Circular 12/2024 

DEPORTE ESCOLAR  – FASE PROVINCIAL E AUTONÓMICAS.

FASE PROVINCIAL – CAMPIONATO ESCOLAR DE TÉCNICA E FREESTYLE

XUNTA DE GALICIA

VER INSCRICION

VER HORARIOS E SORTEOS

 

 

HORARIO: 

LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes os días 13 e 14/04/2024.

 

A Coruña: Sábado 13 en Teo – Organiza TkDenodo. pavillón municipal do Milladoiro no concello de Ames.

Ourense: Sábado 13 en Ourense – Organiza Couto. Anexo pavillón Os Remedios. 10.00h. (celebrarase tamén a Copa Deputación Lúdica).

Lugo: Sábado 13 en Taboada – Organiza Neka

Pontevedra: Domingo 14 en Vigo – Organiza Muga Dojang

 

COMUNICARANSE PAVILLONS E DATAS DEFINITIVAS. COMINICAMOS DATOS PROVISIONAIS.

 

 

Toda a información se irá actualzando no espacio da circular web.

 

CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN:   Modalidade de TÉCNICA:

 

BENXAMÍN: 2016 e posteriores– GRAO MÍNIMO: BRANCO-AMARELO (RFET AMARELO). Poomsae 1ª ronda: 2º ou 3º a elixir.

ALEVÍN: 2014 – 2015 – GRAO MÍNIMO: AMARELO (RFET LARANXA). Poomsae 1ª ronda: 3º ou 4º a elixir.

INFANTIL: 2012-2013 – GRAO MÍNIMO: AMARELO-LARANXA (RFET VERDE). Poomsae 1º ronda; 4º ou 5º a elixir.

CADETE: 2010-2011 – GRAO MÍNIMO: LARANXA (RFET AZUL). Poomsae 1º ronda 5 ou 6º a elixir.

 

Novas parellas identificadas no sistema como T-Inf -Parella = Parellas A / T-Adulto Parella = Parellas B. 

PARELLAS A: 2014-2017 – GRAO MÍNIMO: BRANCO AMARELO (RFET LARANXA). Poomsae 1º ronda 2º ou 3º a elixir.

PARELLAS B: 2010-2013 – GRAO MINIMO: AMARELO-LARANXA (RFET VERDE). Poomsae 1º ronda 4º ou 5º a elixir.

 

As seguintes categorías non optan ao nacional, xa que a RFET non as contempla:

 

XUVENIL: 2008-2009- GRAO MINIMO – LARANXA-VERDE. Pumse 1ª ronda: 6º ou 7º a elixir.

PARELLAS BENXAMIN: 2016 e posteriores – GRAO MÍNIMO – BRANCO-AMARELO. Poomsae 1ª ronda: 2º ou 3º a elixir.

PARELLAS ALEVÍN: 2014 – 2015 – GRAO MÍNIMO – AMARELO. Poomsae 1ª ronda: 3º ou 4º a elixir.

PARELLAS INFANTIL: 2012-2013 – GRAO MÍNIMO – AMARELO-LARANXA. Poomsae 1º ronda; 4º ou 5º a elixir.

PARELLAS CADETE: 2010-2011 – GRAO MÍNIMO – LARANXA. Poomsae 1º ronda 5 ou 6º a elixir

PARELLAS XUVENIL: 2008-2009- GRAO MINIMO – LARANXA-VERDE. Pumse 1ª ronda: 6º ou 7º a elixir.

TRIO BENXAMÍN: 2016-2017 – GRAO MÍNIMO – BRANCO-AMARELO. Poomsae 1ª ronda: 2º ou 3º a elixir.

TRIO ALEVÍN: 2014 – 2015 – GRAO MÍNIMO – AMARELO. Poomsae 1ª ronda: 3º ou 4º a elixir

TRIO INFANTIL: 2012-2013 – GRAO MÍNIMO – AMARELO-LARANXA. Poomsae 1º ronda; 4º ou 5º a elixir.

TRIO CADETE: 2010-2011 – GRAO MÍNIMO – LARANXA. Poomsae 1º ronda 5 ou 6º a elixir.

TRIO XUVENIL: 2008-2009- GRAO MINIMO – LARANXA-VERDE. Pumse 1ª ronda: 6º ou 7º a elixir.

 

Sen límite de participación por categorías (acordo de asamblea ano 2020), pero unha mesmo/a competidor/a so se poderá inscribir en dúas categorías e NUNCA EN DUAS DE PARELLA.

 

SORTEO: Farase por este orde: o último en ser apuntado será o primeiro en saír, pero sempre respetando as posicións no ranking. Calquera dúbida, poñédevos en contacto con Esperanza Meilán en lualpanto@gmail.com

 

A competición réxese polo regulamento oficial.-  Lembrade que no regulamento actual os nenos fan eliminatoria e semifinal TODOS, sempre e cando haxa 9 competidores como mínimo, DOUS PUMSES NA FINAL, partindo de cero e que NON PODEN REPETIR PUMSE dunha ronda anterior, SALVO NA CATEGORÍA BENXAMIN QUE PODEN REPETIR OS DOUS POOMSAES DA FINAL.

Se algún/ha deportista clasifica nos primeiros postos do ranking, pero ten un grao inferior ao mínimo do regulamento da RFET, non optará ao nacional.

CLASIFICACIÓN.- O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provinciais os equipos participantes foran impares.

EN TODO CASO, COMO MÍNIMO, SEMPRE CLASIFICARÁN OS CATRO PRIMEIROS (OURO, PRATA E DOUS BRONCES).

 

As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ATA AS 13.00 HORAS DO 03/04/2024. Nesa data a inscrición pecharase e será definitiva sen posibilidade de cambios.

 

Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser FEDERADOS en tempo e forma na FGT, nos prazos indicados.

 

O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 

OS DEPORTISTAS DEBERAN ACREDITAR A SUA IDENTIDADE NO MOMENTO DA COMPETICIÓN SO NO AUTONOMICO CON DNI, PASAPORTE OU ACREDITACION DA FGT. No caso de non presentalo, deixarase participar ao competidor, pero quedará descalificado.

 

FREESTYLE INFANTIL: sen gradación mínima e DENTRO DA IDADE ESCOLAR (2008 – 2015)

 

Categorías:

 

INDIVIDUAL INFANTIL: (2012 – 2015)

 

  1. Masculino
  2. Feminino

 

TEMPO PARA FREESTYLE INFANTIL: Entre 50 y 100 sgs

 

INDIVIDUAL CADETE: (2008 – 2015)

 

  1. Masculino
  2. Feminino

 

TEMPO PARA FREESTYLE CADETE: Entre 50 y 100 sgs.

 

Aplicarase o regulamento vixente da Federación Española de Taekwondo para esta especialidade coas implantacións aprobadas pola territorial galega publicadas na páxina web da nosa Federación para este ano 2024.

 

SORTEO: Farase por este orde: o último en ser apuntado será o primeiro en saír, pero sempre respetando as posicións no ranking. Calquera dúbida, poñédevos en contacto con Esperanza Meilán en lualpanto@gmail.com

 

FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE TÉCNICA

 

DATA: SÁBADO, 27/04/2024.

LUGAR: VIGO

 

Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.

 

OS DEPORTISTAS DEBERAN ACREDITAR A SUA IDENTIDADE NO MOMENTO DA COMPETICIÓN SOLO NO AUTONOMICO CON DNI, PASAPORTE OU ACREDITACION DA FGT. No caso de non presentalo, deixarase participar ao competidor, pero  quedará descalificado.

 

LEMBRAMOS A OBRIGA DE TER ÓS NENOS MUTUALIZADOS EN XOGADE.

Os adestradores deberán acudir con partes de accidente.

A Coruña, 08/03/2024.

Print Friendly, PDF & Email