CIRCULAR Nº 18/2021

 

ASUNTO: COPA DEPUTACIÓN E XUNTA DE GALICIA DE TÉCNICA

Fases Provinciais – Infantís e Adultos E AUTONÓMICA

AVISOS IMPORTANTES:

 

 

CLASIFICADOS PARA COPA XUNTA DE GALICIA – 12/12/2021 (PENDENTE DE CONFIRMAR LUGAR) –

AVISO IMPORTANTE: Dende o Departamento de Arbitraxe de Técnica informamos de que, nas fases provinciais das Copas Deputación, houbo deportistas que fixeron poomsaes por riba do límite establecido ao seu grado, e, polo tanto, posiblemente, ao poñerlles a nota mínima na revisión, non pasaran o corte para o autonómico. POR FAVOR, MIRADE O BAREMO DE POOMSAES QUE PODEN REALIZAR ANTES DE ASIGNAR OS QUE TEÑEN QUE FACER. Para facilitarvos esta xestión, adxuntamos folla de información que tendes no regulamento do campionato.

https://www.dropbox.com/s/1ge7tyuqel9wwr5/CLASIFICADOS%20COPA%20XUNTA.ods?dl=0

 

 

HORARIOS E SORTEOS: https://www.dropbox.com/sh/9zgi03s90y1v2og/AADAkxMMJFkiGtlE3de9Hp0-a?dl=0

POR ACORDO DA ORGANIZACIÓN E PARA AXILIZAR O EVENTO DEBIDO Á GRAN PARTICIPACIÓN, TODOS OS INSCRITOS DEBERÁN COMPETIR CON MÁSCARA INDEPENDENTEMENTE DA SÚA IDADE. 
NON É PRECISO FACER TEST DE ANTÍXENOS. 

SALVO MODIFICACIÓNS DAS MEDIDAS PREVENTIVAS PARA CONTER A CONVID19 QUE POIDERAN APLICARSE PARA  DETER A SÚA EXPANSIÓN, PERMITIRASE O ACCESO DE PUBLICO AOS PAVILLÓNS ONDE SE CELEBREN AS COPAS DEPUTACION, PERO E FUNDAMENTAL SEGUIR ESTAS NORMAS PARA O BO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE:

– PERMANECER SENTADO NA GRADA COA MASCARILLA POSTA EN TODO MOMENTO (NON SE PODE COMER NIN BEBER)
– ESTAR O TEMPO ESTRICTAMENTE NECESARIO, E DICIR, CANDO @ COMPETIDOR/A REMATE A SUA EXECUCION DEBERA ABANDOAR A INSTALACION CO PUBLICO QUE LLE CORRESPONDA (salvo que teña algún familiar pendente de participar)
– LEVAR DE ACOMPAÑANTE NO PUBLICO O MENOR NÚMERO DE PERSONAS POSIBLES (CUN MÁXIMO DE 3 OU MAIS NO CASO DE MENORES

Debido ás condicións meteorolóxicas actuais, informamos que nas fases provinciais da Copa Deputación, permitirase o uso de camiseta ou xerxei de colo alto nos nenos e nenas que así o desexen. Moitas gracias.

 

CIRCULAR Nº 18/2021

 

ASUNTO: COPA DEPUTACIÓN E XUNTA DE GALICIA DE TÉCNICA

Fases Provinciais – Infantís e Adultos E AUTONÓMICA

 

DESTINATARIO: TÓDOLOS CLUBES E XIMNASIOS.

Pola presente convócase a tódolos clubes das provincias para a celebración da COPA DEPUTACIÓN DE TAEKWONDO – FASES PROVINCIAIS Categorías Infantil e Adultos.

 

NOTA IMPORTANTE.- OS DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NA COMPETICIÓN CO GRAO QUE CONSTA NO SISTEMA CANDO SE INSCRIBEN NA COMPETICIÓN. NON É POSIBLE MODIFICALO DE XEITO MANUAL.

 

A competición desenvolverase seguindo a normativa aprobada en Asamblea Xeral de 2017, incluíndo a non limitación de participantes. Están vixentes as modificacións aprobadas na Asamblea Xeral de febreiro de 2017.

 

(VER REGULAMENTO ADXUNTO).

 

Poderán participar tódolos deportistas federados pertencentes a clubes dados de alta e que estean ó corrente das súas obrigas coa Federación Galega de Taekwondo.

 

Os organizadores das fases provinciais deberán de comunica-los resultados da competición no luns seguinte á celebración á FGT (POR MAIL). A omisión de ditas comunicacións implicará a imposibilidade de participar na COPA XUNTA DE GALICIA DE TÉCNICA (11/12/2021 – XXXXX).

 

As inscripcións deberán de ser cursadas (ANTES DAS 13.00 horas DO 26 DE OUTUBRO) a través da aplicación web. Cada clube deberá custodiar as autorizacións paternas dos competidores, que deberá poñer a disposición da FGT se fosen requeridas.

NON ESTÁ ACTIVADO O FILTRO DE GRAO POLO QUE PREGAMOS TEÑAN EN CONTA A CIRCULAR PARA INSCRIBIR ÓS DEPORTISTAS SEGUNDO AS IDADES E GRAOS CORRESPONDENTES. OS DEPORTISTAS ASIGNARANSE Á SUBCATEGORÍA POSTERIORMENTE, EN FUNCIÓN DO GRAO.

 

Este evento CELEBRARASE OS DÍAS 6 E 7 DE NOVEMBRO DE 2021, a partires
das 09.30 horas, NAS SEGUINTES LOCALIDADES:
DÍA 6 – A CORUÑA – ORGANIZA TK DENODO EN TEO – Pavillón municipal dos Tilos, Teo: https://goo.gl/maps/ddN4Dr9cGiA5PzfP8
DÍA 7 – PONTEVEDRA – ORGANIZA OMNIHUM EN Pavillón Municipal da Marisma https://goo.gl/maps/6FABCcDJudyBgjSz6
DÍA 6 – OURENSE – ORGANIZA COUTO.
DÍA 6 – LUGO – ORGANIZA VALERICS EN PAVILLÓN CASTRO RIBERAS DO LEA – CASTRO DE REI. TKD ENODO https://maps.app.goo.gl/QecnFVhsHQxkC7hE6

*Aportaranse datos completando os lugares e horarios se fose preciso.

 

 

 

  1. CATEGORÍAS:

 

A Copa de Técnica contará de dúas categorías:

 

1.1. AMATEUR

 

1.1.1 Copa Deputación (de ambito provincial)

 

1.1.2 Copa Xunta de Galicia (de ámbito autonómico). Accederán a ela un tercio da participación real de cada categoría da Copa Deputación de cada provincia, se houbera menos de 12 participantes clasificarán os catro primeiros.

 

1.2. COMPETITIVA

 

Puntuable / clasificatorio para os Campeonatos de España (Presentación DNI obligatorio na fase AUTONOMICA)

 

1.2.1. Copa Deputación Infantil (de ambito provincial).

 

1.2.2. Copa Xunta de Galicia de Técnica Infantil (de ámbito autonómico). Accederán a ela a metade da participación real en cada categoría da Copa Deputación de cada provincia, se houbera menos de 8 participantes clasificarán os catro primeiros.

 

1.2.3. Copa Xunta de Galicia de Técnica Adulto (de ámbito autonómico). Lembrade que non hai competición de parellas nin tríos.

 

 

  1. NORMATIVA DE PARTICIPACIÓN

2.1 A participación será individual.

2.2 A indumentaria dos participantes será exclusivamente Dobok e Ti

 

2.3 CATEGORÍA AMATEUR:

Poderán participar en categoría AMATEUR: tódolos deportistas de categoría infantil (ata 14 anos cumpridos no ano en curso) con licencia federativa en vigor e que pertenzan a un clube federado; así como na categoría de adultos poderán participar tódolos deportistas federados que teñan 14 ou máis anos cumpridos no ano en curso.

Os deportistas que participen en categoría Amateur non poderán participar en Categoría Competitiva e os deportistas que participen en infantil tampouco poderán participar na categoría de adultos.

O número de participantes na Copa Deputación Amateur será ilimitado. Á Copa Xunta Amateur accederán a un tercio da participación real en cada categoría da Copa Deputación de cada provincia, sempre clasificándose mínimo os catro primeiros.

 

2.3.1. CATEGORÍAS:

2.3.1.1 As categorías A, B e C infantil serán mixtas.

2.3.1.2. As categorías D e E dividiranse en Feminina e Masculina cada unha delas.

2.3.1.3. CATEGORIAS INFANTIS AMATEUR

A-Dividiranse en cinco grupos de idade que se computarán por ano natural.

  1. Categoría A: ata 6 anos cumpridos no ano en curso
  2. Categoría B: de 7 a 8 anos cumpridos no ano en curso

iii. Categoría C: de 9 a 10 anos cumpridos no ano en curso

  1. Categoría D: de 11 a 12 anos cumpridos no ano en curso
  2. Categoría E: de 13 a 14 anos cumpridos no ano en curso
  3. Cada categoría subdividirase segundo os graos nas seguintes sucategorías:
  4. Categoría A
  5. A1: branco e branco-marelo
  6. A2: marelo e marelo-laranxa
  7. A3: laranxa e laranxa-verde
  8. Categoría B
  9. B1: branco, branco-marelo e marelo
  10. B2: marelo-laranxa, laranxa e laranxa-verde
  11. B3: verde e verde-azul

iii. .Categoría C

  1. C1: branco, branco-marelo e marelo
  2. C2: marelo-laranxa e laranxa
  3. C3: laranxa-verde e verde
  4. C4: verde-azul e azul
  5. C5: azul-vermello e vermello
  6. Categoría D (Subcategorías Feminina e Masculina)
  7. D1: branco, branco-marelo e marelo
  8. D2: marelo-laranxa, laranxa e laranxa-verde
  9. D3: verde e verde-azul
  10. D4: azul, azul-vermello e vermello
  11. D5: 1º Pum
  12. Categoría E (Subcategorías Feminina e Masculina)
  13. E1: branco, branco-marelo e marelo
  14. E2: marelo-laranxa, laranxa e laranxa-verde
  15. E3: verde e verde-azul
  16. E4: azul, azul-vermello e vermello
  17. E5: 1º e 2º Pum

Os deportistas que accedan á Copa Xunta terán que facelo na mesma categoría na

que participaron na Copa Deputación da súa provincia.

 

 

2.3.1.4. CATEGORÍAS DE ADULTOS AMATEUR

  1. Dividiranse en catro grupos de idade que se computarán por ano natural.

Diferenciaranse as subcategorías Feminina e Masculina.

  1. Categoría A: de 14 a 17 anos cumpridos no ano en curso
  2. Categoría B: de 18 a 30 anos cumpridos no ano en curso

iii. Categoría C: de 31 a 40 anos cumpridos no ano en curso

  1. Categoría D: 41 anos ou máis cumpridos no ano en curso

B.. Cada categoría subdividirase segundo os graos nas seguintes subcategorías:

  1. Categoría A
  2. A1: branco e marelo
  3. A2: laranxa e verde
  4. A3: azul e marrón
  5. A4: 1º, 2º e 3º Pum
  6. A5: 1º e 2º Dan
  7. Categoría B
  8. B1: branco e marelo
  9. B2: laranxa e verde
  10. B3: azul e ,vermello
  11. B4: 1º e 2º Dan
  12. B5: 3º Dan e superiores

iii. Categorías C e D: subdividiranse de xeito igual á categoría B

Os deportistas que accedan á Copa Xunta terán que facelo na mesma categoría na

que participaron na Copa Deputación da súa provincia.

 

2.3.2. PUMSES CATEGORÍA AMATEUR

A realización dos pumse terá en conta os límites establecidos polo seguinte baremo:

  1. Categorías Infantis
  2. Branco Taeguk I Chang
  3. Amarelo Taeguk Sam Chang
  4. Laranxa Taeguk Sa Chang
  5. Verde Taeguk Yuk Chang
  6. Azul Taeguk Chil Chang
  7. Vermello Taeguk Pal Chang
  8. 1º, 2º Pum Koryo

Os graos intermedios tomarán como referencia o pumse establecido para o

grao inmediatamente inferior.

  1. Categoría de Adultos
  2. Branco e Amarelo Taeguk Sam Chang
  3. Laranxa e Verde Taeguk Yuk Chang
  4. Azul e Vermello Taeguk Pal Chang
  5. 1º, 2º e 3º Pum Kumgang
  6. 1º e 2º Dan Taebek
  7. 3º Dan e sup. Ilyo

 

2.4. CATEGORÍA COMPETITIVA:

 

2.4.1. Copa Deputación e Copa Xunta de Galicia de Técnica Infantil

 

2.4.1.1. CATEGORÍAS INFANTÍS COMPETITIVAS

 

Grados mínimos

BENJAMIN: Amarillo

ALEVIN: Laranxa

INFANTIL: Verde

CADETE INFANTIL: Azul

 

Pasan dos provinciais ao autonómico: 1/3 DA PARTICIPACIÓN REAL e sempre os 4 primeiros.

 

 

AVISO:

 

OS CINTURONS MARRONS DA CATEGORÍA COMPETITIVA, TEÑEN QUE LLEVAR O CINTURÓN VERMELLO!!!!

 

Os clubes poderán inscribir 3 competidores por categoría e sexo. Só se permite a participación en representación de clubes afiliados á FGT (clube principal e asociados, non ESCOLAS EXTERNAS).

Como o campeonato é puntuable para o ano seguinte haberá que inscribir aos deportistas na categoría que competirán durante a tempada do ano seguinte (EX: un neno que en novembro aínda é prebenxamín de último ano, anotarase xa como benxamin para que poida puntuar de cara a súa temporada que será en categoría benxamín) 

 

A competición réxese polo regulamento oficial

 

2.4.1.2. CLASIFICACIÓN:

O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provinciais os equipos participantes foran impares.

EN TODO CASO, COMO MÍNIMO, SEMPRE CLASIFICARÁN OS CATRO PRIMEIROS (OURO, PRATA E DOUS BRONCES).

 

2.4.2. Copa Xunta de Galicia de Técnica Adulto (de ámbito só autonómico) Poderán inscribirse un máximo de tres deportistas por categoría e clube.

Poderán participar tódolos deportistas federados que ostenten como mínimo o 1º Pum  ou 1º Dan. A inclusión nas categorías farase por ano natural.

 

A competición réxese polo regulamento oficial

 

2.4.2.1. CATEGORÍAS ADULTOS COMPETITIVAS (IDADES NO ANO 2022)

 

Cadete Masculino de 12 a 14 anos DE 2008 A 2010

Cadete Femenino de 12 a 14 anos DE 2008 A 2010

Junior Masculino de 15 a 17 anos DE 2005 A 2007

Junior Femenino de 15 a 17 anos DE 2005 A 2007

Sénior 1 Masculino Menos de -30 anos (18-30 anos)  DE 1992 A 2004

Sénior 1 Femenino Menos de -30 anos (18-30 anos) DE 1992 A 2004

Sénior 2 Masculino Menos de -40 anos (31-40 anos) DE 1982 A 1991

Sénior 2 Femenino Menos de -40 anos (31-40 anos) DE 1982 A 1991

Master 1 Masculino Menos de -50 anos (41-50 anos) DE 1972 A 1981

Master 1 Femenino Menos de -50 anos (41-50 anos) DE 1972 A 1981

Master 2 Masculino Menos de -60 anos (51-60anos) DE 1962 A 1980

Master 2 Femenino Menos de -60 anos (51-60anos) DE 1962 A 1980

Master 3 Masculino Menos de -65 anos (61-65 anos) DE 1957 A 1961

Master 3 Femenino Menos de -65 anos (61-65 anos) DE 1957 A 1961

Master 4 Masculino Más de 65 (66 anos o más) DE 1956 Y ANTERIORES

Master 4 Femenino Más de 65 (66 anos o más) DE 1956 Y ANTERIORES

 

  1. AREA DE COMPETICIÓN
  2. O tamaño da área de competición adaptarase ás necesidades do evento. En todo caso será tapiz de competición.
  3. O número de áreas de competición será establecido polos organizadores en funcións do número de participantes e xuices dispoñibles.

 

  1. SISTEMA DE COMPETICIÓN
  2. A orde de participación decidirase por sorteo, TENDOSE EN CONTA O POSTO NO RANKING NA MODALIDADE COMPETITIVA
  3. Os deportistas da categoría Amateur realizarán dúas rondas sen que a primeira sexa eliminatoria. Os deportistas da categoría Competitiva seguirán o regulamento oficial tanto na categoría infantil como adulto. Infantil: tres pumses con nota sumatoria das tres rondas. Os adultos realizarán dous pumses por ronda. NAS CATEGORIAS SENIOR 1 E SENIOR 2 FARASE A COMPETICION POR ENFRENTAMENTOS SEMPRE E CANDO HAXA COMO MÍNIMO 6 PARTICIPANTES NA CATEGORÍA.
  4. Os nenos e nenas da categoría Amateur A poderán realizar na primeira ronda un Kibón (kicho) en caso de que non coñezan dous pumse.
  5. Para o resto das categorías realizarase obrigatoriamente un pumse diferente en cada ronda.

 

  1. SISTEMA DE ARBITRAXE
  2. O xurado estará composto por cinco xuices de cadeira (puidendose modifica-lo número de xuices nas fases provinciais polas necesidades de organización). O xuices será inscritos polos clubes participantes nas fases provinciais, enviando as súas nominacións a Esperanza Meilán lualpanto@gmail.com e serán nominados pola FGT na fase autonómica.
  3. O uniforme será o establecido para as competicións de técnica: camisa branca, pantalón gris, americana azul mariño, corbata azul e calzado deportivo branco.
  4. Os xuíces puntuadores serán nominados, preferentemente, entre os titulados e colexiados.
  5. Unha mesma categoría será valorada polo mesmo equipo de xuíces ata finalizar.

 

  1. SISTEMA DE PUNTUACIÓN:

 

6.1. AMATEUR

  1. A puntuación será sobre un máximo de 10 tendo en conta que cada número enteiro se pode dividir en décimas.
  2. A puntuación será amosada ó xuiz anotador inmediatamente despois de finaliza-la súa actuación cada deportista e amosada ó público xirando a carpeta de puntación.
  3. Terase en conta o grao de dificultade do pumse executado en función do grao do deportista.
  4. Eliminaranse a puntuación máis alta e máis baixa das 5 para suma-los totais das outras 3 puntuación e obte-la nota final.
  5. No caso de que haxa menos de 5 xuices non se eliminará ninguna puntuación.
  6. En caso de empate valoraranse as puntuacións eliminadas (a máis alta e a mais baixa). Se continúa o empate resolverase a favor do deportista con menor graduación. No caso de persisti-lo empate resolverase a favor do deportista máis novo na categoría infantil e do de maior idade na categoría de adultos, salvo na categoría A, que será tamén o menor.
  7. O baremo para aplica-la puntuación será fixado polo Comité Organizador e será o mesmo para toda a competición.

 

6.2. COMPETITIVO

Aplicarase o regulamento WTF.

 

  1. PROCEDEMENTO DE PROTESTA
  2. As protestas presentaranse por escrito, previo pago de trinta (30) €uros e soamente se aceptarán as relativas a erros na suma das puntuacións.
  3. Nos casos non relacionados no presente regulamento tomarase como subsidiario o Regulamento Disciplinario da FGT.

 

 

Para calquera consulta relativa a este evento, poñerse en contacto con Dn. Noelia Pérez, Directora Técnica da FGT. Teléfono: 620550900 ou con Esperanza Meilán 600550618.

 

A Coruña, 03/10/2021.

 

O SECRETARIO XERAL

 

Juan Carlos Caínzos Gómez

 

NOTAS IMPORTANTES – LER

 

É importante que cada clube participante aporte dous árbitros que deberán inscribirse a través da aplicación web e SOBRE TODO remitir os nomes a Esperanza Meilán lualpanto@gmail.com , para a realización deste evento,  Notifiquen o nome dos árbitros confirmando asistencia ó organizador por correo electrónico. En caso de baixa, a responsabilidade de ter sustituto é do clube participante.

Prégase a todo-los directores de clubes que manteñan unha actitude acorde cos obxetivos da actividade: de Promoción do Taekwondo, positiva, de ánimo e apoio á todo-los participantes deixando nun segundo plano a rivalidade deportiva neste evento que quere ser unha Festa do Taekwondo.

 

OS CLUBES DEBERÁN CUSTODIAR AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS DOS MENORES (ASÍ O CERTIFICAN COA INSCRICIÓN) E POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT SE LLE FOSEN REQUERIDAS, INCLUSO DESPOIS DA COMPETICIÓN DURANTE UN PRAZO MÁXIMO DE 30 DÍAS.

 

 

 

 

 

ASUNTO: COPA XUNTA DE GALICIA DE TAEKWONDO

FASE AUTONÓMICA

11/12/2021  –  BUEU. PAVILLON DE BELUSO.

Print Friendly, PDF & Email