CIRCULAR Nº 13/2023

 

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO CADETE MASCULINO E FEMININO

“XUNTA DE GALICIA” ANO 2023

AVISOS IMPORTANTES NESTE ESPACIO:

VER INSCRICION, CABEZAS DE SERIE E PESAXES

VER SORTEOS

VER RESTAURACION – COMIDAS

 

  1. A COMPETICIÓN

 

  • LUGAR: Pavillón Municipal de Mondariz. Rúa Ramón y Cajal 2. Mondariz – UBICACION https://www.google.com/maps/place/Pavill%C3%B3n+de+Mondariz/@42.2318928,-8.4554374,17z/data=!3m1!4b1!4m6!3m5!1s0xd257fdb9e091c67:0xfa9bf534085a0411!8m2!3d42.2318928!4d-8.4554374!16s%2Fg%2F11ck2nr5s_
  • DATA: Sábado, 22/04/2023.
  • HORÁRIO: A partires das 09.00 hr. (o horario podería modificarse en función do número de inscritos).

 

  1. NORMAS TÉCNICAS

 

  • INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2023, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.

As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, antes das 13.00 horas do 14/04/2023. Unha vez pechada, publicarase o listado provisional de inscritos.

Logo de 3 días naturais publicarase o listado definitivo de inscritos.

Para realizar cambios de peso tras a publicación do listado definitivo abonarase unha cuota de dez euros (10€).

 

Será obrigatorio indicar a sede de pesaxe correspondente a cada deportista no momento de realizar a inscrición.

 

  • GRAO MÍNIMO:

Masculino: Cinto VERDE.

Feminino: Cinto VERDE.

  • DOCUMENTACIÓN:
    • Todo-los desportistas deberán estar en posesión da licenza federativa e grao do presente ano 2023, obtidos coa suficiente antelación para que suministre efectos o seguro de accidentes o día do campionato, e os graos poidan estar actualizados na aplicación.
    • Todos os deportistas deberán acudir con acreditación que poderá descargarse da aplicación web.
  • Os clubes faranse cargo das autorizacións paternas e declaración responsables orixinais, poñéndoas a disposición da FGT de xeito inmediato se fosen requeridas.
  • IDADES: Soamente poderán participar os desportistas nados nos anos 2009, 2010 e 2011.
  • PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto e casco.
  • OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
  • ARBITRAXE: Rexerá-se polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
  • UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (NON VAQUEIRO), camisa branca, gravata azul, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.

 

  1. PESOS:

 

Masculino Categoria Feminino

 

– 33 kg Minimosca – 29 kg

 

33 kg – 37 kg Mosca 29 kg – 33 kg

 

37 kg – 41 kg Galo 33 kg – 37 kg

 

41 kg – 45 kg Pluma 37 kg – 41 kg

 

45 kg – 49 kg Lixeiro 41 kg – 44 kg

 

49 kg – 53 kg Superlixeiro 44 kg – 47 kg

 

53 kg – 57 kg Semimedio 47 kg – 51 kg

 

57 kg – 61 kg Medio 51 kg – 55 kg

 

61 kg – 65 kg Semipesado 55 kg – 59 kg

 

+ 65 kg Pesado + 59 kg

 

 

 

 

  1. TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeo ós equipos campións, masculino e feminino.

Oro: 7 puntos.

Prata: 3 puntos.

Bronce: 1 punto.

 

  1. ORGANIZACIÓN

 

  • ORGANIZA o Clube LEAM por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  • PESAXE: O día anterior á competición, venres 21:

 

Ribeira: Clube Natural Sport. De 17:00 a 19:00 horas.
A Coruña: Clube Garrapucho. De 16:00 a 18:00 horas.
Marín: Clube Mat’s. De 15:30 a 17:30 horas.
Vigo: Clube Seungsport. De 16:00 a 18:00 horas.
Lugo: Clube Valerics. De 16:00 a 18:00 horas.
Ourense: Clube Couto. De 13:00 a 15:00 horas.
CGTD. De 11:00 a 13:00 horas. Exclusivamente
para deportistas autorizados do centro.

 

Rexerá-se polo: REGULAMENTO FGT DE PESAXE E SORTEO DE CATEGORÍAS

 

 

  • SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a dito director no email arbitraxe@taekwondogalego.com
  • XUNTANZA DE DELEGADOS: Celebrarase MEDIA hora antes do inicio da competición no pavillón.
  • COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09.00 horas.

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 

  • PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2023, e ter a licenza federativa actual.
  • ÁRBITROS: Os clubes participantes PODERÁN PROPOÑER árbitros colexiados xunto coa inscrición e comunicalo vía mail a arbitraxe@taekwondogalego.com . NO É OBRIGATORIA A PROPOSTA DE ÁRBITROS PERO SÍ É DE OBRIGADA ASISTENCIA SE A DIRECIÓN DE ARBITRAXE O CONVOCA.
  • TÉCNICOS: Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.

 

  1. RECLAMACIÓNS

 

RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento FGT Comisión de Campionato. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.

  • Ó entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30€), dos que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa aceptada, devolverase o seu importe.
  • Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos os actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir con chándal e con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.

 

 

 

 

NOTAS MOI IMPORTANTES:

 

 

ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA.

       

 

Desportistas e adestradores para recoller as medallas:

 

  1. Recollerá-se a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
  1. En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.

 

AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.

 

 

A Coruña, 23/03/2023.

 

O Secretario Xeral

Print Friendly, PDF & Email