COPA DE GALICIA COMBINADA
XOVES 30/07/2020 ás 13:00 h. ESP: FIN DE PRAZO VIDEOS SEMIFINAL
VENRES 31/07/2020: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE INSCRITOS
SÁBADO e DOMINGO 1-2/08/2020: ARBITRAXE DA SEMIFINAL
LUNS 03/08/2020: PUBLICACIÓN CLASIFICADOS E EXERCICIOS DA FINAL
XOVES 13/08/2020 ás 13:00 h. ESP: FIN DE PRAZO VIDEOS FINAL
SÁBADO e DOMINGO 15-16/08/2020: ARBITRAXE DA FINAL
LUNS 17/08/2020: PUBLICACIÓN GANADORES DA COPA DE GALICIA
INSCRICIÓN: As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT. Os vídeos deberán aloxarse separados por comas (,) no cadrado en branco habilitado ao lado do nome do deportista. Cada exercicio será un vídeo polo que, dependendo da categoría, os deportistas deberán ser inscritos con 3 ou 4 vídeo. (EN BREVE FIGURARA A INSCRICIÓN ABERTA)
ALTA CLUBS EXTERNOS (si ya dispones de una cuenta debes usarla y no crear una nueva. Si no recuerdas la contraseña, usa la opción de recuperar contraseña. Gracias): Los clubes externos a la FGT deberán seguir el siguiente procedimiento :
(enlace: https://panel.taekwondogalego.es/acceso/ )
- Cubrir el formulario alta club. https://www.taekwondogalego.es/alta-club-externo/
- Identificarse en la plataforma con los datos de alta.
- Añadir nuevos deportistas (AFILIADOS), – EN AFILIADOS SE DEBEN REGISTRAR TAMBIÉN ENTRENADORES / ÁRBITROS / ACOMPAÑANTES PARA POSTERIORMENTE PODER REGISTRARLOS EN LA COMPETICIÓN.
- Una vez creado el PERFIL DE AFILIADOS, dentro de cada uno de ellos debemos introducir su historial del deportista, grados y otros títulos. Al final del perfil pueden (recomendamos) alojar copia del DNI escaneada, copia de la licencia, grado y otros documentos de interés (novo ficheito + flecha). Imprescindible subir foto para generar acreditación.
- Inscribir en la competición correspondiente (el organizador comprobará los datos registrados con la documentación aportada por el entrenador/deportista).
- PARA ACLARAR CUALQUIER DUDA SOBRE LA INSCRIPCIÓN REMITIR LAS DUDAS VÍA E-MAIL A LA FGT administracion@taekwondogalego.comfacilitando persona de contacto, nº de teléfono y club al que pertenece.
Os competidores deberán estar en posesión da licencia federativa en vigor.
CATEGORÍAS:
GRUPO 1: PREBENXAMÍN Nad@s no 2014/2015/2016
GRUPO 1: BENXAMÍN Nad@s no 2012/2013
GRUPO 2: ALEVÍN Nad@s no 2010/2011
GRUPO 2: INFANTIL Nad@s no 2008/2009
GRUPO 3: CADETE Nad@s no 2006/2007
GRUPO 3: XÚNIOR Nad@s no 2003/2004/2005
GRUPO 3: SENIOR Nad@s no 2002 ou antes
Sen límite de participación por categorías (acordo de Asemblea ano 2020).
GRADO MÍNIMO:
Para todas as categorías o grao mínimo e o branco, tanto para a categoría masculina como feminina.
MOI IMPORTANTE: Nas categorías Prebenxamín e Benxamín non haberá separación por pesos. Nas categorías Alevín, Infantil, Cadete, Xúnior e Sénior, si se deberá facer a inscrición en base o peso aproximado d@ deportista.
PESOS – por favor, tede en conta os kg desta táboa para seleccionar o peso na inscrición web:
ALEVÍN E INFANTIL | CADETE | XUNIOR | SENIOR | ||||
Masculino e feminino | Masculino | Feminino | Masculino | Feminino | Masculino | Feminino | |
Minimosca | -27 kgs | -33 kgs | -29 kgs | -45 kgs | -42 kgs | -54 kgs | -46 kgs |
Mosca | -30 kgs | -37 kgs | -33 kgs | -48 kgs | -44 kgs | -58 kgs | -49 kgs |
Galo | -33 kgs | -41 kgs | -37 kgs | -51 kgs | -46 kgs | -63 kgs | -53 kgs |
Pluma | -36 kgs | -45 kgs | -41 kgs | -55 kgs | -49 kgs | -68 kgs | -57 kgs |
Lixeiro | -40 kgs | -49 kgs | -44 kgs | -59 kgs | -52 kgs | -74 kgs | -62 kgs |
Superlixeiro | -44 kgs | -53 kgs | -47 kgs | -63 kgs | -55 kgs | -80 kgs | -67 kgs |
Semimedio | -48 kgs | -57 kgs | -51 kgs | -68 kgs | -59 kgs | ||
Medio | -52 kgs | -61 kgs | -55 kgs | -73 kgs | -63 kgs | -87 kgs | -73 kgs |
Semipesado | -57 kgs | -65 kgs | -59 kgs | -78 kgs | -68 kgs | ||
Pesado | +57 kgs | +65 kgs | +59 kgs | +78 kgs | +68 kgs | +87 kgs | +73 kgs |
O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.
Ante a imposibilidade de dar medallas físicas, enviarase por mail aos clubes dos deportistas gañadores un diploma que lle poderán reenviar aos competidores para que o impriman na casa se queren. Ademais, enviarase tamén un diploma participativo a todos os deportistas que participen no evento.
EXERCICIOS SEMIFINAL:
MOI IMPORTANTE – LER BEN: ACCESO A TUTORIAIS: PODESDES DESCARGAR UN COMPRIMIDO CON TODOS ELES NA ESQUINA SUPERIOR DEREITA DO NAVEGADOR OU VISUALIZAR NA WEB.
https://mega.nz/folder/YVZB1CgR#7qo3d2wWW5QR_T4vDca59A
- Os deportistas das categorías prebenxamín e benxamín realizarán 3 exercicios.
- O resto de deportistas realizará 4 exercicios.
OS VIDEOS FACILITARANSE A TRAVÉS DO PROPIO SISTEMA DE INSCRIPCIÓN NA SEGUINTE ORDE E DENTRO DO CAMPO “URL” QUE FIGURA EN CADA INSCRITO. É DICIR, DO SEGUINTE XEITO (COPIAR URLS DOS VIDEOS SEPARADAS CON “COMAS”):
URL_EXERCICIO_1, URL_EXERCICIO_2, URL_EXERCICIO_3, URL_EXERCICIO_4
AS URL QUE APUNTAN Ó VIDEO SUBIDO EN YOUTUBE (VER TUTORIAL NO ENLACE DE VIDEOS) SEPARADAS POR UNHA “COMA”.
ESTA CAMPO GÁRDASE DE XEITO AUTOMÁTICO Ó SAIR DO NAVEGADOR, EN TODO CASO, RECOMENDAMOS SAIR DO MODO EDICIÓN DO CAMPO POR EXEMPLO COA TECLA “TAB” OU FACENDO CLICK FÓRA DO CAMPO PARA GARANTIR QUE QUEDE TODO CORRECTAMENTE GARDADO. PENSADE QUE O QUE SE EXPORTE, SERÁ EXACTAMENTE O QUE VÓS GARDEDES, A FGT NON MODIFICA ESTES DATOS.
EXERCICIO 1:
Todas as técnicas deberan iniciarse coa perna atrasada e soamente faranse con unha perna
GRUPO 1. Máximo 10 puntos
- Ap chagui ao fronte, Tuit chagui atrás coa mesma perna sen tocar o chan.
- Nacko Chagui Dollio Chagui ao fronte sen tocar o chan.
- 0-2 puntos por patada:
+1 punto por cada patada realizada.
0-1 punto por execución técnica. Na execución técnica teremos en conta a altura da patada, percorrido, colocación, foco e todos os aspectos técnicos.
- 0-2 puntos por presentación: Os árbitros outorgarán de 0 a 2 puntos por presentación. (Forza, expresividade….)
GRUPO 2: Máximo 20 puntos.
- Dollyo Dollyo Chagui ao fronte, Yop Chagui ao lado e Tuit Chagui atrás. (Se é posible sen tocar o chan)
- Ap Chagui medio, Ap Chagui alto, Nacko Chagui e Dollyo Chagui ao fronte
- 0-2 puntos por patada:
+1 punto por cada patada realizada.
0-1 punto por execución técnica. Na execución técnica teremos en conta a altura da patada, percorrido, colocación, foco e todos os aspectos técnicos.
- + 2 puntos: Aqueles deportistas que realicen o exercicio sen tocar o chan.
- 0-2 puntos por presentación: Os árbitros outorgarán de 0 a 2 puntos por presentación. (Forza, expresividade….)
GRUPO 3: Máximo 22 puntos
- Ap chagui, Dollyo Chagui ao fronte, o lado Yop Chagui Medio e Yop Chagui Alto e Tuit Chagui atrás sen tocar o chan.
- Yop Chagui diagonal esquerda, yop chagui diagonal dereita ó medio yop chagui ó fronte alto e nacko dollyo todo coa mesma perna sen tocar o chan.
- 0-2 puntos por patada:
+1 punto por cada patada realizada.
0-1 punto por execución técnica. Na execución técnica teremos en conta a altura da patada, percorrido, colocación, foco e todos os aspectos técnicos.
- 0-2 puntos por presentación: Os árbitros outorgarán de 0 a 2 puntos por presentación. (Forza, expresividade….)
EXERCICIO 2:
GRUPO 1: KICHO OU POOMSAE
Cada competidor realizará un Kicho ou Poomsae de libre elección.
GRUPO 2 e 3: POOMSAE LIBRE ELECCIÓN.
Cada competidor realizará un Poomsae de libre elección que estará condicionado polo seu grado de cinturón segundo o regulamento RFET soamente tendo en conta o poomsae mínimo pero non o máximo.
Exemplo: un Cinturón vermello por regulamento RFET pode realizar do 4º ao Koryo pero na Copa de Galicia Combinada poderá facer do 4º ao Hansu.
Para valorar este 4º exercicio arbitrarase según regulamento oficial.
EXERCICIO 3:
GRUPO 1:
Colocamos referencia a altura do cinturón ou abdome.
Durante 20 segundos, ANDARI (AN FURIO CHAGUI) coas dúas pernas de forma alterna, pasando por enriba da referencia.
Serán validas todas as accións que pasen por enriba da altura establecida coa perna estirada ou cunha leve flexión.
GRUPO 2:
Colocamos referencia a altura do peito.
Durante 30 segundos, ANDARI-BAKATARI (AN FURIO CHAGUI-BAKAT FURIO CHAGUI) apoiando en cada acción dun lado e outro coas dúas pernas de forma alterna, pasando por enriba da referencia.
Serán válidas todas as combinacións que pasen por enriba da altura establecida coa perna estirada ou cunha leve flexión e apoie no chan cada acción.
GRUPO 3:
Precisaremos unha liña no chan e colocamos algo para golpear (mit, manopla, pao ou outros obxectos similares se non se dispón de material propio de TKD).
Durante 30 segundos, colocados detrás da liña, comezamos con dobre DOLYO CHAGUI coa perna traseira a altura do ombro mínimo e según apoiamos golpe de PUÑO a altura do peito co brazo contrario. Dende esa posición retrocederase detrás da liña para continuar coa perna contraria de forma alterna.
Serán válidas todas as combinacións que partindo coa perna traseira, golpee co empeine, flexionando a perna e a altura establecida, e o puño teña unha traxectoria recta e un grao de extensión do brazo superior a 90 graos.
EXERCICIO 4:
GRUPO 2:
Precisaremos unha liña no chan e colocamos algo para golpear (mit, manopla, pao ou outros obxectos similares se non se dispón de material propio de TKD).
Durante 30 segundos, colocados detrás da liña, comezamos con BANDAL CHAGUI coa perna traseira a altura da cintura e según apoiamos golpe de PUÑO a altura do peito co brazo contrario. Dende esa posición retrocederase detrás da liña para continuar coa perna contraria de forma alterna.
Serán válidas todas as combinacións que partindo coa perna traseira, golpee co empeine, flexionando a perna e a altura establecida, e o puño teña unha traxectoria recta e un grao de extensión do brazo superior a 90 graos.
GRUPO 3:
Precisaremos unha liña no chan e colocamos algo para golpear (mit, manopla, pao ou outros obxectos similares se non se dispón de material propio de TKD).
Durante 30 segundos, colocados detrás da liña, comezamos con YOP CHAGUI coa perna dianteira a altura do abdome e según golpeamos, con ou sen apoio no chan, xiramos para facer MONDOLYO TUIT/YOP CHAGUI coa perna contraria, tamén a altura do abdome. Dende esa posición retrocederase detrás da liña para continuar coa perna contraria de forma alterna.
Serán válidas todas as combinacións que partindo coa perna dianteira, golpee en posición lateral coa planta do pe, flexionando a perna e a altura establecida, e o xiro golpee tamén coa planta do pe, pero coa perna contraria, a altura establecida e cunha extensión superior a 90 graos.
A Coruña, 06/07/2020.