CIRCULAR Nº 15/ 2021
MOI IMPORTANTE NOVA SEDE CPTO. QUE SE TRASLADA DEBIDO ÁS RESTRICCIÓNS SANITARIAS EN CAMBADOS:
DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS.
ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO XUNIOR MASCULINO E FEMININO.
“XUNTA DE GALICIA”- ANO 2021
AVISOS IMPORTANTES (AQUÍ SERÁN REFLEXADOS TODOS OS AVISOS RELEVANTES RELACIONADOS COA COMPETICIÓN):
- INSCRICIÓN CPTO. GALEGO XUNIOR – https://docs.google.com/spreadsheets/d/e/2PACX-1vQvpe18vOoTdse8J8uyc1W59EE38iniWWpZifAaMp3NeSUu5Msy-Gxfq699z_S40yK_sAW0k41qzxRc/pubhtml?gid=0&single=true
(A INSCRICIÓN ACTUALÍZASE EN TEMPO REAL ANTE CALQUERA CAMBIO/BAIXA NO PRAZO FACILITADO. PREGAMOS REMITAN OS CAMBIOS A arbitraxe@taekwondogalego.com GRACIAS).
- VER SORTEO E OUTRA INFORMACIÓN: https://www.dropbox.com/sh/0hlry1ert2if4y9/AACslN3uMHrLzSPNFB0P3Xvta?dl=0
- A COMPETICIÓN
- LUGAR: Pavillón Municipal de PORTONOVO – SANXENXO (nova sede ante a imposibilidade de celebrar o evento en Cambados debido as restriccións sanitarias).
- DATA: Sábado, 10 de xullo de 2021.
- HORARIO: A partires das 09:00 horas (CATEGORÍA MASCULINA), e a partires das 16:00 horas (CATEGORÍA FEMININA)
- NORMAS TÉCNICAS
- INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2021, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.
As inscricións deberán procesarse na web, antes das 13.00 horas do venres 01/06/2021. Unha vez pechada, publicarase o listado provisional de inscritos.
Logo de 3 días naturais publicarase o listado definitivo de inscritos.
Para realizar cambios de peso tras a publicación do listado definitivo abonarase unha cuota de dez euros (10€).
- GRAO MÍNIMO:
Cinto AZUL.
- DOCUMENTACIÓN:
- Autorización paterna de todo-los participantes que quedará custodiada polo clube (así o certifica na inscrición en liña). Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.
- Todos os deportistas deberán acudir con acreditación e declaración responsable.
- IDADES: So poderán participar os desportistas nados nos anos 2004, 2005 e 2006.
- PROTECCIÓNS: Son estrictamente obrigatorias e deberá aportarlas cada desportista: casco electrónico regulamentario (aportado pola organización), coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas e protección bucal, guantillas homologadas para protexer os pés e as mans (electrónicos), peto electrónico (aportado pola organización) e taloneiras electrónicas (cada deportista levará as súas).
- OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición. Tentarese facer 3 asaltos de 1´30” con descansos de 1´.
- ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
- UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
- PESOS :
CATEGORIAS MASCULINA FEMININA
P1 Minimosca – 45 Kg. – 42 Kg.
P2 Mosca 45 – 48 Kg. 42 – 44 Kg.
P3 Galo 48 – 51 Kg. 44 – 46 Kg.
P4 Pluma 51 – 55 Kg. 46 – 49 Kg.
P5 Lixeiro 55 – 59 Kg. 49 – 52 Kg.
P6 Super-Lixeiro 59 – 63 Kg. 52 – 55 Kg.
P7 Semi-Medio 63 – 68 Kg. 55 – 59 Kg.
P8 Medio 68 – 73 Kg. 59 – 63 Kg.
P9 Semi-Pesado 73 – 78 Kg. 63 – 68 Kg.
P10 Pesado + 78 Kg. + 68 Kg.
- TROFEOS:
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipas: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:
Ouro: 7 puntos.
Prata: 3 puntos.
Bronce: 1 punto.
NOTA: As medallas que se obteñan sen facer combate SÍ computarán. (Acordo da Asamblea Xeral do 03/03/01).
- ORGANIZACIÓN
- ORGANIZA o Clube INAE por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
- PESAXE: Venres día 9 (OBRIGATORIO ACUDIR CON TEST DE ANTÍXENOS NEGATIVO), provincia de:
Riveira: Club Natural Sport, de 17.00 a 19:00 horas.
A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 16:00 a 18:00 horas.
Marín: Ximnasio Mat´s de 16:00 a 17:00 horas.
Vigo: Ximnasio Seungsport. Rúa Travesía de Vigo, 36 interior.
De 16.30 a 18.00 horas.
Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas – Vilalba. De 17:00 a 18:00 horas.
Ourense: Ximnasio Couto. De 14:00 a 15:00 horas.
CGTD: Para deportistas do centro en horario habitual. Contactar con Jesús Benito. As solicitudes extraordinarias de pesaxe no centro, deberán ser xustificadas á Dirección de Arbitraxe.
As peticións de pesaxe, tanto no pavillón (unha hora antes da sesión correspondete) ou nos clubes distintos ás sedes oficiais, deberán solicitarse vía mail á Direccion de Arbitraxe, antes da publicación do listado definitivo de inscritos.
- SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o dia anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a arbitraxe@taekwondogalego.com – XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase media hora antes do inicio da competición no pavillón – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.
- COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09:00 horas CATEGORÍA MASCULINA, e ás 16:00 horas CATEGORÍA FEMININA.
- CONDICIÓNS ECONÓMICAS
- PERTENZA A CLUBE FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un clube afiliado á FGT na tempada 2021.
- RECLAMACIÓNS
- COMITÉ DE CAMPIONATO: Estará formado por:
Presidente: Director de arbitraxe.
Vocais: O delegado técnico, o director do clube organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.
- RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas que figuran no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facerse sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do clube. O IMPRESO DE RECLAMACIÓN PODE SOLICITARSE Ó DIRECTOR DE ARBITRAXE.
- Ó entregar a reclamación, pagarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o importe.
- Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao clube en todo-los actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso deporte, deberán de vestir correctamente, a ser posible con chándal, e en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.
OS CLUBES PODEN PROPOÑER A ÁRBITROS PARA A COMPETICIÓN A TRAVÉS DA PROPIA INSCRICIÓN PERO, SEGUNDO ACORDO DA ASAMBLEA, NON ESTÁN OBRIGADOS A FACELO. EN TODO CASO, SÍ ESTÁN OBRIGADOS A QUE O ÁRBITRO ASISTA Á COMPETICIÓN SE FOSE INSCRITO E CONVOCADO.
A Coruña, 20/06/2021.
O SECRETARIO XERAL
COVID-19 (medidas provisionales, se enviarán definitivas así como protocolo definitivo para test de antígenos).