Circular 16/2023
DEPORTE ESCOLAR – FASE AUTONOMICA
CTO. GALEGO ESCOLAR TÉCNICA E FREESTYLE
Data: 27 de Maio de 2023
Lugar: MOAÑA – Pavillón O Rosal – https://goo.gl/maps/2ePocbf8TwnZEdZt6?coh=178571&entry=tt
Organiza: Club de Taekwondo Patiño
AVISOS IMPORTANTES NESTE ESPACIO:
HORARIOS, CLASIFICADOS E SORTEO PARA A FASE AUTONOMICA
HORARIO:
LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes os días 13 e 14/05/2023.
A Coruña: Domingo, 14 maio. Organiza Han´s Horang I – Pavillón Municipal de Irixoa https://g.co/kgs/y9djZM
Ourense: Sábado, 13 maio – Organiza Couto – Pavillón Municipal de Oira.
Lugo: Sábado, 13 maio – Organiza Neka – Pavillón Municipal de Taboada.
Pontevedra: Sábado 13 maio – Organiza Innae. Pavillon do Pombal – Cambados ( ver ubicación https://g.co/kgs/rHa6LL ). Para reserva de comidas poden contactar coa organización, Noelia, no 630110796, pois é probable que a hostalaría se atope saturada.
Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfs. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.com ).
CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN: Modalidade de TÉCNICA:
BENXAMÍN: 2015-2016 – GRAO MÍNIMO: BRANCO-AMARELO (RFET AMARELO). Poomsae 1ª ronda: 2º ou 3º a elixir.
ALEVÍN: 2013 – 2014 – GRAO MÍNIMO: AMARELO (RFET LARANXA). Poomsae 1ª ronda: 3º ou 4º a elixir.
INFANTIL: 2011-2012 – GRAO MÍNIMO: AMARELO-LARANXA (RFET VERDE). Poomsae 1º ronda; 4º ou 5º a elixir.
CADETE: 2009-2010 – GRAO MÍNIMO: LARANXA (RFET AZUL). Poomsae 1º ronda 5 ou 6º a elixir.
As seguintes categorías non optan ao nacional, xa que a RFET non as contempla:
XUVENIL: 2007-2008- GRAO MINIMO – LARANXA-VERDE. Pumse 1ª ronda: 6º ou 7º a elixir.
PARELLAS BENXAMIN: 2015-2016 – GRAO MÍNIMO – BRANCO-AMARELO. Poomsae 1ª ronda: 2º ou 3º a elixir.
PARELLAS ALEVÍN: 2013 – 2014 – GRAO MÍNIMO – AMARELO. Poomsae 1ª ronda: 3º ou 4º a elixir.
PARELLAS INFANTIL: 2011-2012 – GRAO MÍNIMO – AMARELO-LARANXA. Poomsae 1º ronda; 4º ou 5º a elixir.
PARELLAS CADETE: 2009-2010 – GRAO MÍNIMO – LARANXA. Poomsae 1º ronda 5 ou 6º a elixir
PARELLAS XUVENIL: 2007-2008- GRAO MINIMO – LARANXA-VERDE. Pumse 1ª ronda: 6º ou 7º a elixir.
TRIO BENXAMÍN: 2015-2016 – GRAO MÍNIMO – BRANCO-AMARELO. Poomsae 1ª ronda: 2º ou 3º a elixir.
TRIO ALEVÍN: 2013 – 2014 – GRAO MÍNIMO – AMARELO. Poomsae 1ª ronda: 3º ou 4º a elixir
TRIO INFANTIL: 2011-2012 – GRAO MÍNIMO – AMARELO-LARANXA. Poomsae 1º ronda; 4º ou 5º a elixir.
TRIO CADETE: 2009-2010 – GRAO MÍNIMO – LARANXA. Poomsae 1º ronda 5 ou 6º a elixir.
TRIO XUVENIL: 2007-2008- GRAO MINIMO – LARANXA-VERDE. Pumse 1ª ronda: 6º ou 7º a elixir.
Sen límite de participación por categorías (acordo de asamblea ano 2020), pero unha mesmo/a competidor/a so se poderá inscribir en dúas categorías.
A competición réxese polo regulamento oficial.- Lembrade que no regulamento actual os nenos fan eliminatoria e semifinal TODOS, sempre e cando haxa 9 competidores como mínimo, DOUS PUMSES NA FINAL, partindo de cero e que NON PODEN REPETIR PUMSE dunha ronda anterior, SALVO NA CATEGORÍA BENXAMIN QUE PODEN REPETIR OS DOUS POOMSAES DA FINAL.
Se algún/ha deportista clasifica nos primeiros postos do ranking, pero ten un grao inferior ao mínimo do regulamento da RFET, non optará ao nacional.
CLASIFICACIÓN.- O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provinciais os equipos participantes foran impares.
EN TODO CASO, COMO MÍNIMO, SEMPRE CLASIFICARÁN OS CATRO PRIMEIROS (OURO, PRATA E DOUS BRONCES).
As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ATA AS 13.00 HORAS DO 05/05/2023. Nesa data a inscrición pecharase e será definitiva sen posibilidade de cambios.
Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser FEDERADOS en tempo e forma na FGT, nos prazos indicados.
O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.
OS DEPORTISTAS DEBERAN ACREDITAR A SUA IDENTIDADE NO MOMENTO DA COMPETICIÓN SO NO AUTONOMICO CON DNI, PASAPORTE OU ACREDITACION DA FGT. No caso de non presentalo, deixarase participar ao competidor, pero quedará descalificado.
FREESTYLE INFANTIL: sen gradación mínima e DENTRO DA IDADE ESCOLAR (2007 – 2014)
Categorías:
INDIVIDUAL INFANTIL: (2011 – 2014)
- Masculino
- Feminino
TEMPO PARA FREESTYLE INFANTIL: Entre 50 y 70 sgs
INDIVIDUAL CADETE: (2007 – 2014)
- Masculino
- Feminino
TEMPO PARA FREESTYLE CADETE: Entre 50 y 100 sgs.
Aplicarase o regulamento vixente da Federación Española de Taekwondo para esta especialidade coas implantacións aprobadas pola territorial galega publicadas na páxina web da nosa Federación para este ano 2023.
SORTEO: Farase por este orde: o último en ser apuntado será o primeiro en saír, pero sempre respetando as posicións no ranking. Calquera dúbida, poñédevos en contacto con Esperanza Meilán en lualpanto@gmail.com
FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE TÉCNICA
DEPORTE ESCOLAR – FASE AUTONOMICA
CTO. GALEGO ESCOLAR TÉCNICA E FREESTYLE
Data: 27 de Maio de 2023
Lugar: MOAÑA – Pavillón O Rosal – https://goo.gl/maps/2ePocbf8TwnZEdZt6?coh=178571&entry=tt
Organiza: Club de Taekwondo Patiño
Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.
OS DEPORTISTAS DEBERAN ACREDITAR A SUA IDENTIDADE NO MOMENTO DA COMPETICIÓN SOLO NO AUTONOMICO CON DNI, PASAPORTE OU ACREDITACION DA FGT. No caso de non presentalo, deixarase participar ao competidor, pero quedará descalificado.
LEMBRAMOS A OBRIGA DE TER ÓS NENOS MUTUALIZADOS EN XOGADE.
Os adestradores deberán acudir con partes de accidente.
A Coruña, 25/04/2023.
O SECRETARIO XERAL