CIRCULAR Nº 14/2019

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO CADETE MASCULINO E FEMININO

“XUNTA DE GALICIA” ANO 2019

  1. A COMPETICIÓN
  • LUGAR: Pavillón Municipal de ORDES (Castelao I).
  • DATA: Sábado, 11 maio 2019.
  • HORÁRIO: A partires das 09.00 hr. (o horario podería modificarse en función do número de inscritos).

 

  1. NORMAS TÉCNICAS
  • INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2019, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.

As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, antes das 13.00 horas do venres 03/05/2019.

  • GRAO MÍNIMO:

Masculino: Cinto AZUL.

Feminino: Cinto VERDE.

  • DOCUMENTACIÓN:
    • Todo-los desportistas deberán estar en posesión da licenza federativa e grao do presente ano 2019, obtidos coa suficiente antelación para que suministre efectos o seguro de accidentes o día do campionato, e os graos poidan estar actualizados na aplicación.
  • Os clubes faranse cargo das autorizacións paternas orixinais, poñéndoas a disposición da FGT se fosen requeridas.
  • IDADES: Soamente poderán participar os desportistas nados nos anos 2005, 2006 e 2007.
  • PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto.
  • OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
  • ARBITRAXE: Rexerá-se polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
  • UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (NON VAQUEIRO), camisa branca, gravata da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.

 

  1. PESOS:

 

Masculino Categoria

 

Feminino

 

 

– 33 kg

 

Minimosca

 

– 29 kg

 

 

33 kg – 37 kg

 

Mosca

 

29 kg – 33 kg

 

 

37 kg – 41 kg

 

Galo

 

33 kg – 37 kg

 

 

41 kg – 45 kg

 

Pluma

 

37 kg – 41 kg

 

 

45 kg – 49 kg

 

Lixeiro

 

41 kg – 44 kg

 

 

49 kg – 53 kg

 

Superlixeiro

 

44 kg – 47 kg

 

 

53 kg – 57 kg

 

Semimedio

 

47 kg – 51 kg

 

 

57 kg – 61 kg

 

Medio

 

51 kg – 55 kg

 

 

61 kg – 65 kg

 

Semipesado

 

55 kg – 59 kg

 

 

+ 65 kg

 

Pesado

 

+ 59 kg

 

 

               

  • TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeo ós equipos campións, masculino e feminino.

Oro: 7 puntos.

Prata: 3 puntos.

Bronce: 1 punto.

 

  1. ORGANIZACIÓN
  • ORGANIZA o Clube BOUDSPORT por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  • PESAXE: O día anterior á competición, venres 11:

 

  • Riveira: Club Natural Sport, ÁS 17.00 horas.
  • A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 17:00 a 18:00 horas.
  • Marín: Ximnasio Mat´s de 16:00 a 17:00 horas.
  • Vigo: Ximnasio Seungsport. Rúa Travesía de Vigo, 36 interior.

                De 16.30 a 18.00 horas.

  • Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas – Vilalba. De 17:00 a 18:00 horas.
  • Ourense: Ximnasio Couto. De 14:00 a 15:00 horas.

 

  • SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a dito director no email arbitraxe@taekwondogalego.com
  • XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase MEDIA hora antes do inicio da competición no pavillón – Lémbrase a todo-los árbitros a obrigatoriedade de asistir a esta xuntanza, e parte da gratificación que perciben corresponde á mesma.
  • COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09.00 horas.

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS
  • PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2019, e ter a licenza federativa actual.
  • ÁRBITROS: Os clubes participantes PODERÁN PROPOÑER un árbitro colexiado xunto coa inscrición e comunicalo vía mail a arbitraxe@taekwondogalego.com . NO É OBRIGATORIA A PROPOSTA DE ÁRBITROS PERO SÍ É DE OBRIGADA ASISTENCIA SE O CLUBE NOMINA A UN ÁRBITRO.
  • TÉCNICOS: Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.

 

  1. RECLAMACIÓNS
  • COMITÉ DE CAMPEONATO: Estará formado por:

Presidente: D. Juan Carlos Quintana Domínguez.

Vocais: O director do clube organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.

RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.

  • Ó entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30€), dos que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o seu importe.
  • Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos os actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir con chándal e con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.

 

NOTAS MOI IMPORTANTES: 

Segundo o lembrado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária celebrada o 16/02/02, comunícanse os requerimentos necesarios para a ceremonia de recollida de medallas. 

ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA.       

 

Desportistas e adestradores para recoller as medallas: 

  1. Recollerá-se a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
  1. En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.

 

AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.

 A Coruña, 20/04/2019.

Print Friendly, PDF & Email