CIRCULAR Nº 02/2020

DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO MASCULINO E FEMININO 

 

  1. A COMPETICIÓN

 

  • LUGAR: Pavillón da Pinguela. Estrada de Sober, s/n, 27400 Monforte de Lemos, Lugo
  • DATA: Sábado, 18 de xaneiro de 2020.
  • HORÁRIO: A partires das 09.00 hr. (PROBABLEMENTE SE CELEBRE COMBATE EN HORARIO DE MAÑÁ E TÉCNICA EN HORARIO DE TARDE. CALQUERA CAMBIO SERÁ COMUNICADO).

 

  1. NORMAS TÉCNICAS

 

  • INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2020, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso. INSCRICIÓNS NO SISTEMA WEB – LÍMITE 13:00 horas do 10/01/2020. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DE PRAZO.

 

  • GRAO MÍNIMO:

Masculino: cinto AZUL.

Feminino: cinto AZUL.

  • DOCUMENTACIÓN:
    • Autorización paterna de todo-los participantes que quedará custodiada polo clube. Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.
  • IDADES: So poderán participar os desportistas dos ANOS 2003 E ANTERIORES.
  • PROTECCIÓNS: Son estrictamente obrigatorias as protección oficiais regulamentarias.
  • OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
  • ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
  • UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, garavata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.

 

 

  • PESOS

CATEGORIAS              MASCULINA             FEMININA

Mini-mosca                  – 54 kg.                        – 46 kg.

Mosca                         54 – 58                        46 – 49

Galo                            58 – 63                        49 – 53

Pluma                           63 – 68                         53 – 57

Lixeiro                          68 – 74                         57 – 62

Super-lixeiro                 74 – 80                         62 – 67

Medio                          80 – 87                         67 – 73

Pesado                        + 87 Kgs.                    + 73 Kgs.

 

  • TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:

Ouro: 7 puntos

Prata: 3 puntos

Bronce: 1 punto.

Nota: As medallas que se obteñan sen facer combate sí computarán.

 

  1. ORGANIZACIÓN

 

  • ORGANIZA: Clube NEKA, por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  • PESAXE: Venres día 17, provincia de:

Riveira: Club Natural Sport, ÁS 17.00 horas.

A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 17:00 a 18:00 horas.

Marín: Ximnasio Mat´s de 16:00 a 17:00 horas.

Vigo: Ximnasio Seungsport. Rúa Travesía de Vigo, 36 interior.

De 16.30 a 18.00 horas.

Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas – Vilalba. De 17:00 a 18:00 horas.

Ourense: Ximnasio Couto. De 14:00 a 15:00 horas.

 

  • SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a Juan C. Quintana arbitraxe@taekwondogalego.com
  • XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase SEGUNDO CONVOCATORIA DO DEPARTAMENTO no pavillón – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.
  • COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09.00 horas.
  • TODO-LOS CLUBES PARTICIPANTES DEBERÁN NOMINAR UN ÁRBITRO, DO QUE SE INDICARÁN OS DATOS NO SISTEMA DE INSCRICIÓN, informando ó director de arbitraxe en arbitraxe@taekwondogalego.com

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 

  • PERTENZA A CLUBE FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2020.
  • TÉCNICOS: Os que actuen como coach deberán estar inscritos no impreso electrónico oficial e colexiados.

 

  1. RECLAMACIÓNS:
  • COMITÉ DE CAMPIONATO: Estará formado por:

Presidente: D. Juan Carlos Quintana Domínguez.

Vocais: O director do clube organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.

  • RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas que figuran no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facerse sempre por escrito, no impreso correspondiente e asinadas polo delegado oficial do club.

Ao entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), dos que se entregará o correspondiente recibo. No caso de que a reclamación sexa considerada, devovelrase o importe. O IMPRESO DE RECLAMACIÓN PODE SOLICITARSE Ó DIRECTOR DE ARBITRAXE.

  • Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todo-los actos do campeonato. Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, a ser posible con chándal, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servicio de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.

 

A Coruña, 02/01/2020.

Print Friendly, PDF & Email