CIRCULAR Nº 02/2023
DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS
ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO MASCULINO E FEMININO
AVISOS IMPORTANTES NESTE ESPACIO:
VER INSCRICIÓN CON CABEZAS DE SERIE
Horarios de combate (domingo 15/01/2023):
– Dende as 9:30 as 14:00 horas.
UBICACIÓN DO PAVILLÓN: https://goo.gl/maps/L6zFinMmU2uo8Miu7
- A COMPETICIÓN
- LUGAR: Pavillón Municipal da Raña. Rúa A Raña, s/n. Marín.
- DATA: Domingo, 15 de xaneiro de 2023.
- HORÁRIO: De 9 a 14 horas (provisional, poidera modificarse por razóns de organización).
- NORMAS TÉCNICAS
- INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2023, poderán presentar un equipo masculino e un feminino. INSCRICIÓNS NO SISTEMA WEB – LÍMITE 13:00 horas do 09/01/2023. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DE PRAZO.
- GRAO MÍNIMO:
Masculino: cinto AZUL.
Feminino: cinto AZUL.
- DOCUMENTACIÓN:
- Autorización paterna de todo-los participantes que quedará custodiada polo clube. Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.
- IDADES: So poderán participar os desportistas dos ANOS 2006 E ANTERIORES.
- PROTECCIÓNS: Son estrictamente obrigatorias as protección oficiais regulamentarias.
- OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
- ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
- UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca da FGT, garavata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
- IMPRESCINDIBLE ACUDIR Á COMPETICIÓN COA CORRESPONDENTE ACREDITACIÓN. DEBERÁNSE ACTUALIZAR OS DATOS DE CONTACTO E FOTOGRAFÍA, ANTES DE DESCARGALA.
- PESOS
CATEGORIAS MASCULINA FEMININA
Mini-mosca – 54 kg. – 46 kg.
Mosca 54 – 58 46 – 49
Galo 58 – 63 49 – 53
Pluma 63 – 68 53 – 57
Lixeiro 68 – 74 57 – 62
Super-lixeiro 74 – 80 62 – 67
Medio 80 – 87 67 – 73
Pesado + 87 Kgs. + 73 Kgs.
- TROFEOS:
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:
Ouro: 7 puntos
Prata: 3 puntos
Bronce: 1 punto.
Nota: As medallas que se obteñan sen facer combate sí computarán.
- ORGANIZACIÓN
- ORGANIZA: Clube MATS, por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
- PESAXE: Sábado, 14 de xaneiro de 2023:
Riveira: Club Natural Sport, de 11:30 a 13:30 horas.
A Coruña: Gimnasio Garrapucho, de 12:00 a 14:00 horas.
Marín: Ximnasio Mat´s, de 11:30 a 13:30 horas.
Vigo: Ximnasio Seungsport. Rúa Travesía de Vigo, 36 interior,
de 12.00 a 14.00 horas.
Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas – Vilalba, de 11:00 a 13:00 horas.
Ourense: Ximnasio Couto, de 12:00 a 14:00 horas.
OS HORARIOS DAS SEDES DE PESAXE CORRESPONDERÁN CO DISPOSTO NA PRESENTE CIRCULAR, NON COS HORARIOS DESCRITOS NA NORMATIVA DE PESAXE DA FGT.
PÓDESE ATOPAR A NORMATIVA DE PESAXE DA FGT NO SEGUINTE ENLACE: https://fgt.org.es/portal/index.php/2021/04/27/sedes-oficiais-e-normativa-de-pesaxe/
- SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a arbitraxe@taekwondogalego.com
- XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase SEGUNDO CONVOCATORIA DO DEPARTAMENTO.
- COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09.00 horas.
- A convocatoria de árbitros será realizada pola dirección de arbitraxe. Non é preciso nominar árbitros. Calquera consulta podedes dirixila a arbitraxe@taekwondogalego.com
- CONDICIÓNS ECONÓMICAS
- PERTENZA A CLUBE FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2023.
- TÉCNICOS: Os que actuen como coach deberán estar inscritos no impreso electrónico oficial e colexiados.
- RECLAMACIÓNS:
- COMITÉ DE SUPERVISIÓN DO CAMPIONATO (CSC): Estará formado por:
Presidente: Director de Arbitraxe.
Vocais: O Director Deportivo, O director do clube organizador e dous técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición ademáis.
- RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas que figuran no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facerse sempre por escrito, no impreso correspondiente e asinadas polo delegado oficial do club.
Ao entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), dos que se entregará o correspondiente recibo. No caso de que a reclamación sexa considerada favorable polo (CSC), devovelrase o importe. O IMPRESO DE RECLAMACIÓN PODE SOLICITARSE Ó DIRECTOR DE ARBITRAXE.
- Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todo-los actos do campeonato. Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, a ser posible con chándal, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servicio de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.
A Coruña, 27/12/2022.
O SECRETARIO XERAL