ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO DE EXHIBICIÓN DE HAPKIDO 2025

DESTINATARIO: TODOLOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS EN HAPKIDO DA FGT

AVISOS IMPORTANTES:

 

VER INSCRICION EN TEMPO REAL

 

  1. A COMPETICIÓN:
  • LUGAR: Vigo
  • UBICACIÓN : Círculo mercantil de Vigo-Estrada das plantas, 131, 36313
    https://maps.app.goo.gl/wy5QcJ9vM7QocPzV8
  • DATA: Sábado, 31/05/2025.
  • HORARIO: A partir das 10:00 da mañá (o horario podería modificarse en función do número de inscritos).

 

  1. INSCRIPCIÓNS:
  • Na web da Federación Galega de Taekwondoantes das 13.00 h. do venres día 16/05/2023 (NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DE PRAZO).   
  • As inscricións serán gratuítas.

 

  1. CATEGORIAS DE PARTICIPACIÓN:
  • INFANTIL: Ano de nacemento 2015 y posteriores
  • CADETE: Ano de nacemento: 2011, 2012, 2013 e 2014
  • JUNIOR: Ano de nacemento: 2008, 2009 e 2010
  • SENIOR 1: Ano de nacemento: entre 2007 e 1995 (ambos inclusive)
  • SENIOR 2: Ano de nacemento: entre 1985 e 1994 (ambos inclusive)
  • MASTER 1: Ano de nacemento: entre 1975 e 1984 (ambos inclusive)
  • MASTER 2: Ano de nacemento: entre 1974 e anteriores.

 

  1. SISTEMA DE COMPETICIÓN:
  • Haberá unha única quenda de competición.
  • Comezarán os cintos negros. O remate, haberá un descanso de 10 minutos comezará as categorías promesas de adultos, infantís, cadetes e júniors

 

  1. REGLAMENTO DE COMPETICIÓN:

Seguirase o reglamento en vigor da RFET excepto:

Artigo 4.2.- Non será obrigatorio levar o escudo oficial do D.N.H.

Os competidores poderán participar con doboks de distinta cor.

Artigo 4.3.1, 4.3.2, 4.3.3 non serán de obrigado cumprimento.

Artigo 5.- Non haberá grado mínimo para participar na categoría promesas.

Artigo 10.1.- Non serán de obrigado cumprimento.

Artigo 10.4.- Ambas declaracións poderán ser realizadas polo capitán ou calquera outro

participante que se encontre dentro do tapiz nese momento.

Artigo 12.-  Si algún competidor finalmente accedera a área de exhibición con algún complemento

que non fose detectado antes da entrada pola mesa de inspección o polo seu coach, non

será descalificado, soamente se aplicará una dedución de 0,5 p.

Artigo 16, 18, 19 e 20.- Non será de obrigado cumprimento.

 

  1. TROFEOS:
  • Individual, parellas, tríos e grupos: Preseas para os catro primeiros clasificados.
  • Por equipos: Suma das preseas obtidas por cada participante individual, parellas e tríos. As preseas de cada parella ou trío contabilízanse como unha única presea, dándolle:
    • Ouro (1º clasificado): 7 puntos.
    • Plata (2º clasificado): 3 puntos

Bronce (3º e 4º clasificado): 1 punto.

 

“Financiado pola Xunta de Galicia-Secretaría Xeral para o Deporte, a través do convenio de colaboración coas federacións deportivas galegas para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para o ano 2025”

 

Print Friendly, PDF & Email