APRAZADO – COMUNICARASE NOVA DATA
CIRCULAR Nº 12/ 2019
DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS.
ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO XUNIOR MASCULINO E FEMININO.
“XUNTA DE GALICIA”- ANO 2019
- A COMPETICIÓN
- LUGAR: Pavillón Municipal de NOIA (A Coruña).
- DATA: SABADO, 15/06/2019.
- HORARIO: A partires das 09.30 horas.
- NORMAS TÉCNICAS
- INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2019, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.
As inscricións deberán procesarse na web, antes das 13.00 horas do venres 07/06/2019.
- GRAO MÍNIMO:
Masculino: cinto MARRÓN.
Feminino: cinto AZUL.
- DOCUMENTACIÓN:
- Autorización paterna de todo-los participantes que quedará custodiada polo clube (así o certifica na inscrición en liña). Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.
- IDADES: So poderán participar os desportistas nados nos anos 2002, 2003 e 2004.
- PROTECCIÓNS: Son estrictamente obrigatorias e deberá aportarlas cada desportista: casco electrónico regulamentario (aportado pola organización), coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas e protección bucal, guantillas homologadas para protexer os pés e as mans (electrónicos), peto electrónico (aportado pola organización) e taloneiras electrónicas (cada deportista levará as súas).
- OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
- ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
- UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
- PESOS :
CATEGORIAS MASCULINA FEMININA
Minimosca – 45 Kg. – 42 Kg.
Mosca 45 – 48 Kg. 42 – 44 Kg.
Galo 48 – 51 Kg. 44 – 46 Kg.
Pluma 51 – 55 Kg. 46 – 49 Kg.
Lixeiro 55 – 59 Kg. 49 – 52 Kg.
Super-Lixeiro 59 – 63 Kg. 52 – 55 Kg.
Semi-Medio 63 – 68 Kg. 55 – 59 Kg.
Medio 68 – 73 Kg. 59 – 63 Kg.
Semi-Pesado 73 – 78 Kg. 63 – 68 Kg.
Pesado + 78 Kg. + 68 Kg.
- TROFEOS:
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipas: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:
Ouro: 7 puntos.
Prata: 3 puntos.
Bronce: 1 punto.
NOTA: As medallas que se obteñan sen facer combate SÍ computarán. (Acordo da Asamblea Xeral do 03/03/01).
- ORGANIZACIÓN
- ORGANIZA o Clube MANIOTAS por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
- PESAXE: Venres día 26, provincia de:
- Riveira: Club Natural Sport, ÁS 17.00 horas.
- A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 17:00 a 18:00 horas.
- Marín: Ximnasio Mat´s de 16:00 a 17:00 horas.
- Vigo: Ximnasio Seungsport. Rúa Travesía de Vigo, 36 interior.
De 16.30 a 18.00 horas.
- Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas – Vilalba. De 17:00 a 18:00 horas.
- Ourense: Ximnasio Couto. De 13:00 a 15:00 horas.
Lembramos a todo-los clubes con sede oficial de pesaxe que segundo acordo da asamblea xeral da FGT é OBRIGATORIO que en toda-las pesaxes oficiais estean dous técnicos de diferente clube que asinen o visto e prace da pesaxe (ambo-los dous). Unha vez realizada a pesaxe, deberanse remitir de xeito inmediato as actas asinadas á FGT . Os clubes que non cumpran coas obrigas derivadas da sede de pesaxe perderán a condición de sede oficial.
- SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o dia anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a arbitraxe@taekwondogalego.com – XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase media hora antes do inicio da competición no pavillón – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.
- COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09.30 horas.
- CONDICIÓNS ECONÓMICAS
- PERTENZA A CLUBE FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un clube afiliado á FGT na tempada 2019.
- RECLAMACIÓNS
- COMITÉ DE CAMPIONATO: Estará formado por:
Presidente: D. Juan Carlos Quintana Domínguez.
Vocais: O director do clube organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.
- RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas que figuran no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facerse sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do clube. O IMPRESO DE RECLAMACIÓN PODE SOLICITARSE Ó DIRECTOR DE ARBITRAXE.
- Ó entregar a reclamación, pagarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o importe.
- Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao clube en todo-los actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso deporte, deberán de vestir correctamente, a ser posible con chándal, e en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.
OS CLUBES PODEN PROPOÑER A ÁRBITROS PARA A COMPETICIÓN A TRAVÉS DA PROPIA INSCRICIÓN PERO, SEGUNDO ACORDO DA ASAMBLEA, NON ESTÁN OBRIGADOS A FACELO. EN TODO CASO, SÍ ESTÁN OBRIGADOS A QUE O ÁRBITRO ASISTA Á COMPETICIÓN SE FOSE INSCRITO E CONVOCADO.
A Coruña, 04/04/ 2019.