CIRCULAR Nº 17 /2023
ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO DE EXHIBICIÓN DE HAPKIDO 2023
DESTINATARIO: TODOLOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS EN HAPKIDO DA FGT
AVISOS IMPORTANTES NESTE ESPACIO:
- A COMPETICIÓN:
- LUGAR: Pavillón Municipal de Oia. Paseo da praia Fluvial. Oia (Ourense).
- UBICACIÓN https://www.google.com/maps/place/Pavillón+de+Oira/@42.3561312,-7.8552751,17z/data=!3m1!4b1!4m6!3m5!1s0xd2fffb40a98c7a9:0x4eda4ceaaa49eb3b!8m2!3d42.3561312!4d-7.8526948!16s%2Fg%2F11h6mrqtw2?authuser=0
- DATA: Sábado, 20/05/2023.
- HORARIO: A partir das 10:30 da mañá (o horario podería modificarse en función do número de inscritos).
- INSCRIPCIÓNS:
- Na web da Federación Galega de Taekwondoantes das 13.00 h. do mércores día 17/05/2023 (NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DE PRAZO).
- As inscricións serán gratuítas.
MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN:
- Poderase participar en modalidade individual, por parellas ou tríos.
- Cada unha destas modalidade dividirase en cintos de color e cintos negros.
- Na categoría individual poderase participar con calquera participante independentemente da idade o club, sempre que teña licencia en vigor na FGT.
- CATEGORIAS DE PARTICIPACIÓN:
- INFANTIL: Ano de nacemento 2013 y posteriores
- CADETE: Ano de nacemento: 2009, 2010, 2011 e 2012
- JUNIOR: Ano de nacemento: 2006, 2007 e 2008
- SENIOR 1: Ano de nacemento: entre 2005 e 1993 (ambos inclusive)
- SENIOR 2: Ano de nacemento: entre 1983 e 1992 (ambos inclusive)
- MASTER 1: Ano de nacemento: entre 1973 e 1982 (ambos inclusive)
- MASTER 2: Ano de nacemento: entre 1972 e anteriores.
IMPORTANTE: Para saber a categoría na que se debe participar, se debe ter en conta a idade que cumpre no ano natural no que se celebra o campionato e non a idade no momento da celebración do mesmo.
- GRAO MÍNIMO DE PARTICIPACIÓN:
- Cinto BRANCO
- SISTEMAS DE COMPETICIÓN:
- Haberá unha única quenda de competición.
- Comezarán os infantís, cadetes e júniors. Despois, haberá un descanso de 15 minutos e a continuación participarán as categorías de adulto.
- TEMPOS PARA A EXHIBICIÓN:
- INDIVIDUAL: entre 1:30 e 1:40 min.
- PARELLAS: entre 1:50 e 2:10 min.
- TRIOS: entre 2:50 e 3:10
- CRITERIOS DE PUNTUACIÓN:
- La valoración de cada exhibición terá en conta:
- precisión y fluidez (b) dificultade (c) marcialidade (d) coreografía.
- A nota final de cada actuación se calculará facendo a suma das notas que marque cada xuíz/a eliminando previamente, a nota mais alta e a mais baixa das emitidas, e a esa suma deberán restarse as penalizacións nas que se incorra.
- DEDUCCIÓNS DE PUNTUACIÓN:
- Por cada 10 segundos por exceso o defecto do tempo previsto, deducirase 0,1 puntos.
- Todos os participantes deberán realizar polo menos unha técnica de golpeo (puño, cóbado o xeonllo), unha técnica de patada (pé ou tibia), unha técnica de proxección, unha técnica de luxación e unha técnica de control no chan. Por cada técnica non realizada por cada un dos participantes penalizará con 0,5 puntos.
- Desde que o xuíz principal da a entrada ao tapiz, os participantes dispoñerán dun máximo de 30 segundos para comezar. A partir de aí, cada 10 segundos penalizaranse con 0,1 puntos.
- A exhibición comezará co grito de “Shi-jak” e finalizará con grito de “Ba-ro”. En caso contrario, penaliza con 0,1 puntos por cada omisión.
- Será motivo de eliminación o uso de zapatillas, prendas axeas ao dobok, colares, reloxos, aneis ou pendentes.
- TROFEOS:
- Individual, parellas e tríos: Preseas para os tres primeiros clasificados.
- Por equipos: Suma das preseas obtidas por cada participante individual, parellas e tríos. As preseas de cada parella ou trío contabilízanse como unha única presea, dándolle:
- Ouro: 7 puntos.
- Plata: 3 puntos
- Bronce: 1 punto.
- EMPATES:
- Individual, parella e tríos:
- Se terá en conta a nota mais alta descartada.
- Se sigue o empate, a nota mais baixa
- Se sigue o empate o de menor grao de cinto.
- Se sigue o empate a idade.
- Equipos:
- O que teña menor número de membros.