CIRCULAR Nº 11/2023
DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS.
ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO XUNIOR MASCULINO E FEMININO.
“XUNTA DE GALICIA”- ANO 2023
AVISOS IMPORTANTES NESTE ESPACIO:
VER INSCRICION, CABEZAS DE SERIE E PESAXES
- A COMPETICIÓN
- LUGAR: Pavillón Castelao I. Rúa Nicolás del Río, 3. 15680 ORDES.
- DATA: Sábado, 6 maio 2023.
- HORARIO: A partires das 09:00 horas en horario de mañá. Confirmaremos horario en función da participación.
- NORMAS TÉCNICAS
- INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2023, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.
As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, antes das 13.00 horas do 27/04/23. Unha vez pechada, publicarase o listado provisional de inscritos.
Logo de 3 días naturais publicarase o listado definitivo de inscritos.
Para realizar cambios de peso tras a publicación do listado definitivo abonarase unha cuota de dez euros (10€).
Será obrigatorio indicar a sede de pesaxe correspondente a cada deportista no momento de realizar a inscrición.
- GRAO MÍNIMO:
Cinto AZUL.
- DOCUMENTACIÓN:
- A autorización paterna quedará custodiada polo clube (así o certifica na inscrición en liña). Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.
- Todos os deportistas deberán acudir con acreditación.
- IDADES: So poderán participar os desportistas nados nos anos 2006, 2007 e 2008.
- PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto e casco.
- OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
- ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
- UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
- PESOS :
CATEGORIAS MASCULINA FEMININA
P1 Minimosca – 45 Kg. – 42 Kg.
P2 Mosca 45 – 48 Kg. 42 – 44 Kg.
P3 Galo 48 – 51 Kg. 44 – 46 Kg.
P4 Pluma 51 – 55 Kg. 46 – 49 Kg.
P5 Lixeiro 55 – 59 Kg. 49 – 52 Kg.
P6 Super-Lixeiro 59 – 63 Kg. 52 – 55 Kg.
P7 Semi-Medio 63 – 68 Kg. 55 – 59 Kg.
P8 Medio 68 – 73 Kg. 59 – 63 Kg.
P9 Semi-Pesado 73 – 78 Kg. 63 – 68 Kg.
P10 Pesado + 78 Kg. + 68 Kg.
- TROFEOS:
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipas: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:
Ouro: 7 puntos.
Prata: 3 puntos.
Bronce: 1 punto.
NOTA: As medallas que se obteñan sen facer combate SÍ computarán. (Acordo da Asamblea Xeral do 03/03/01).
- ORGANIZACIÓN
- ORGANIZA o Clube BOUDSPORT por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
- PESAXE: Venres día 5, provincia de:
Ribeira: Clube Natural Sport. De 17:00 a 19:00 horas.
A Coruña: Clube Garrapucho. De 16:00 a 18:00 horas.
Marín: Clube Mat’s. De 15:30 a 17:30 horas.
Vigo: Clube Seungsport. De 16:00 a 18:00 horas.
Lugo: Clube Valerics. De 16:00 a 18:00 horas.
Ourense: Clube Couto. De 13:00 a 15:00 horas.
CGTD. De 11:00 a 13:00 horas. Exclusivamente para deportistas autorizados do centro.
Rexerá-se polo: REGULAMENTO FGT DE PESAXE E SORTEO DE CATEGORÍAS
- SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o dia anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a arbitraxe@taekwondogalego.com – XUNTANZA DE DELEGADOS: Celebrarase media hora antes do inicio da competición no pavillón.
- COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09:00 horas.
- CONDICIÓNS ECONÓMICAS
- PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2023, e ter a licenza federativa actual.
- ÁRBITROS: Os clubes participantes PODERÁN PROPOÑER árbitros colexiados xunto coa inscrición e comunicalo vía mail a arbitraxe@taekwondogalego.com . NO É OBRIGATORIA A PROPOSTA DE ÁRBITROS PERO SÍ É DE OBRIGADA ASISTENCIA SE A DIRECIÓN DE ARBITRAXE O CONVOCA.
- TÉCNICOS: Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.
- RECLAMACIÓNS
- COMISIÓN DE CAMPIONATO: Rexerá-se polo REGULAMENTO FGT COMISIÓN DE CAMPIONATO
- RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento FGT Comisión de Campionato. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.
- Ó entregar a reclamación, pagarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa aceptada, devolverase o importe.
- Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao clube en todo-los actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso deporte, deberán de vestir correctamente, a ser posible con chándal, e en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.
NOTAS MOI IMPORTANTES:
ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA.
Desportistas e adestradores para recoller as medallas:
- Recollerá-se a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
- En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.
AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.
A Coruña, 28/02/2023.
O SECRETARIO XERAL