Circular 19/2023
DEPORTE ESCOLAR – FASE PROVINCIAL E AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN
AVISOS IMPORTANTES:
VER INSCRICION, HORARIOS E SORTEOS
Horario exhibición provincial Coruña: 09:00
Horario exhibición provincial Pontevedra: 09:00
Aviso importante ctos provinciais de exhibición: A FGT decidiu que todas as exhibicións dos provinciais pasen ao campionato autonómico, ainda que dita decisión non exime aos equipos da obriga de participar no cto da súa provincia. Moias gracias.
HORARIO: a partires das 09.00 horas en cada provincia (horario provisional; a primeira hora exhibición, seguido de combate).
LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes:
A Coruña: SABADO 10/06/23 – Organiza Tk Denodo – Pavillón do Milladoiro – https://goo.gl/maps/i7RujWZ4WM4XoviS6
Pontevedra: DOMINGO 11/06/2023 – Organiza Taekanart – Pavillón Principe Felipe.
Lugo: SABADO 10/06/2023 – Organiza Valerics – Casa do Deporte. Avda. Infanta Helena – Lugo. https://g.co/kgs/J6YCZ6
Ourense: SABADO 10/06/2023 – Organiza Couto – Pavillón dos Remedios.
*poderían darse cambios en función das inscricións.
Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfs. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.com ).
As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ATA AS 13.00 HORAS DO 31/05/2023. Nesa data a inscrición pecharase e será definitiva sen posibilidade de cambios.
@s competidor@s deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscrit@s en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. @S DEPORTISTAS NON REXISTRAD@S EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRAD@S NA APLICACIÓN – OS CLUBES CONTAN CUN LISTADO ACTUALIZADO DE DEPORTISTAS MUTUALIZADOS.
O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.
CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN – EXHIBICIÓN INFANTIL E CADETE
A inscrición farase por equipo sen límite de participación – acordo asemblea xeral 2020. En caso de que un club teña varios equipos deberá inscribilos como equipo A, B e C. Os equipos estarán formados por 5 deportistas como mínimo e 12 como máximo e poderán inscribir 3 suplentes.
Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos indistintamente, pero que competirán xuntos.
– @s competidor@s de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.
– @s competidor@s participarán co mesmo grao que figuran na inscrición.
CATEGORÍA INFANTIL (Categoría A): Nados en 2011 ata o 2016.
*@S DEPORTISTAS QUE PARTICIPARAN NA CATEGORÍA CADETE NON PODERÁN PARTICIPAR NESTA CATEGORIA.
CATEGORÍA CADETE (Categoría B): Nados nos anos 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015 e 2016.
* Estas idades serán as que se terán en conta para o vindeiro campionato galego. Non se require grao mínimo para participar, pero sí se o equipo pretende clasificar para o cpto. de España. Amarelo /Laranxa.
CLASIFICACIÓN:
O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado, ou ouro, prata e bronces.
FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN
DATA: Modificada a domingo 18 de XUÑO de 2023 (acordo de comisión delegada).
LUGAR: Organiza Clube Jansu. Pavillón Municipal de Mondoñedo.
Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.
CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado.
– Os competidores de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.
– Os competidores participarán co mesmo grao que figuran na inscrición.
A Coruña, 05/05/2023 Asdo. O Secretario Xeral