CIRCULAR Nº 14/2021

 

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO SUB 21 MASCULINO E FEMININO

RESULTADOS – VER

“XUNTA DE GALICIA” – ANO 2021

 AVISOS IMPORTANTES: 

A TODOS OS CLUBES,
1.- TODO O MUNDO DEBERÁ DE DESCARGAR A ACREDITACIÓN A PARTIRES DAS 20.00 HORAS DE HOXE NO APARTADO CAMPIONATOS DA APLICACIÓN WEB (BOTÓN AZUL “ACREDITACIÓNS” SITUADO Ó LADO DEREITO DO TÍTULO DO CAMPIONATO APARTADO “CAMPIONATOS” DA APLICACIÓN.
2.- TODOS OS PARTICIPANTES (COMPETIDORES, ÁRBITROS, ADESTRADORES E RESTO DE PERSOAL) DEBERÁN DEPOSITAR NO SEU CLUB A DECLARACIÓN RESPONSABLE NO DÍA DE HOXE.
3.- EN CADA XORNADA DAS COMPETICIÓNS, SO PODERÁN ACCEDER E PERMANECER NO PAVILLÓN OS COMPETIDORES E ADESTRADORES QUE PARTICIPEN NESE HORARIO. OS DEPORTISTAS/ADESTRADORES RESTANTES DEBERÁN AGARDAR Á SÚA QUENDA PARA ACCEDER Á INSTALACIÓN.
4.- O PAVILLON ESTARÁ ABERTO PARA O ACCESO DE EQUIPOS ÁS 08.15 HORAS.
5.- O ACCESO DE DEPORTISTAS E ADESTRADORES SERÁ POLA PORTA PRINCIPAL DO PAVILLÓN (AMOSANDO ACREDITACION). OS ÁRBITROS E RESTO DE PERSOAL FEDERATIVO ACCEDERÁ POLA PORTA INFERIOR.
POR FAVOR, PREGAMOS SE LEAN ATENTAMENTE AS NORMAS E SE CUMPRAN EN TODOS OS SEUS EXTREMOS POLA SEGURIDADE DE TODOS. GRACIAS.

Os horarios estimados da competición deste fin de semana serán:
  • Sábado 5. Cadetes: Categoría Masculina de 9.00 a 14.00. Categoría Feminina de 16.00 a 20.00.
  • Domingo 6. Sub -21: Categoría Masculina de 9.00 a 12.00. Categoría Feminina de 12.00 a 14.00.
Nos próximos días enviaremos os horarios dos test e pesaxes de todas as sedes.

SORTEOS: https://www.dropbox.com/sh/x3pscfpq9ad4x0q/AACjBbPd5NkxZYaN4J_HYpT8a?dl=0

A continuación adxúntanse os HORARIOS DEFINITIVOS de realización de test e pesaxe. Será obligatorio asistir co DNI, e en caso de non facerse o test na sede, o certificado negativo. A declaración responsable deberán custodialas os clubes. Non é precisó entregala no pesaxe.

Por outra banda, modifícase o horario da competición da xornada de tarde do sábado 5/6/2021:

  • Sábado 5. Cadetes: Categoría Masculina de 9.00 a 14.00. Categoría Feminina de 16.30 a 20.30.
  • Domingo 6. Sub -21: Categoría Masculina de 9.00 a 12.00. Categoría Feminina de 11.30 a 14.00.

HORARIOS TEST: https://docs.google.com/spreadsheets/d/e/2PACX-1vToIK1mKnyTjj93arv0T84S1l-KtPtTbuF9Hsjl__vJXyM1kz8_60e-cG0c_ZEnZ8QiUU3UCgEjSMKy/pubhtml?gid=0&single=true 

1. A COMPETICIÓN

 

  1. LUGAR: Pavillón Alcalde Torres Colomer – Palmeira – Riveira.
  2. DATA: Domingo, 6/06/2021.
  3. HORÁRIO: A partires das 09.00 hr. (o horario podería modificarse en función do número de inscritos).

 

  1. NORMAS TÉCNICAS

 

  1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2021, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.

As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, antes das 13.00 horas do venres 28/05/2021. Unha vez pechada, publicarase o listado provisional de inscritos.

Logo de 3 días naturais publicarase o listado definitivo de inscritos.

Para realizar cambios de peso tras a publicación do listado definitivo abonarase unha cuota de dez euros (10€).

 

  • Os clubes faranse cargo das autorizacións paternas orixinais e das declaración responsables, poñéndoas a disposición da FGT se fosen requeridas.

Todos os deportistas deberán acudir con acreditación dispoñible, unha vez feito o test de antíxenos, na aplicación web.

  • GRAO MÍNIMO:

Masculino: Cinto Azul.

Feminino: Cinto Azul.

  • DOCUMENTACIÓN :
    • Inscrición na aplicación web e autorización paterna para os menores de 18 anos, que será custodiada polo clube en orixinal.
    • Todo-los desportistas deberán estar en posesión da licenza federativa e grao do presente ano 2021, obtidos coa suficiente antelación para que suministre efectos o seguro de accidentes o día do campionato, e os graos poidan estar actualizados na aplicación.

 

  • IDADES: Poderán participar os desportistas nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005.
  • PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto.
  • OS COMBATES: Rexerase polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
  • ARBITRAXE: Rexerá-se polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
  • UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.

 

 

 

 

  • PESOS:

MASCULINO : -54,-58,-63,-68,-74,-80,-87,+87

FEMENINO: -46, -49,-53,-57,-62,-67,-73,+73

 

 

  • TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:

Oro: 7 puntos

Prata: 3 puntos

Bronce: 1 punto.

Nota: as medallas que se obteñan sen facer combate sí computarán para a clasificazón. (Acordo da Asamblea Xeral do 03/03/01).

 

  1. ORGANIZACIÓN

 

  1. ORGANIZA o Clube Natural Sport por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  2. PESAXE: Dous días antes da competición, venres 4:

 

Riveira: Club Natural Sport. De 17.00 a 19.00 horas.

A Coruña: Gimnasio Garrapucho. De 16:00 a 18:00 horas.

Marín: Ximnasio Mat´s. De 16:00 a 17:00 horas.

Vigo: Ximnasio Seungsport. Rúa Travesía de Vigo, 36 interior.

De 16.30 a 18.00 horas.

Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas – Vilalba. De 17:00 a 18:00 horas.

Ourense: Ximnasio Couto. De 14:00 a 15:00 horas.

CGTD: Para deportistas do centro en horario habitual. Contactar con Jesús Benito. As solicitudes extraordinarias de pesaxe no centro, deberán ser xustificadas á Dirección de Arbitraxe.

 

As peticións de pesaxe, tanto no pavillón (unha hora antes da sesión correspondete) ou nos clubes distintos ás sedes oficiais, deberán solicitarse vía mail á Direccion de Arbitraxe, antes da publicación do listado definitivo de inscritos.

 

 

  • SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a arbitraxe@taekwondogalego.com
  • XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase media hora antes do inicio da competición no pavillón – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.
  • COMEZO DA COMPETICIÓN: ÁS 09.00 HORAS.

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 

  1. PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2021, e ter a licenza federativa actual.
  2. ÁRBITROS: Os clubes participantes PODERÁN PROPOÑER un árbitro colexiado xunto coa inscrición e comunicalo vía mail a arbitraxe@taekwondogalego.com . NO É OBRIGATORIA A PROPOSTA DE ÁRBITROS PERO SÍ É DE OBRIGADA ASISTENCIA SE O CLUBE NOMINA A UN ÁRBITRO.
  3. TÉCNICOS: Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.

 

 

  1. RECLAMACIÓNS :

 

  • COMITÉ DE SUPERVISIÓN DO CAMPEONATO: Estará formado por:

Presidente: Director de arbitraxe.

Vocais: O Delegado Técnico, o director do clube organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.

 

  • RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor.Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondiente e asinadas polo delegado oficial do club.

Ao entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30 €), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o seu importe.

 

  • Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos os actos do campionato. Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, con chándal ou dobok, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.

 

NOTAS MOI IMPORTANTES:

 

Segundo o acordado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária celebrada o 16/02/02, comunícanse os requerimentos necesarios para a ceremonia de recollida de medallas.

 

Desportistas e adestradores para recoller as medallas:

 

  1. Recollerá-se a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
  1. En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.

 

ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA.

          

AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.

 

NOS SE ADMITIRÁN RECLAMACIÓNS DE NINGÚN TIPO O DÍA DA COMPETICIÓN SE NON SE REALIZAN SEGUNDO O PROTOCOLO ENRIBA ESTABLECIDO.

 

A Coruña, 20/04/2021

O SECRETÁRIO XERAL

 

Print Friendly, PDF & Email