Circular 16/2020.

 

DEPORTE ESCOLAR

CPTO. ESCOLAR DE TÉCNICA DE COMBATE ONLINE

HORA: A partires das 10.00 horas do 6 de xuño de 2020.

LUGAR: ONLINE.

VER TUTOTIAL PARA SUBIR O VIDEO: https://www.youtube.com/watch?v=1_j_Rmej9fc&feature=youtu.be

O enlace do video será enviado ó adestrador que debe rexistralo na propia inscrición.

 

VER TUTORIAL DAS PAUTAS TÉCNICAS A SEGUIR PARA ELABORAR OS VIDEOS:

https://www.dropbox.com/sh/kxpbn4uf7qs7hnj/AABzOnsnqL4bEV0KKhIULPkWa?dl=0

IMPORTANTE: CADA COMPETIDOR RECIBIRÁ 1 PUNTO A MAIORES POR EXERCICIO SE O REALIZA EN DOBOK.

 

INSCRCICIÓN: As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ata as 13.00 hr. do 26/05/2020

 

Os competidores de idade escolar (de 6 a 16 anos) deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. O resto de categorías xa contan co seguro federativo.

 

O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

CATEGORÍAS:

 

PREBENXAMÍN – Nad@s no 2014/2015/2016 (non se separa por pesos)

BENXAMÍN –  Nad@s no 2012/2013 (non se separa por pesos)

ALEVÍN –   Nad@s no 2010/2011 (non se separa por pesos)

INFANTIL –  Nad@s no 2008/2009 (inscrición en base ó peso aproximado)

CADETE –  Nad@s no 2006/2007 (inscrición en base ó peso aproximado)

XÚNIOR –  Nad@s no 2003/2004/2005 (inscrición en base ó peso aproximado)

 

REGULAMENTO ADAPTADO PARA MODALIDADE DE COMBATE:

Participación sen limitación – acordo asamblea xeral 2020.

MOI IMPORTANTE: Nas categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín non haberá separación por pesos. Nas categorías Infantil, Cadete e Xúnior, si se deberá facer a inscripción en base o peso aproximado d@ deportista.

Grao mínimo:

Para todas as categorias o grao mínimo e o branco,  tanto para a categoría masculina como feminina. 

PESOS – por favor, tede en conta os kg desta táboa para seleccionar o peso na inscrición web:

 

INFANTIL CADETE XUNIOR
Masculino e feminino Masculino Feminino Masculino Feminino
Minimosca -27 kgs -33 kgs -29 kgs -45 kgs -42 kgs
Mosca -30 kgs -37 kgs -33 kgs -48 kgs -44 kgs
Galo -33 kgs -41 kgs -37 kgs -51 kgs -46 kgs
Pluma -36 kgs -45 kgs -41 kgs -55 kgs -49 kgs
Lixeiro -40 kgs -49 kgs -44 kgs -59 kgs -52 kgs
Superlixeiro -44 kgs -53 kgs -47 kgs -63 kgs -55 kgs
Semimedio -48 kgs -57 kgs -51 kgs -68 kgs -59 kgs
Medio -52 kgs -61 kgs -55 kgs -73 kgs -63 kgs
Semipesado -57 kgs -65 kgs -59 kgs -78 kgs -68 kgs
Pesado +57 kgs +65 kgs +59 kgs +78 kgs +68 kgs

 

 Pesaxe:

Non haberá, son pesos orientativos.

Resumo regulamento. Enviaránse videos tutoriales cos exercicios, explicando a forma de puntuar nos propios vídeos.

 

REGULAMENTO

 

  • Adaptación a especial situación actual, e tratándose dun campionato on line, ampliánse as idades habituais de combate, elimínase a grao mínimo e suprímense as restriccións propias do regulamento escolar.
  • Esperamos, dende a FGT que sexa un campionato que fomente a participación masiva das nenas e nenos con un carácter principalmente lúdico.

 

TÓDOLOS DEPORTISTAS RECIBIRÁN UN DIPLOMA COA CLASIFICACIÓN OU PARTICIPACIÓN.

Calquera dúbida sobre a inscrición, unha vez lida a circular, pregamos se remita á dirección deportiva da FGT.

direcciondeportiva@taekwondogalego.gal  

A Coruña, 09/05/2020.

Print Friendly, PDF & Email