DEPORTE ESCOLAR
FASE PROVINCIAL – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE – XUNTA DE GALICIA
AVISOS IMPORTANTES:
HORA: A partires das 09.00 horas nas datas indicadas a continuación (os horarios poderán sufrir modificacións en función do nº de inscritos).
LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes e Concellos:
- A Coruña: DOMINGO 10/05/26. Pazo dos Deportes Riazor-A Coruña. Organiza clube Sung.
- Pontevedra: SABADO 16/05/2026 – Pavillón Municial de Bueu – Pontevedra. Organiza clube Ssiu.
- Ourense: SABADO 16/05/2026 –Pavillón Anexo Os Remedios – Ourense – Organiza Clube Couto.
- Lugo: DOMINGO 17/05/2026 – Casa do deporte Lugo – Organiza Valerics.
*poderían darse cambios en función das inscricións.
Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfnos. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.es ).
INSCRCICIÓN: As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ata as 13.00 horas do LUNES 04/05/2026.
OS DEPORTISTAS TEÑEN QUE TER A LICENCIA E GRAO TRAMITADOS NA FGT CON ANTERIORIDADE. LEMBRAMOS QUE OS DEPORTISTAS SAIRÁN INSCRITOS CO GRAO QUE OSTENTAN NO MOMENTO DA INSCRICIÓN (REXISTRO DO NENO NA APP) E NON DO PECHE DE INSCRICIÓN.
Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. OS DEPORTISTAS NON REXISTRADOS EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRADOS NA APLICACIÓN.
O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.
- CADETE: nados nos anos 2012 – 2013. – grao mínimo BRANCO.
- PRECADETE: nados nos anos 2014 -2015.- grao mínimo BRANCO.
- INFANTIL: nados dende o ano 2016.- grao mínimo BRANCO.
REGULAMENTO ADAPTADO PARA MODALIDADE DE COMBATE:
Participación sen limitación – acordo asamblea xeral 2020. En caso de que se inscriban deportistas cun peso corporal que non estea recollido nas categorías preexistentes e sempre que se xunten catro ou máis competidores nese ratio de peso poderase abrir unha nova categoría. En caso contrario integraranse
na categoría inmediatamente superior.
PESOS:
| INFANTIL | PRECADETE | CADETE | ||
| Masculino e feminino | Masculino e feminino | Masculino | Feminino | |
| P0 | – 23 kg | -24 kg | ||
| P1 | -26 kg | -27 kg | -33 kg | -29 kg |
| P2 | -29 kg | -30 kg | -37 kg | -33 kg |
| P3 | -32 kg | -33 kg | -41 kg | -37 kg |
| P4 | -35 kg | -36 kg | -45 kg | -41 kg |
| P5 | -38 kg | -40 kg | -49 kg | -44 kg |
| P6 | -41 kg | -44 kg | -53 kg | -47 kg |
| P7 | -44 kg | -48 kg | -57 kg | -51 kg |
| P8 | -47 kg | -52 kg | -61 kg | -55 kg |
| P9 | -50 kg | -57 kg | -65 kg | -59 kg |
| P10 | –53 kg | +57 kg | +65 kg | +59 kg |
| P11 | +53 kg | |||
Pesaxe de categorías:
VENRES 08/05/2026 PARA AS PROVINCIAS DE:
- A CORUÑA
VENRES 15/05/2026 PARA A PROVINCIA DE:
- PONTEVEDRA
- OURENSE
- LUGO
Realizarase nas sedes oficiais da FGT (baixo diretrices da FGT https://fgt.org.es/portal/index.php/2021/04/27/sedes-oficiais-e-normativa-de-pesaxe/):
- Marín: Gimnasio Mat´s de 15:30 a 17:30 horas
- A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 16:00 a 18:00 horas
- Riveira: Gimnasio Natural Sport de 16:15 a 18:15 horas
- Ourense: Centro deportivo Couto de 13:00 a 15:00 horas
- Vigo: Kae Sport de 16:00 a 18:00 horas
- Lugo: Gimnasio Valerics de 16:00 a 18:00 horas
- Gimnasio Jansu de 16:00 a 18:00 horas
Resumo regulamento. En liñas xerais aplicarase o regulamento en vigor publicado pola WT, e en consecuencia pola RFET e FGT, pero segundo as categorías, aplicaranse unas normas “especiais” que garantan a seguridade dos deportistas e o seu desenrolo na especialidade.
| TAEKWONDO | INFANTIL E PRECADETE | CADETE |
| MODALIDADE DE COMBATE | ||
| Nº e duración asaltos | 3 x 1´ | 3×1´30” |
| Tempo descanso | 30” | 45” |
| Área de competición | 6x6mts / 8x8mts | 8x8mts |
| Golpeos permitidos | Todos | Todos |
|
Penalizacións |
Penalizase o exceso de forza no golpeo ao casco | Regulamento
WT |
|
Valor das accións |
Regulamento WT |
Regulamento WT |
| Proteccións | Todas incluindo o casco con máscara facial | Todas incluindo o casco con máscara facial. |
|
Exclusións |
Ver regulamento |
Ver regulamento |
Arbitraxe:
Aplicaráse o regulamento WT baixo diretrices FGT vixente coas adaptacións pertinentes en cada categoría.
REGULAMENTO DO CAMPIONATO: https://fgt.org.es/portal/index.php/2021/04/27/regulamento-campionato-galego-promesas-e-escolar/
EN CANTO AO RESTO DOS MEDALLISTAS E OUTROS COMPETIDORES CON UN NIVEL DE COMPETICIÓN RELEVANTE, PREGAMOS ABSOLUTA PRUDENCIA E RIGOR POR PARTE DOS ADESTRADORES Á HORA DE FACELA INSCRICIÓN E NO MESMO CAMPIONATO.
NON ESQUEZADES QUE SE TRATA DE DARLLE ABSOLUTA PROTECCIÓN E SEGURIDADE A TODO-LOS NENOS PARTICIPANTES.
CLASIFICACIÓN:
O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares. Clasifican sempre todos os medallistas.
Calquera dúbida sobre a inscrición, unha vez lida a circular, pregamos se remita á Dirección Deportiva da FGT e Dirección de Arbitraxe de Combate.
direcciondeportiva@taekwondogalego.gal
FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE.
DATA: Domingo, 31 DE MAIO de 2026.
LUGAR: Organiza Malamia. Pavillón Municipal de Barraña. BOIRO.
Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais.
Pesaxe de categorías FASE AUTONÓMICA: VENRES 29/05/2026
A Coruña, 20/04/2026.
O SECRETARIO XERAL








