelas enviar por mail, facendo un Word no que poñades o número de pregunta e a letra da resposta elixida, ou tamén por WhatsApp. Entendemos que non é o xeito máis adecuado para realizar este tipo de exámenes, pero a nosa intención é colaborar, na medida das nosas posibilidades, a que esta crise sanitaria non interrumpa aínda máis a vosa progresión como deportistas e árbitros.
DENDE O DEPARTAMENTO DE ARBITRAXE DE TECNICA POÑEMOS NO VOSO COÑECEMENTO QUE PARA OS CURSOS DE XUIZ PUNTUADOR REXIONAL E NACIONAL, SERÁ IMPRESCINDIBLE SABER TODOS OS PUMSES ATA O HANSU INCLUIDO. FARASE UN EXAMEN PRÁCTICO QUE DEMOSTRE O COÑECEMENTO DOS MESMOS. Non se valorará a súa execución, senon o seu coñecemento, xa que consideramos que é imposible valorar un pumse que non se sabe facer. Este apartado non é obrigatorio para os xuíces de mesa, só para os aspirantes a xuíz autonómico e nacional.
Como consecuencia da extraordinaria situación que estamos a vivir polo Covid-19, o examen práctico faráse na casa a través da plataforma que a FGT habilitará para o curso, adaptándose ao espazo que cada un teña na casa, ou, quen o prefira, poderá enviar un vídeo por whatsapp. Sabemos que moit@s de vos non tedes sitio na vivenda para realizar un pumse, de modo que podedes amoldalos ao espazo do que dispoñades.
De todos os xeitos, en canto se poida facer un curso en condicións axeitas, cumprindo con todas as garantías de saúde para todos, será obrigatorio para os novos xuíces puntuadores (NON PARA OS DE MESA), acudir para unha reciclaxe.
Para calquera dúbida ou suxerencia, podedes contactar con Esperanza Meilán en lualpanto@gmail.com ou nos teléfonos 600 550 618 ou no 649 018 298. Calquera aportación ou idea que vexades que poidera mellorar o funcionamento do curso, será aceptada de moi bo grao, xa que entre tod@s poderemos saír adiante.
A Coruña, 22/04/2020.