AVISOS IMPORTANTES:

RESULTADOS

VER INSCRICION EN TEMPO REAL

HORARIOS E SORTEO

 

HORARIO: A partires das 09.00 horas (confirmarase horario). 

LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes os días 10 e 11/05/2025.

  • A Coruña: Domingo 11 – Irixoa – Organiza Han´s Horang-I.
  • Ourense: Sábado 10 – Ourense – Organiza Couto
  • Lugo: Sábado 10 en Taboada – Organiza Neka
  • Pontevedra: Sábado 10 – Caldas – Organiza Número Phi.

 

INSCRCICIÓN: As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ATA AS 13.00 HORAS DO 02/05/2025. Nesa data a inscrición pecharase e será definitiva sen posibilidade de cambios.

OS DEPORTISTAS TEÑEN QUE TER A LICENCIA E GRAO TRAMITADOS NA FGT CON ANTERIORIDADE. LEMBRAMOS QUE OS DEPORTISTAS SAIRÁN INSCRITOS CO GRAO QUE OSTENTAN NO MOMENTO DA INSCRICIÓN (REXISTRO DO NENO NA APP) E NON DO PECHE DE INSCRICIÓN.

 

@s competidor@s deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscrit@s en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. @S DEPORTISTAS NON REXISTRAD@S EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRAD@S NA APLICACIÓN – OS CLUBES CONTAN CUN LISTADO ACTUALIZADO DE DEPORTISTAS MUTUALIZADOS.

O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 

CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN – EXHIBICIÓN INFANTIL E CADETE.

A inscrición farase por equipo sen límite de participación – acordo asemblea xeral 2020. En caso de que un club teña varios equipos deberá inscribilos como equipo A, B e C. Os equipos estarán formados por 5 deportistas como mínimo e 12 como máximo e poderán inscribir 3 suplentes.

Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos indistintamente, pero que competirán xuntos.

– @s competidor@s de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.

 

  • CATEGORÍA INFANTIL (Categoría A): Nados dende 2013 e posteriores

*@S DEPORTISTAS QUE PARTICIPARAN NA CATEGORÍA CADETE NON PODERÁN PARTICIPAR NESTA CATEGORIA.

  • CATEGORÍA CADETE (Categoría B): Nados nos anos 2009 e posteriores

* Estas idades serán as que se terán en conta para o vindeiro campionato galego. Non se require grao mínimo para participar, pero sí se o equipo pretende clasificar para o cpto. de España. Amarelo /Laranxa.

 

CLASIFICACIÓN:

O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado, ou ouro, prata e bronces. 

 

 

FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN

 

DATA: Sábado, 24/05/2025.

LUGAR:  Pavillón Municipal de Redondela. Organiza Omnihum.

 

Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.

CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado.

 

– Os competidores de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.

 

A Coruña,     07/04/2025

Asdo. O Secretario Xeral

“Financiado pola Xunta de Galicia-Secretaría Xeral para o Deporte, a través do convenio de colaboración coas federacións deportivas galegas para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para o ano 2025”

Print Friendly, PDF & Email