Circular 16/24. III Copa Ibérica Feminina Xunta de Galicia

CIRCULAR COMPLETA EN BREVE

AVISOS IMPORTANTES:

NOVAS DATAS

Inicio inscricións 1 setembro 2024

Fin inscricións 4 novembro 2024

WEB OFICIAL 

GUIA PARTICIPANTE

copafemeninatkd@gmail.com

VER CIRCULAR PDF

VER HORARIOS E SORTEO

 

 

III COPA IBÉRICA FEMININA DE TAEKWONDO

-CONCELLO DE MONDOÑEDO- TÉCNICA & COMBATE

 

INTRO:

A Copa Ibérica Feminina de taekwondo é unha competición federada na modalidade de taekwondo incluída no calendario oficial da F.G.T destinada a visibilizar o deporte feminino nun contexto integral. O evento nace da promoción deportiva do Club de Taekwondo Vilalba Jansu, a Federación Galega de Taekwondo e o Club Deportivo Biosbardo, sumándose o patrocinio privado de O Petisco así como a nivel institucional o Concello de Mondoñedo, a Deputación de Lugo e a SXpD da Xunta de Galicia.

Toda a información do evento, resultados, loxística, colaboradores, restauración, etc. estará aloxada oficialmente en www.taekwondofemenino.com

 

ARTIGO 1 – A COMPETICIÓN:

O evento despútase en xornada única. O sábado 30 de novembro terá lugar a modalidade de técnica en xornada matinal, sendo a xornada de tarde a destinada ás competicións de combate. Ámbalas dúas xornadas desputaranse no Pavillón Municipal de Mondoñedo, Cam. San Antonio, 27740: https://maps.app.goo.gl/iC2Wj6UwRLsoukTf8

 

ARTIGO 2 – CALENDARIO: INSCRICIÓNS:

Inicio inscricións 1 setembro 2024

Fin inscricións 4 novembro 2024

CUOTAS DE INSCRICIÓN:

Tramo libre: 1 setembro a 30 outubro – CUOTA DE 0€

Tramo “tuit chagui”: 31 outubro a 4 novembro – CUOTA DE 3€

COMPETICIÓN:

Venres 29 – Recepción de equipos, secretaría e acreditación Sábado 30 a partir das 8:30 – Competición de técnica Sábado 30 a partir das 15:00 – Competición de combate

 

ARTIGO 3 – CATEGORÍAS DE IDADE:

  • – Técnica. Serán as categorías oficiais da tempada 2024 para deporte escolar, dende prebenxamín ata xuvenil
  • – Idades e pesos oficiais das categorías WT para cadete e xuvenil máis Categorías OLÍMPICAS de combate absoluto.
  • – Excepcións cadetes: As deportistas de ‘último ano’ cadete poderán ser inscritas como xuvenís coa autorización técnica da súa adestradora.
  • – Unha mesma deportista non poderá duplicar inscrición nunha mesma
  • – Poderán inscribirse deportistas federadas en vigor de España, Portugal e Andorra con licenza 2024 en vigor.

 

ARTIGO 4 – PROTECCIÓNS:

Sistema de protección oficial de competición WT. O sistema do fabricante “Daedo” será o utilizado na competición, baixo o control das xuízas da FGT.

 

ARTIGO 5 – REGULAMENTO E SANCIÓNS:

Aplicación directa do regulamento en vigor WT, tendo potestade ante calquera dúbida ou reclamación o comité organizador, xunto coa dirección arbitral e técnica de cada xornada.

 

ARTIGO 6 – NORMATIVA EXCEPCIONAL

Tódalas deportistas, adestradoras e árbitros contarán con acreditación para o acceso ás zonas de competición. Será obrigatorio portar DNI en tódolos accesos a pista e zona de competición. O uso de pista e zona de competición será de persoal exclusivamente feminino.

A vulneración de calquera persoa inscrita na competición dos protocolos, tempos, ou estancias irregulares na pista será apercibida verbalmente ata un máximo de dúas ocasións.

O terceiro apercibimento será comunicado por escrito carrexando a descualificación parcial ou total do equipo.

 

ARTIGO 7 – SISTEMA DE VIDEO REPLAY

 

Aplicarase o regulamento en vigor. A organización velará polas posibles diferenzas cualitativas entre deportistas con especial atención á integridade, protección persoal e seguridade. A colexiada arbitral terá potestade para mediar e moderar posibles excesos atendendo a criterios de proporcionalidade, congruencia e igualdade, sendo a súa maior premisa a seguridade e benestar das deportistas.

 

ARTIGO 8 – INFORMACIÓN PARA COMATE:

  • – Cada área de combate terá visibles os números de zona e combate en execución en cada instante
  • – As competidoras do seguinte combate estará con antelación suficiente na zona de agarda respectiva, previo paso polo control de proteccións.
  • – O aforo máximo da zona de agarda será de 1 competidora por
  • – Cada equipo garantirá o número suficiente de adestradoras e ‘coach’ para

o transcurso da competición. Un número máximo de 2 chamadas unha vez finalizado

o combate precedente implicará como resultado derrota.

  • – Cada equipo designará unha capitanía técnica que deberá ser maior de idade, debidamente inscrita e que coordinará ás súas ‘coach’ (idade mínima 16 anos) así como coa titulación ou acreditación correspondente.
  • – As lesións de carácter leve poden ser atendidas pola adestradora con autorización da colexiada central.
  • – O protocolo e horarios de entrega de medallas publicarase a semana de competición, debendo de garantir cada equipo a asistencia á A organización facilitará a información coa antelación suficiente. A ausencia da deportista dará como consecuencia a pérda da medalla e tódolos seus puntos acadados no cómputo de clubs.

 

ARTIGO 9 – TEMPOS DE COMBATE:

Cadetes: 3 asaltos de 1’30’’ + descansos de 45’’

Xunior: 3 asaltos de 2’ + descansos de 50’’

Olímpicos: 3 asaltos de 2’ + descansos de 50’’

  • – A organización resérvase o dereito a realizar modificacións no apartado anterior atendendo a criterios organizativos, tendo obriga de comunicalo en tempo e

 

  • – O acceso á zona de competición será exclusivamente con calzado deportivo axeitado
  • – As reclamacións realizaranse por escrito, asinadas pola delegada do club reclamante, á atención da dirección do comité de competición previo depósito dunha taxa de 50€, que será devolto se a reclamación é validada.

 

ARTIGO 10 – PESAXE:

  • Venres 29 novembro – Mondoñedo – de 19 a 21 horas no pavillón de competición.
  • Outras opcións de pesaxe serán publicadas e comunicadas en tempo e forma, sempre visibles na web oficial do evento taekwondofemenino.com
  • Cada deportista deberá identificarse co seu DNI para o acceso do control
  • Cada competidora disporá de 2 intentos, cun máximo de 60’ entre ambos e dentro do tempo máximo habilitado en cada sede.
  • A organización resérvase o dereito a incorporar máis sedes, atendendo ó beneficio organizativo e da deportista que será comunicado con antelación
  • Aplicaranse as categorías de peso de regulamento WT

 

 

ARTIGO 11 – SORTEOS:

  • Os sorteos de combate realizaranse o luns 25 de novembro e serán aloxados na web da FGT e na web da organización.
  • A deportista que non supere o control quedará eliminada contando o seu combate como perdido (DNF)
  • O sorteo para a modalidade de técnica indicará a orde de acceso, realizándose dúas rondas en cada categoría segundo ó regulamento das competicións de ‘promoción’ aloxado no web da FGT.
  • A organización resérvase o dereito de realoxar ou reubicar deportistas en divisións de peso coa finalidade da execución de enfrontamentos atendendo a criterios de proporcionalidade. A realización do enfrontamento non será obrigatorio mais os puntos de vitoria do mesmo teranse en consideración.

 

ARTIGO 12 – DELEGADAS E ÁRBITROS:

Convocarase reunión media hora antes do inicio de cada competición.

 

Cada club deberá aportar obrigatoriamente dúas árbitros da maior categoría posible, facilitadas na folla de inscrición, coas seguintes dietas:

AN – 50€                   AR – 35€                   XC – 30€

AN TD 100€ + XANTAR     AR TD 70€ + XANTAR      XC TD 50€ + XANTAR

A manutención durante o evento será a cargo da organización

 

 

ARTIGO 13 – TROFEOS (TÉCNICA E COMBATE)

  • Medalla individual para as 4 primeiras clasificadas (ouro, prata e 2 bronces)
  • Trofeo para os 3 mellores equipos en cada xornada:
    • Técnica: 3 primeiros clubs
    • Combate cadete: 3 primeiros clubs
    • Combate xúnior: 3 primeiros clubs
    • Combate olímpico: 3 primeiros clubs
  • Baremo de resultados:
    • Ouro: 5 puntos
    • Prata: 3 puntos
    • Bronce: 1 punto
    • Combate gañado: 1 punto

 

ARTIGO 14 – COPA

O equipo con máis puntos no cómputo xeral será o gañador da III Edición segundo a baremación do art.13

A entrega do premio realizarase ó final do evento A dotación económica do premio será de 400€

Para a entrega de premios seguirase a normativa do art.8.

 

 

ARTIGO 15 – INSCRICIÓNS:

Na web oficial da FGT

 

 

ARTIGO 16 – DOCUMENTACIÓN:

Os clubs deberán remitir con anterioridade ó 20 de novembro de 2024 a través de correo electrónico copafemeninatkd@gmail.com a seguinte documentación:

  • Folla anexa asinada pola directora de
  • Copia do DNI da directora de club

 

  • Logo ou emblema oficial do club

Para calquera consulta poderán poñerse en contacto no teléfono +34 651577247 ou ben a través do enderezo electrónico de referencia exclusivamente. Durante as xornadas de sábados e domingos non se atenderán consultas telefónicas.

 

ARTIGO 17 – CONDICIÓNS ECONÓMICAS:

Inscrición de balde, realizada no primeiro tramo; custe de 3€ unha vez finalizado este. Calquera anomalía fóra de prazo obrará un recargo de 5€/deportista.

Entrada de balde

Realízase unha colaboración cunha asociación benéfica de carácter voluntario para o público presente.

 

ARTIGO 18 – CATEGORÍAS E PESOS

Tódalas categorías se validan por ano de nacemento

 

 

18.1  – TÉCNICA:

PREBENXAMÍN

 

2018 + 2019
B A
Ata amarelo/laranxa Laranxa e superiores
Ata T3* T2 e superiores

 

BENXAMÍN
2016 + 2017
C B A
Ata amarelo/laranxa Laranxa ata verde/axul Azul e superiores
Ata T3* T2 a T6 T5 e superiores

 

ALEVÍN
2014 + 2015
C B A
Ata amarelo/laranxa Laranxa ata verde/axul Azul e superiores
Ata T3 T2 a T6 T5 e superiores

 

 

INFANTIL
2012 + 2013
C B A
Ata amarelo/laranxa Laranxa ata verde/axul Azul e superiores
Ata T3 T2 a T6 T6 e superiores

 

CADETE
2010 + 2011
C B A
Ata amarelo/laranxa Laranxa ata verde/axul Azul e superiores
Ata T3 T2 a T6 T6 e superiores

 

XUNIOR
2008+2009
C B A
Ata amarelo/laranxa Laranxa ata verde/axul Azul e superiores
Ata T3 T2 a T7 T7 e superiores

 

O formato de técnica será en chave, mediante eliminatorias, realizando cada competidora dous exercizos dentro dos correspondentes ó seu grado, de libre elección, non podendo repetir.

*Excepcionalmente as categorías PrebenxamínB e BenxamínC estarán exentas do apartado anterior; sendo de máis valor unha variabilidade de execución.

** T = Taeguk

O xurado manifestará a gañadora mediante o sistema de cores (vermello e azul) co sistema de bandeiras tradicional, denominado elección directa. A gañadora será a que máis designacións reciba.

 

 

 

ARTIGO 18.B – COMBATE:

Pesos oficiais WT para a tempada 2024.

  • – Pesos cadete: pesos competición mundial

 

  • – Pesos xunior: pesos competición mundial
  • – Pesos absolutos: pesos de competición olímpicos absolutos

 

 

 

ARTIGO 19 – VARIOS

Toda deportista e club polo feito de inscribirse aceptan a toma, captura e divulgación de todo material audiovisual durante o evento con fins de promoción deportiva atendendo á lexislación vixente.

Todo o non reflexado na presente circular será determinado polos regulamentos da FGT, RFET e WT así como pola comisión de competición do campionato

 

 

Mondoñedo, 18 de agosto de 2024.

 

 

 

 

 

  1.  con     pasaporte    OU    DNI    Nº

                              en calidade de directora de club                                                        certifico que:

 

 

 

  • Competidoras, árbitros, entrenadoras y delegadas del mencionado club, están en posesión de la licencia federativa actual. Están en condiciones psicofísicas de afrontar el

 

  • Tengo guardado bajo mi tutela los certificados médicos, de ser el caso, responsabilizándome de que todo deportista se encuentra en condiciones óptimas para la práctica deportiva, y de que tienen seguro deportivo que les cubra cualquier tipo de lesión que pudiera producir.

 

 

  • Justificante del ingreso de la cuota de inscripción de ser el caso. (acompañar con la hoja de inscripciones)

 

  • Tengo guardado bajo mi tutela las pertinentes autorizaciones legales de los tutores, para desplazarse y participar en este campeonato los deportistas menores de edad.

 

 

 

Toda esta documentación podrá ser requerida por la organización, para comprobar su validez

 

 

 

Firma:

Print Friendly, PDF & Email