DEPORTE ESCOLAR – FASE PROVINCIAL – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE
AVISOS IMPORTANTES:
CPTO. GALEGO ESCOLAR (FASES PROVINCIAIS) – Horarios e distribución das categorías de combate.
PROVINCIA DE LUGO (Sábado 10/06/2023):
– Dende as 10:00 horas: CADETE, PRECADETE E INFANTIL.
A COMPETICIÓN DESENVOLVERASE EN 1 PISTA.
UBICACIÓN DO PAVILLÓN: https://g.co/kgs/ibToze
PROVINCIA DE A CORUÑA (Sábado 10/06/2023):
– Dende as 9:30 horas: CADETE E PRECADETE.
– Dende as 15:30 horas: INFANTIL.
A COMPETICIÓN DESENVOLVERASE EN 4 PISTAS.
UBICACIÓN DO PAVILLÓN: https://goo.gl/maps/i7RujWZ4WM4XoviS6
PROVINCIA DE PONTEVEDRA (Domingo 11/06/2023):
– Dende as 10:00 horas: CADETE E PRECADETE.
– Dende as 16:00 horas: INFANTIL.
A COMPETICIÓN DESENVOLVERASE EN 5 PISTAS.
UBICACIÓN DO PAVILLÓN: https://goo.gl/maps/4MX2jZtcRZNVBdi68
AVISOS IMPORTANTES:
Os competidores cadete, precadete e infantil deberán asistir co seu propio casco con protector facial incorporado.
Os cambios de peso na realización da pesaxe permitiranse:
– Antes de subir á báscula para realizar o primeiro turno da pesaxe oficial.
– Despóis de realizar o segundo turno da pesaxe oficial.
A primeira pesaxe que realice o deportista contará sempre como pesaxe de proba. No caso de ser apto na pesaxe de proba rexistrarase ese peso como oficial.
HORA: A partires das 09.00 horas os días 10 e 11 de xuño de 2023 (previsiblemente a continuación do cpto. de exhibición).
LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes:
LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes:
A Coruña: SABADO 10/06/23 – Organiza Tk Denodo – Pavillón do Milladoiro – https://goo.gl/maps/i7RujWZ4WM4XoviS6
Pontevedra: DOMINGO 11/06/2023 – Organiza Taekanart – Pavillón Principe Felipe.
Lugo: SABADO 10/06/2023 – Organiza Valerics – Casa do Deporte. Avda. Infanta Helena – Lugo. https://g.co/kgs/J6YCZ6
Ourense: SABADO 10/06/2023 – Organiza Couto – Pavillón dos Remedios.
*poderían darse cambios en función das inscricións.
Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfnos. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.es ).
INSCRCICIÓN: As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ata as 13.00 hr. do 31/05/2023.
OS DEPORTISTAS TEÑEN QUE TER A LICENCIA E GRAO TRAMITADOS NA FGT CON ANTERIORIDADE.
Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. OS DEPORTISTAS NON REXISTRADOS EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRADOS NA APLICACIÓN.
O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.
- CADETE: nados nos anos 2009 – 2010. – grao mínimo LARANXA.
- PRECADETE: nados nos anos 2011 -2012.- grao mínimo AMARELO.
- INFANTIL: nados nos anos 2013 – 2014.- grao mínimo AMARELO.
REGULAMENTO ADAPTADO PARA MODALIDADE DE COMBATE:
Participación sen limitación – acordo asamblea xeral 2020. En caso de que se inscriban deportistas cun peso corporal que non estea recollido nas categorías preexistentes e sempre que se xunten catro ou máis competidores nese ratio de peso poderase abrir unha nova categoría. En caso contrario integraranse
na categoría inmediatamente superior.
Grao mínimo:
Para as categorias precadete e infantil o grao mínimo e o amarelo, tanto para a categoría masculina como feminina.
Para a categoría cadete o grao mínimo é o laranxa.
PESOS – por favor, tede en conta os kg desta táboa para seleccionar o peso na inscrición web:
INFANTIL E PRECADETE | CADETE | ||
Masculino e feminino | Masculino | Feminino | |
Minimosca | -27 kgs | -33 kgs | -29 kgs |
Mosca | -30 kgs | -37 kgs | -33 kgs |
Galo | -33 kgs | -41 kgs | -37 kgs |
Pluma | -36 kgs | -45 kgs | -41 kgs |
Lixeiro | -40 kgs | -49 kgs | -44 kgs |
Superlixeiro | -44 kgs | -53 kgs | -47 kgs |
Semimedio | -48 kgs | -57 kgs | -51 kgs |
Medio | -52 kgs | -61 kgs | -55 kgs |
Semipesado | -57 kgs | -65 kgs | -59 kgs |
Pesado | +57 kgs | +65 kgs | +59 kgs |
Pesaxe:
Realizarase para todas as fases provinciais o venres 09/06/2023 nas sedes oficiais da FGT:
Ribeira: Clube Natural Sport. De 17:00 a 19:00 horas.
A Coruña: Clube Garrapucho. De 16:00 a 18:00 horas.
Marín: Clube Mat’s. De 15:30 a 17:30 horas.
Vigo: Clube Seungsport. De 16:00 a 18:00 horas.
Lugo: Clube Valerics. De 16:00 a 18:00 horas.
Ourense: Clube Couto. De 13:00 a 15:00 horas.
A pesaxe rexerá-se polo: REGULAMENTO FGT DE PESAXE E SORTEO DE CATEGORÍAS
Resumo regulamento. En liñas xerais aplicarase o regulamento en vigor publicado pola WT, e en consecuencia pola RFET e FGT, pero segundo as categorías, aplicaranse unas normas “especiais” que garantan a seguridade dos deportistas e o seu desenrolo na especialidade.
TAEKWONDO | ALEVÍN E INFANTIL | CADETE |
MODALIDADE DE COMBATE | ||
Nº e duración asaltos | 3 x 1´ | 3×1´30” |
Tempo descanso | 30” | 45” |
Área de competición | 6x6mts / 8x8mts | 8x8mts |
Golpeos permitidos | Todos | Todos |
Penalizacións |
Penalizase o exceso de forza no golpeo ao casco | Regulamento
WT |
Valor das accións |
Regulamento WT |
Regulamento WT |
Proteccións | Todas incluindo o casco con máscara facial | Todas incluindo o casco con máscara facial. |
Exclusións |
Ver regulamento |
Ver regulamento |
Arbitraxe:
Aplicaráse o regulamento WT vixente coas adaptacións pertinentes en cada categoría.
O uniforme dos árbitros será o oficial da FGT (camisa branca da FGT, garabata azul da FGT, americana azul marino, pantalón gris e zapatillas de deportivas brancas).
REGULAMENTO
- Idades regulamentarias de deporte escolar (alevín, infantil e cadete) e pesos oficiais.
- Grao mínimo, cinturón amarelo para alevín e infantil e cinturón laranxa para cadete.
- Excluir a tod@s @s medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais tipo Open de España ou similares, Campionatos de España, sexan de seleccións ou de clubes en calqueira categoría).
- Excluir a tod@s @s membros das distintas seleccións galegas en campionatos oficiais excepto Open de España (Openes internacionais fora das nosas fronteiras ou Campionato de España).
- Excluir a tod@s @s deportistas que ocupen as duas primeiras posicións reais do ranking, en calqueira categoría, na data do peche da inscripción (non se teñen en conta deportistas que se atopen competindo en outros pesos, e polo tanto corren a posición ó seguinte).
- Admitir, e polo tanto permitir a participación de medallistas nacionais ou internacionais en categorías infantil ou alevín, cando por idade sexan cadetes, pero non poderán participar en categoría alevín ou infantil.
EN CANTO AO RESTO DOS MEDALLISTAS E OUTROS COMPETIDORES CON UN NIVEL DE COMPETICIÓN RELEVANTE, PREGAMOS ABSOLUTA PRUDENCIA E RIGOR POR PARTE DOS ADESTRADORES Á HORA DE FACELA INSCRICIÓN E NO MESMO CAMPIONATO.
NON ESQUEZADES QUE SE TRATA DE DARLLE ABSOLUTA PROTECCIÓN E SEGURIDADE A TODO-LOS NENOS PARTICIPANTES.
CLASIFICACIÓN:
O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares, ou ouro, prata e bronces sempre.
Calquera dúbida sobre a inscrición, unha vez lida a circular, pregamos se remita á dirección deportiva da FGT
direcciondeportiva@taekwondogalego.gal
FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE.
DATA: Modificada a domingo 18 de XUÑO de 2023 (acordo de comisión delegada).
LUGAR: Organiza Clube Jansu. Pavillón Municipal de Mondoñedo.
Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.
CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares.
A Coruña, 04/05/2023.