Circular 15/2022
Espacio para avisos e sorteos:
- Dende o Departamento de Arbitraxe de Técnica informamos que os campionatos provinciais de exhibición de Coruña e Pontevedra darán comezo (ver cada sede) dos días 21 e 22 respectivamente.
- INSCRICION, HORARIOS, SORTEOS: https://www.dropbox.com/sh/5xw4plpi4wodplw/AADZIrQ4lZsYLgBsNbcC2eMha?dl=0
- AVISO IMPORTANTE: Dende o Departamento de Arbitraxe de Técnica informamos que o soporte no que deben entregar a música para as exhibicións de PONTEVEDRA, TEN QUE SER PENDRIVE. Moitas gracias.
DEPORTE ESCOLAR
FASE PROVINCIAL E AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN
HORARIO:
LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes:
A Coruña: SABADO 21/05/2022 – Pavillón Municipal de Betanzos – Organiza Clube Kwon Betanzos. COMEZO AS 09.30H.
Pontevedra: DOMINGO 22/05/22 – Pavillón Municipal do Pombal – Cambados – Organiza Clube Innae. COMEZO AS 09.00H.
Lugo: SABADO 21/05/2022 – Pavillón Municipal de TABOADA. Organiza clube Neka. COMEZO ÁS 09.00H.
Ourense: SABADO 21/05/2022 – A PARTIRES DAS 10 HORAS, PAVILLON DOS REMEDIOS, PISTA CENTRAL. OURENSE. Organiza clube Couto.
COMUNICARANSE PAVILLONS E DATAS DEFINITIVAS.
Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfs. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.com ).
As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ATA AS 13.00 HORAS DO 10/05/2022. Nesa data a inscrición pecharase e será definitiva sen posibilidade de cambios.
Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. OS DEPORTISTAS NON REXISTRADOS EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRADOS NA APLICACIÓN – OS CLUBES CONTAN CUN LISTADO ACTUALIZADO DE DEPORTISTAS MUTUALIZADOS.
O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.
CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN – EXHIBICIÓN INFANTIL E CADETE
A inscrición farase por equipo sen límite de participación – acordo asemblea xeral 2020. En caso de que un club teña varios equipos deberá inscribilos como equipo A, B e C. Os equipos estarán formados por 6 deportistas como mínimo e 9 como máximo e poderán inscribir 3 suplentes.
Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos indistintamente, pero que competirán xuntos.
– Os competidores de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.
– Los competidores participarán co mesmo grao que figuran en la inscrición.
CATEGORÍA INFANTIL (Categoría A): Nados en 2010 ata o 2013, coa posibilidade de poder inscribir un máximo de tres deportistas do ano 2014 por club, non por equipo.
*OS DEPORTISTAS QUE PARTICIPARAN NA CATEGORÍA CADETE NON PODERÁN PARTICIPAR NESTA CATEGORIA.
CATEGORÍA CADETE (Categoría B): Nados nos anos 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012 e 2013.
* Estas idades serán as que se terán en conta para o vindeiro campionato galego. Non se require grao mínimo para participar, pero sí se o equipo pretende clasificar para o cpto. de España. Amarelo /Laranxa.
CLASIFICACIÓN:
O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado, ou ouro, prata e bronces. ESTE ANO E DE FORMA EXCEPCIONAL, PASARÁN AO AUTONÓMICO TODOS OS EQUIPOS QUE SE PRESENTEN AOS PROVINCIAIS, da cordo co aprobado na Asemblea de este ano.
FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN
DATA: Sábado, 18 de XUÑO de 2022.
LUGAR: LUGAR: PAVILLON PRINCIPE FELIPE – PONTEVEDRA – ORGANIZA CLUBE TAEKANART.
Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.
CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado. ESTE ANO E DE FORMA EXCEPCIONAL, PASARÁN AO AUTONÓMICO TODOS OS EQUIPOS QUE SE PRESENTEN AOS PROVINCIAIS, da cordo co aprobado na Asemblea de este ano.
– Os competidores de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.
– Os competidores participarán co mesmo grao que figuran na inscrición.
A Coruña, 20/04/2022 Asdo. Juan Carlos Caínzos.- Secretario Xeral