CIRCULAR Nº 14/2020

DESTINATARIO: Todo-los Clubes e Ximnasios.

ASUNTO: CURSO DE ARBITRAXE DE COMBATE ATA NACIONAL ONLINE.

DATA: SÁBADO 02/05/2020 E DOMINGO 03/05/2020.

LUGAR: SESIÓNS VIRTUAIS NA APLICACIÓN ZOOM (IMPRESCINDIBLE INTRODUCIR Nº DE MÓBIL NO PERFIL DE AFILIADO PARA REMITIR ENLACE)

HORARIOS: De 10.00 a 14.00 OS DOUS DÍAS

INSCRICIÓNS: Na Federación Galega de Taekwondo, APLICACIÓN WEB – PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA AS 13.00 HORAS DO 29/04/2020. IMPRESCINDIBLE INSCRIBIRSE A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. IMPRESCINDIBLE SUBIR DNI -AMBAS CARAS NUN ÚNICO PDF- Ó PERFIL DO AFILIADO. NON É PRECISO REMITIR NADA POR MAIL NIN CORREO ELECTRÓNICO, SIMPLEMENTE LIQUIDACIÓN E XUSTIFICANTE DE PAGO.

*NON se admitirán inscricións sen licencia nacional solicitada no momento da tramitación inicial.

 

CUOTAS DO CURSO:

  • Xuiz Cronometrador.…………………….. 65,00 Euros
  • Árbitro Rexional …………………….…… 100,00 Euros
  • Árbitro Nacional ……………………….… 165,00 Euros
  • Reciclaxe:

Árbitros, Monitores e Adestradores   

COLEXIADOS COMO ÁRBITROS ——— GRATIS

NON COLEXIADOS COMO ÁRBITROS —— 20 Euros

 

TEMPOS DE PERMANENCIA E GRAOS:

Para Xuiz Cronometrador: Grao mínimo cinto AZUL.-Idade 14 anos cumpridos. 

Para Árbitro Rexional: Grao mínimo Cinto Negro 1º DAN.-Un ano de xuiz cronometrador, colexiación actual como xuiz cronometrador. 

Para Árbitro Nacional: Grao mínimo Cinto Negro 2º DAN.-Un ano de árbitro rexional (ou Interrexional)- (Aprobado en Asamblea Xeral da FET de data 11/06/2008), colexiación actual como árbitro rexional.

 

DOCUMENTACIÓN: A documentación a presentar é a seguinte:

Para Xuiz Cronometrador

– Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada – APLICACIÓN WEB.

– Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou Libro de Familia.

– Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

– Ter licencia federativa do presente ano 2020.

-Cinto AZUL. 

 

Para Árbitro Rexional

– Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada. – APLICACIÓN WEB.

– Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.

– 1º DAN.

– Título de xuiz cronometrador – 1 ano

– Colexiación en vigor de xuiz cronometrador.

– Ter licencia federativa do ano 2020

– Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 

Para Árbitro Nacional

– Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada. – APLICACIÓN WEB.

– Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.

– 2º DAN.

– Título de árbitro rexional – 1 ano

– Colexiación en vigor de árbitro rexional.

– Ter licencia federativa do ano 2020.

– Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 

É imprescindible para se presentar ao curso pertencer a clube afiliado a esta FGT no ano 2020 e contar con licencia nacional tramitada (non se admite o trámite xunto coa inscrición).

MATERIAL: Deberán presentarse provistos de: Dóbok, libreta, regulamento IMPRESO E ESTUDIADO, e bolígrafo. Todo-los cursillistas deberán LEVAR POSTO O DOBOK O DOMINGO QUE SE FARÁ A PARTE PRÁCTICA.

Este curso realizarase polas Normas da Federación Mundial W.T.F.

En caso de non haber inscricións suficientes poderase suspender o Curso.

Non se admitirá documentación en trámite polo que deberán anticiparse a solicitar o que lles falte con suficiente tempo para o día que finalice o prazo ter toda a documentación COMPLETA.

 Para a reciclaxe, os interesados, deberán estar en posesión da licencia de 2020 e enviar o impreso de inscrición (aplicación web) debidamente cumplimentado indicando que é para reciclaxe.

É IMPRESCINDIBLE QUE O IMPRESO DE ACTIVIDADES NACIONAIS VEÑA TOTALMENTE CUBERTO A TRAVÉS DA WEB E ASINADO EN ORIXINAL XUNTANDO DNI.

 HA DE ADXUNTARSE A INSCRIPCIÓN UN NÚMERO DE TELÉFONO MÓBIL DO CURSILLISTA Ó QUE SE LLE ENVIARÁ POR WHATSAPP OS DISTINTOS ENLACES ÁS REUNIÓNS DE ZOOM. RECOMÉNDASE O USO DE ORDENADOR PARA O CURSO, PARA VER CORRECTAMENTE AS DIAPOSITIVAS.

A Coruña, a 22/04/2020.

O SECRETARIO XERAL

Print Friendly, PDF & Email