DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO MASCULINO E FEMININO 2026 – XUNTA DE GALICIA 

 AVISOS IMPORTANTES:

  • O CLUBE KAESPORT, ORGANIZADOR POR DELEGACIÓN DA FGT, AGASALLA A CADA UN DOS PARTICIPANTES CUNHA CAMISETA. RESULTA IMPRESCINDIBLE REALIZAR A INSCRICIÓN ANTES DAS 13.00H DO DÍA 6 PARA PODER PEDIR A TALLA CORRESPONDENTE. PREGAMOS EN OBSERVACIÓNS SE INDIQUE EXCLUSIVAMENTE A REFERENCIA DA TALLA SENDO AS SEGUINTES: S / M / L / XL / XXL. INTENTARASE AXUSTAR A ENTREGA Á PETICIÓN INDICADA EN PRAZO. OS REXISTROS POSTERIORES A ESTE PRAZO NON TERÁN GARANTIDA A TALLA SOLICITADA POR CUESTIÓNS DE PRAZOS DE FABRICACIÓN. GRACIAS.
  • VER INSCRICION EN TEMPO REAL
  • VER ACTA PESAXE E CABEZAS DE SERIE
  • VER SORTEO

 

 

  1. A COMPETICIÓN

 

  • LUGAR: PAVILLON MUNICIPAL DE GOIAN. AVDA. PIO TRONCOSO. 36750 TOMIÑO. ( https://maps.app.goo.gl/R1h22xMFbNUZQDeX6  )
  • DATA: Sábado, 17 de xaneiro de 2026.
  • HORÁRIO: De 9 a 14 horas (provisional, poidera modificarse por razóns de organización).

 

  1. NORMAS TÉCNICAS

 

  • INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2026, poderán presentar un equipo masculino e un feminino. INSCRICIÓNS NO SISTEMA WEB – LÍMITE 13:00 horas do 12/01/2026. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DE PRAZO.

 

  • GRAO MÍNIMO:

Masculino: cinto AZUL.

Feminino: cinto AZUL.

  • DOCUMENTACIÓN:
    • Autorización paterna de todo-los participantes que quedará custodiada polo clube. Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.
  • IDADES: So poderán participar os desportistas dos ANOS 2009 E ANTERIORES.
  • PROTECCIÓNS: Son estrictamente obrigatorias as protección oficiais regulamentarias.
  • OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WT, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
  • ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor, da WT e Diretrices FGT.
  • IMPRESCINDIBLE ACUDIR Á COMPETICIÓN COA CORRESPONDENTE ACREDITACIÓN. DEBERÁNSE ACTUALIZAR OS DATOS DE CONTACTO E FOTOGRAFÍA, ANTES DE DESCARGALA.

 

  

  • PESOS

CATEGORIAS              MASCULINA             FEMININA

Mini-mosca                   – 54 kg.                        – 46 kg.

Mosca                          54 – 58                        46 – 49

Galo                             58 – 63                        49 – 53

Pluma                          63 – 68                         53 – 57

Lixeiro                          68 – 74                         57 – 62

Super-lixeiro                 74 – 80                         62 – 67

Medio                           80 – 87                         67 – 73

Pesado                        + 87 Kgs.                    + 73 Kgs.

 

  • TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:

Ouro: 7 puntos

Prata: 3 puntos

Bronce: 1 punto.

Nota: As medallas que se obteñan sen facer combate sí computarán.

 

  1. ORGANIZACIÓN

 

  • ORGANIZA: Clube KAESPORT, por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  • MEDIANTE NORMATIVA FGT: Venres, 16 de xaneiro de 2026:

 

Sedes de pesaje oficiales:

  • Marín: Gimnasio Mat´s de 15:30 a 17:30 horas
  • A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 16:00 a 18:00 horas
  • Ribeira: Gimnasio Natural Sport de 16:15 a 18:15 horas
  • Ourense: Centro deportivo Couto de 13:00 a 15:00 horas
  • Vigo: Kae Sport de 16:00 a 18:00 horas
  • Lugo: Gimnasio Valerics de 16:00 a 18:00 horas
  • Vilalba: Gimnasio Jansu de 16:00 a 18:00 horas
  • CGTD: CGTD de 11:45 a 13:45 horas (exclusivo para deportistas del centro)

 

Normativa: https://fgt.org.es/portal/index.php/2021/04/27/sedes-oficiais-e-normativa-de-pesaxe

 

CALQUERA ACTUALIZACION QUE AFECTE Á COMPETICIÓN EN BASE Ó NOVO REGULAMENTO DE COMBATE SERÁ REMITIDA POLO DEPARTAMENTO DE ARBITRAXE E INCORPORADA Á CIRCULAR.

 

  • SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a arbitraxe@taekwondogalego.com
  • XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase SEGUNDO CONVOCATORIA DO DEPARTAMENTO.
  • COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09.00 horas.
  • A convocatoria de árbitros será realizada pola dirección de arbitraxe. Non é preciso nominar árbitros. Calquera consulta podedes dirixila a arbitraxe@taekwondogalego.com

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 

  • PERTENZA A CLUBE FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2026.
  • TÉCNICOS: Os que actuen como coach deberán estar inscritos no impreso electrónico oficial e colexiados.

 

 

  1. RECLAMACIÓNS:

 

  • COMISIÓN DE CAMPIONATO (CC): https://fgt.org.es/portal/index.php/2023/03/08/902/
  • RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas que figuran no Regulamento da Comisión de Campionato da FGT.
  • Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todo-los actos do campeonato. Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, a ser posible con chándal, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servicio de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.

 

A Coruña, 30/12/2025.

 

O SECRETARIO XERAL

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email