DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO CADETE MASCULINO E FEMININO

RESULTADOS – VER 

“XUNTA DE GALICIA” ANO 2021

AVISOS IMPORTANTES:

A TODOS OS CLUBES,
1.- TODO O MUNDO DEBERÁ DE DESCARGAR A ACREDITACIÓN A PARTIRES DAS 20.00 HORAS DE HOXE NO APARTADO CAMPIONATOS DA APLICACIÓN WEB (BOTÓN AZUL “ACREDITACIÓNS” SITUADO Ó LADO DEREITO DO TÍTULO DO CAMPIONATO APARTADO “CAMPIONATOS” DA APLICACIÓN.
2.- TODOS OS PARTICIPANTES (COMPETIDORES, ÁRBITROS, ADESTRADORES E RESTO DE PERSOAL) DEBERÁN DEPOSITAR NO SEU CLUB A DECLARACIÓN RESPONSABLE NO DÍA DE HOXE.
3.- EN CADA XORNADA DAS COMPETICIÓNS, SO PODERÁN ACCEDER E PERMANECER NO PAVILLÓN OS COMPETIDORES E ADESTRADORES QUE PARTICIPEN NESE HORARIO. OS DEPORTISTAS/ADESTRADORES RESTANTES DEBERÁN AGARDAR Á SÚA QUENDA PARA ACCEDER Á INSTALACIÓN.
4.- O PAVILLON ESTARÁ ABERTO PARA O ACCESO DE EQUIPOS ÁS 08.15 HORAS.
5.- O ACCESO DE DEPORTISTAS E ADESTRADORES SERÁ POLA PORTA PRINCIPAL DO PAVILLÓN (AMOSANDO ACREDITACION). OS ÁRBITROS E RESTO DE PERSOAL FEDERATIVO ACCEDERÁ POLA PORTA INFERIOR.
POR FAVOR, PREGAMOS SE LEAN ATENTAMENTE AS NORMAS E SE CUMPRAN EN TODOS OS SEUS EXTREMOS POLA SEGURIDADE DE TODOS. GRACIAS.

Os horarios estimados da competición deste fin de semana serán:
  • Sábado 5. Cadetes: Categoría Masculina de 9.00 a 14.00. Categoría Feminina de 16.00 a 20.00.
  • Domingo 6. Sub -21: Categoría Masculina de 9.00 a 12.00. Categoría Feminina de 12.00 a 14.00.
Nos próximos días enviaremos os horarios dos test e pesaxes de todas as sedes.

SORTEOS: https://www.dropbox.com/sh/qbwmp7855i6gxx7/AAA0yfFq6_oZu4QhyJFQwIjla?dl=0

 

A continuación adxúntanse os HORARIOS DEFINITIVOS de realización de test e pesaxe. Será obligatorio asistir co DNI, e en caso de non facerse o test na sede, o certificado negativo. A declaración responsable deberán custodialas os clubes. Non é precisó entregala no pesaxe.

Por outra banda, modifícase o horario da competición da xornada de tarde do sábado 5/6/2021:

  • Sábado 5. Cadetes: Categoría Masculina de 9.00 a 14.00. Categoría Feminina de 16.30 a 20.30.
  • Domingo 6. Sub -21: Categoría Masculina de 9.00 a 12.00. Categoría Feminina de 11.30 a 14.00.

HORARIOS TEST: https://docs.google.com/spreadsheets/d/e/2PACX-1vToIK1mKnyTjj93arv0T84S1l-KtPtTbuF9Hsjl__vJXyM1kz8_60e-cG0c_ZEnZ8QiUU3UCgEjSMKy/pubhtml?gid=0&single=true

  1. A COMPETICIÓN

 

  • LUGAR: Pavillón Alcalde Torres Colomer – Palmeira – Riveira.
  • DATA: Sábado, 5/06/2021.
  • HORÁRIO: A partires das 09.00 hr. (o horario podería modificarse en función do número de inscritos).

 

  1. NORMAS TÉCNICAS

 

  • INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2021, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.

As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, antes das 13.00 horas do 27/05/2021. Unha vez pechada, publicarase o listado provisional de inscritos.

Logo de 3 días naturais publicarase o listado definitivo de inscritos.

Para realizar cambios de peso tras a publicación do listado definitivo abonarase unha cuota de dez euros (10€).

  • GRAO MÍNIMO:

Masculino: Cinto VERDE.

Feminino: Cinto VERDE.

  • DOCUMENTACIÓN:
    • Todo-los desportistas deberán estar en posesión da licenza federativa e grao do presente ano 2021, obtidos coa suficiente antelación para que suministre efectos o seguro de accidentes o día do campionato, e os graos poidan estar actualizados na aplicación.
    • Todos os deportistas deberán acudir con acreditación que poderá descargarse da aplicación web.
  • Os clubes faranse cargo das autorizacións paternas e declaración responsables orixinais, poñéndoas a disposición da FGT de xeito inmediato se fosen requeridas.
  • IDADES: Soamente poderán participar os desportistas nados nos anos 2007, 2008 e 2009.
  • PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto e casco.
  • OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
  • ARBITRAXE: Rexerá-se polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
  • UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (NON VAQUEIRO), camisa branca, gravata azul, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.

 

  1. PESOS:

 

Masculino Categoria

 

Feminino

 

 

– 33 kg

 

Minimosca

 

– 29 kg

 

 

33 kg – 37 kg

 

Mosca

 

29 kg – 33 kg

 

 

37 kg – 41 kg

 

Galo

 

33 kg – 37 kg

 

 

41 kg – 45 kg

 

Pluma

 

37 kg – 41 kg

 

 

45 kg – 49 kg

 

Lixeiro

 

41 kg – 44 kg

 

 

49 kg – 53 kg

 

Superlixeiro

 

44 kg – 47 kg

 

 

53 kg – 57 kg

 

Semimedio

 

47 kg – 51 kg

 

 

57 kg – 61 kg

 

Medio

 

51 kg – 55 kg

 

 

61 kg – 65 kg

 

Semipesado

 

55 kg – 59 kg

 

 

+ 65 kg

 

Pesado

 

+ 59 kg

 

 

 

 

  1. TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeo ós equipos campións, masculino e feminino.

Oro: 7 puntos.

Prata: 3 puntos.

Bronce: 1 punto.

 

  1. ORGANIZACIÓN

 

  • ORGANIZA o Clube NATURAL SPORT por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  • PESAXE: O día anterior á competición, venres 4:

 

Riveira: Club Natural Sport. De 17.00 a 19.00 horas.

A Coruña: Gimnasio Garrapucho. De 16:00 a 18:00 horas.

Marín: Ximnasio Mat´s de 16:00 a 17:00 horas.

Vigo: Ximnasio Seungsport. Rúa Travesía de Vigo, 36 interior.

De 16.30 a 18.00 horas.

Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas – Vilalba. De 17:00 a 18:00 horas.

Ourense: Ximnasio Couto. De 14:00 a 15:00 horas.

CGTD: Para deportistas do centro en horario habitual. Contactar con Jesús Benito. As solicitudes extraordinarias de pesaxe no centro, deberán ser xustificadas á Dirección de Arbitraxe.

 

As peticións de pesaxe, tanto no pavillón (unha hora antes da sesión correspondete) ou nos clubes distintos ás sedes oficiais, deberán solicitarse vía mail á Direccion de Arbitraxe, antes da publicación do listado definitivo de inscritos.

 

 

  • SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a dito director no email arbitraxe@taekwondogalego.com
  • XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase MEDIA hora antes do inicio da competición no pavillón – Lémbrase a todo-los árbitros a obrigatoriedade de asistir a esta xuntanza, e parte da gratificación que perciben corresponde á mesma.
  • COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09.00 horas.

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 

  • PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2021, e ter a licenza federativa actual.
  • ÁRBITROS: Os clubes participantes PODERÁN PROPOÑER un árbitro colexiado xunto coa inscrición e comunicalo vía mail a arbitraxe@taekwondogalego.com . NO É OBRIGATORIA A PROPOSTA DE ÁRBITROS PERO SÍ É DE OBRIGADA ASISTENCIA SE O CLUBE NOMINA A UN ÁRBITRO.
  • TÉCNICOS: Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.

 

  1. RECLAMACIÓNS

 

  • COMITÉ DE SUPERVISIÓN DO CAMPEONATO: Estará formado por:

Presidente: Director de arbitraxe.

Vocais: O Delegado Técnico, o director do clube organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición.

RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.

  • Ó entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30€), dos que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o seu importe.
  • Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos os actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir con chándal e con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.

 

NOTAS MOI IMPORTANTES:

 

Segundo o lembrado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária celebrada o 16/02/02, comunícanse os requerimentos necesarios para a ceremonia de recollida de medallas.

 

ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA.

       

 

Desportistas e adestradores para recoller as medallas:

 

  1. Recollerá-se a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
  1. En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.

 

AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.

 

 

A Coruña, 20/04/2021.

Print Friendly, PDF & Email