DEPORTE ESCOLAR
FASE PROVINCIAL E AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN
IMPORTANTE:
HORARIO: A partires das 09.00 horas (confirmarase horario).
LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes os días 25 e 26 de abril de 2026.
A Coruña: Sábado 25 – Tk Denodo. Pavillón Municipal de Milladoiro https://maps.app.goo.gl/9iD7q3aAZ9nXworRA
Ourense: Sábado 25 – Ourense – Organiza Couto
Lugo: Sábado 25 en Monforte Pavillón da Pinguela – Organiza Neka
Pontevedra: Domingo 26 – Ponteareas organiza Sport Factory.
COMUNICARANSE PAVILLONS E DATAS DEFINITIVAS. COMINICAMOS DATOS PROVISIONAIS.
INSCRCICIÓN: As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ATA AS 13.00 HORAS DO 17/04/2026. Nesa data a inscrición pecharase e será definitiva sen posibilidade de cambios.
OS DEPORTISTAS TEÑEN QUE TER A LICENCIA E GRAO TRAMITADOS NA FGT CON ANTERIORIDADE. LEMBRAMOS QUE OS DEPORTISTAS SAIRÁN INSCRITOS CO GRAO QUE OSTENTAN NO MOMENTO DA INSCRICIÓN (REXISTRO DO NENO NA APP) E NON DO PECHE DE INSCRICIÓN.
@s competidor@s deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscrit@s en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. @S DEPORTISTAS NON REXISTRAD@S EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRAD@S NA APLICACIÓN – OS CLUBES CONTAN CUN LISTADO ACTUALIZADO DE DEPORTISTAS MUTUALIZADOS.
O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.
CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN – EXHIBICIÓN INFANTIL E CADETE.
A inscrición farase por equipo sen límite de participación – acordo asemblea xeral 2020. En caso de que un club teña varios equipos deberá inscribilos como equipo A, B e C. Os equipos estarán formados por 5 deportistas como mínimo e 12 como máximo e poderán inscribir 3 suplentes.
Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos indistintamente, pero que competirán xuntos.
– @s competidor@s de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.
CATEGORÍA INFANTIL (Categoría A): Nados dende 2014 e posteriores
*@S DEPORTISTAS QUE PARTICIPARAN NA CATEGORÍA CADETE NON PODERÁN PARTICIPAR NESTA CATEGORIA.
CATEGORÍA CADETE (Categoría B): Nados nos anos 2010 e posteriores
* Estas idades serán as que se terán en conta para o vindeiro campionato galego. Non se require grao mínimo para participar, pero sí se o equipo pretende clasificar para o cpto. de España. Amarelo /Laranxa.
CLASIFICACIÓN:
O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado, ou ouro, prata e bronces.
FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN
DATA: Sábado, 09/05/2026.
LUGAR: A Coruña (cidade) confirmaremos pavillón.
Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.
CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado.
– Os competidores de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.
– A FGT poñerá a disposición dos equipos 20 mits negros dobres e 5 azuis dobres para a realización das exhibicións
A Coruña, 08/04/2026
Asdo. O Secretario Xeral








