Circular 20/2019
DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES AFILIADOS. MODALIDADES DE TAEKWONDO E HAPKIDO
ASUNTO: Curso de Titulación de Adestradores – ANO 2019 – NIVEIS I, II E III. – CONVOCATORIA.
ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE ADESTRADORES DE NIVEL I, II E III.
DATA LÍMITE PARA PRESENTAR DOCUMENTACIÓN E PAGO – 20/06/2019 – NON SE ADMITIRÁN DOCUMENTACIÓNS FORA DE PRAZO. AS DOCUMENTACIÓN DEBERÁN VIR ASINADAS EN ORIXINAL.
Os cursos impartiranse seguindo a resolución 18447 de 26 de outubro de 2011 do Consello Superior de Deportes e de acordo co establecido na Orde EDU/3186/2010, de 7 de decembro (BOE Núm. 282 – Mércores 23 de novembro de 2011 – Sec. III – Páx. 124207 / 124222), e do RD1788/2011 e posteriores actualizacións. (VER WEB DO CSD).
MOI IMPORTANTE, RESUME XERAL DOS REQUISITOS DE ACCESO:
Requisito común a todo-los nivéis: CERTIFICADO DE BLOQUE COMÚN APROBADO + TÍTULO DO NIVEL ANTERIOR Ó QUE SE MATRICULA – PARA O CASO DO NIVEL II E III.
NIVEL- I: 16 ANOS CUMPRIDOS + GRADUADO EN ESO OU EQUIVALENTE + 1º DAN ou recoñecemento DGAN.
NIVEL – II: NIVEL I SUPERADO + 2º DAN ou recoñecemento DGAN en vigor.
NIVEL III – NIVEL II SUPERADO + 3º DAN
(AS COMPETENCIAS DE CADA NIVEL ESTÁN REFLEXADAS NA LEXISLACIÓN DE REFERENCIA).
Cuotas BLOQUE ESPECÍFICO:
NIVEL I – 380 EUROS (*)
NIVEL II – 460 EUROS (*)
NIVEL III – 610 EUROS (*)
* A cuota NON ten incluido o diploma da RFET. Os deportistas que desexen solicitalo deberán abonar este título a maiores – Importe: Nivel I – 180eu / Nivel II – 200 eu / Nivel III – 250 eu. (ESTE DIPLOMA É OPCIONAL POIS O TÍTULO SERÁ EXPEDIDO OFICIALMENTE POLA XUNTA DE GALICIA).
Datas do bloque ESPECÍFICO – presencial: EN BREVE INFORMAREMOS DE HORARIOS E DATAS ADAPTADOS A CADA UN DOS NIVEIS CO FIN DE CUMPRIR COA NORMATIVA EN VIGOR. TODA A INFORMACIÓN SERÁ FACILITADA POLA DIRECCIÓN DO CURSO. O CURSO DARÁ COMEZO EN RIVEIRA DO 8 Ó 28 DE XULLO A PARTE PRESENCIAL. FIN DO CURSO MAIO 2020 (UNHA VEZ APROBADO O BLOQUE DE PRÁCTICAS).
Documentación a presentar:
- FOLLA DE ACTIVIDADES NACIONAIS TOTALMENTE CUBERTA E ASINADA (WEB FGT)
- FORMULARIO DE INSCRICIÓN WEB – EN LIÑA
- COPIA COMPULSADA DO DNI (POR DUPLICADO)
- COPIA COMPULSADA POLA C. DE EDUCACIÓN DA TITULACIÓN ACADÉMICA QUE DÁ ACCESO. (POR DUPLIADO)
- COPIA COMPULSADA DO CERTIFICADO DE TER APROBADO O BLOQUE COMÚN (POR DUPLICADO)
- COPIA DO CARNE OU DIPLOMA DO CINTO NEGRO
- AUTORIZACIÓN PATERNA PARA OS MENORES DE 18 ANOS
- LIQUIDACIÓN E XUSTIFICANTE DE PAGO DA CUOTA
NOTA IMPORTANTE: OS DEPORTISTAS QUE SE MATRICULEN NESTE BLOQUE ESPECÍFICO DEBERÁN PRESENTAR CERTIFICACIÓN DE TER APROBADO O BLOQUE COMÚN E REMITIR TAMÉN A ESTA FGT, ANTES DO 30/11/2019, O CERTIFICADO DE TER CURSADAS AS PRÁCTICAS CUN ADESTRADOR NACIONAL COLEXIADO.
Enlaces de interés para ampliar información sobre o novo plan formativo:
https://www.csd.gob.es/es/csd/ensenanzas
A Coruña, 30 de MAIO de 2019
O SECRETARIO XERAL
Juan Carlos Caínzos Gómez
————————————————————————————————————————–
INSCRICIÓN CURSOS DE TITULACIÓN ANO 2019
POR FAVOR, CUBRIR O FORMULARIO WEB NO SEGUINTE ENLACE (ADEMÁIS DE REMITIR A DOC. SOLICITADA ANTERIORMENTE):
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfw7_0BbCKbyKtpqXeF66kxs7R_4sQveC0i2WaFcOkOpgtkXg/viewform
PINCHAR ENLACE OU COPIAR E PEGAR NA BARRA DE DIRECCIÓN DO NAVEGADOR
DATA LÍMITE DE ENVÍO – 20 XUÑO 2019
Nº cta. Bancaria – ABANCA – IBAN ES89-2080-5219-1030-4000-2888
A FGT PODE ANULAR O CURSO NA SÚA TOTALIDADE OU DALGÚN DOS NIVÉIS OU DISCIPLINAS ANTE A FALTA DE INSCRICIÓNS.